Montes de Vigo acolleu unha actividade de educación ambiental realizada polo CPR El Castro na Comunidade de Montes de Saiáns, enmarcada na colaboración deste centro con Voz Natura.
Os 50 alumnos e alumnas participantes visitaron o arboreto "Piñeiros do Mundo", participaron na moenda de millo no muíño rehabilitado de Saiáns e, finalmente, realizaron unha plantación de 100 árbores autóctonos. En verbas das profesoras acompañantes, "unha experiencia inolvidable que cómpre repetir todos os anos"