Montes de Vigo únese á Iniciativa Lexislativa Popular para a elaboración dunha Lei de Montes Veciñais

 A Mancomunidade de Montes de Vigo únese á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACMVMC) para elaborar unha Lei de Montes Veciñais na que se recolla o particular carácter destes montes (ver máis AQUI). 

Representantes de Montes de Vigo na Asemblea da ORGACMVMC de Guitiriz onde se aprobou a ILP

O obxectivo é recoller 10.000 sinaturas para que a proposta de lei sexa debatida no  Parlamento Galego. Para tal fin as 14 Comunidades de Montes de Vigo inician o proceso de recollida de sinaturas no formulario oficial previsto para tal efecto, onde poderan asinar todas as persoas con dereito a voto en Galicia.

O texto da Iniciativa Lexislativa Popular pódese ler AQUI, sendo os aspectos máis salientables os seguintes:

- Reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a

- Recoñecer o monte veciñal como unha titularidade distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas.

- Lograr un monte veciñal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.

- Considerar como aproveitamentos e usos dos montes veciñais todos os que neles se dan.

- Acadar unha fiscalidade xusta atendendo á figura e ás funcións dos montes veciñais, non considerándoos como meras empresas mercantís.

- Declarar os montes veciñais como figura de protección medioambiental e cultural en si mesmo.

Nombre

Actualidade,165,Destacado,107,eventos,24,
ltr
item
Montes de Vigo: Montes de Vigo únese á Iniciativa Lexislativa Popular para a elaboración dunha Lei de Montes Veciñais
Montes de Vigo únese á Iniciativa Lexislativa Popular para a elaboración dunha Lei de Montes Veciñais
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEgEuQcMryRjrGj2XmrXz-xrotgZ94GvXuqV8DfYCxvptTxLRZIsfxgEozmG51oILCRPgdDsl6RHXt7jmql4hNb4LHOrFUNExn3xcAzhVA9sYERrO85mP85eQ0wfp1hfGMU9ybsJG6AHieuihpFWz8CUV_ZYlvfz9tfOmzlaH6K7yekxk8G4jovWeWRcnw=w640-h480
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEgEuQcMryRjrGj2XmrXz-xrotgZ94GvXuqV8DfYCxvptTxLRZIsfxgEozmG51oILCRPgdDsl6RHXt7jmql4hNb4LHOrFUNExn3xcAzhVA9sYERrO85mP85eQ0wfp1hfGMU9ybsJG6AHieuihpFWz8CUV_ZYlvfz9tfOmzlaH6K7yekxk8G4jovWeWRcnw=s72-w640-c-h480
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2022/03/iniciativa-lexislativa-popular-lei-montes-vecinais.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2022/03/iniciativa-lexislativa-popular-lei-montes-vecinais.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar