Un dos servizos ecosistémicos dos montes é a captación de dióxido de carbono e cada vez máis esta función está a ser unha alternativa máis na xestión das Comunidades de Montes (ver artigo no Faro de Vigo do 27/3/22).
No caso concreto dos Montes de Vigo temos como exemplo o caso de Zamáns: acaba de conveniar con Inditex unha parte da rexeneración que está realizando nos montes queimados en 2017 cunha comercialización entre 10000 e 15000 toneladas de aire limpo. Os ingresos obtidos permiten abordar novos proxectos de reforestación e coidado dos montes, cun compromiso por 30 anos. Máis información no Faro de Vigo do 28/3/22).
Outras comunidades de montes de Vigo que sufriron os lumes en 2017 como Valladares, Coruxo, Matamá e Comesaña, tamén están traballando nesta liña de acción.