MONTES DE VIGO FAI PROPOSTAS DE CARA A LEI DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE GALICIA

 A Xunta Executiva da Mancomunidade de Montes de Vigo celebrada o pasado 19 de maio aprobou unha serie de propostas de cara a reforma da Lei 13/1989 de Montes Veciñais en Man Común de Galicia, que se recollen no seguinte DOCUMENTO

Tamén se pode ver a entrevista realizada por Somos Agro da Voz de Galicia (ver AQUI)


A modo de resumo, reflíctese de seguido a proposta a incorporar na exposición de motivos realizada:

Recalcar a particular función social dos montes veciñais en man común periurbanos nos que unha parte da súa superficie ten un uso social exclusivo (parques forestais, miradoiros, áreas de ocio, etc) e outra boa parte están condicionada pola actividade da cidadanía en circulación (sendeiros, pistas forestais, áreas etnoarqueolóxicas, etc), o cal mesmo repercute no tipo de plantacións se van a realizar. Esta realidade viuse incrementada de xeito destacado dende a paulatina saída da pandemia.

Relacionada coa importante presenza de persoas non comuneiras nos montes veciñais en man común, e particularmente, nos montes periurbanos, xorde unha importante problemática relacionada coas responsabilidades civís e, mesmo, penais, derivadas de calquera accidente no monte e no que a gran maioría dos casos as comunidades de montes veciñais non teñen nada que ver nin por acción nin por omisión, pero sendo condenadas con frecuencia subsidiariamente. Este feito está a supor un gran desincentivo para que as comunidades de montes se impliquen e potencien o uso social do monte, mesmo ao punto de limitar ou renunciar a el nos seus plans de ordenación. Cómpre, polo tanto, buscar fórmulas administrativas que saquen ou reduzan esta responsabilidade da esfera das comunidades de montes veciñais en man común, camiñando así cara a unha verdadeira política de promoción do uso social recollida na Lei de Montes de Galicia.

En liña co anterior, as comunidades de montes veciñais en man común que se atopan preto de núcleos con densa poboación vense sometidas a usos indebidos dos seus terreos. A modo de exemplo pódense citar a circulación de vehículos con motor non autorizados ou a descarga de restos de obras. Estas situacións provocan problemas de orde público por enfrentamentos entre comuneiros e condutores dos vehículos non autorizados dada a reducida actuación das forzas de orde público competente. Tamén provocan problemas medioambientais por vertedoiros ilegais nos que moitas veces as propias comunidades de montes unha vez denunciado o feito son elas mesmas sancionadas e obrigadas a asumir os custes de recoller o escombro, particularmente custoso no caso de existir restos de uralitas con amianto.


Nombre

Actualidade,154,Destacado,96,eventos,14,
ltr
item
Montes de Vigo: MONTES DE VIGO FAI PROPOSTAS DE CARA A LEI DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE GALICIA
MONTES DE VIGO FAI PROPOSTAS DE CARA A LEI DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE GALICIA
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhijtzQKeQrTDGXXyk1KUISWjsRd64NCY3ZwUyRfTKJvcwR9CZW1QNLWbAim33_9bw8rX1N6W346U9Ijj0F02G1xAA1tOahGHIYmkZEk3spLxK04cKjIJaMrW7V6Ouq8wFCfFYhUEkg1u9mjTEhLc50ChFmxNM7_CWLhYaBWB2w8mO-ITJurhfKUWYMgg/w640-h426/Beade_festa_monte_19-32.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhijtzQKeQrTDGXXyk1KUISWjsRd64NCY3ZwUyRfTKJvcwR9CZW1QNLWbAim33_9bw8rX1N6W346U9Ijj0F02G1xAA1tOahGHIYmkZEk3spLxK04cKjIJaMrW7V6Ouq8wFCfFYhUEkg1u9mjTEhLc50ChFmxNM7_CWLhYaBWB2w8mO-ITJurhfKUWYMgg/s72-w640-c-h426/Beade_festa_monte_19-32.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2022/05/propostas-lei-montes-vecinais.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2022/05/propostas-lei-montes-vecinais.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar