O Obradoiro forestal nos Montes de Vigo finaliza a súa singladura despois de 9 meses de realizar un intenso programa de formación e de traballos en sete comunidades de montes de Vigo. Trátase dun obradoiro dual financiado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e executado pola Mancomunidade de Montes de Vigo.
Durante este tempo 11 alumnos, 3 mulleres e 8 homes, lograron superar o Certificado de profesionalidade de Peón forestal, que lles habilita para o desempeño neste sector cunha demanda crecente de profesionais.
Asemade, durante o período de actividade realizaron prácticas e obra que contribuíron ao mantemento das citadas comunidades de montes, así como para coller experiencia tanto en competencias existentes como en novas competencias. O resultado foi moi satisfactorio para os/as participantes, así como para as entidades implicadas.
O acto de clausura tivo lugar no Monte Alba coa presenza da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, así como por representantes das comunidades de montes co Vicepresidente de Montes de Vigo, Gregorio Álvarez á cabeza.
Durante o acto houbo tempo para intercambiar pareceres co alumnado e para chegar todos ao acordo que hai moito traballo que facer no monte e que ese traballo compre planificacalo para desenvolver ao longo de todo o ano.