Este martes 14 de febreiro o alumnado do II Obradoiro Forestal nos Montes de Vigo realizou unha plantación na Comunidade de Montes de Comesaña, na que participou a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, e na que estiveron presentes o Presidente desta comunidade e representantes da Mancomunidade de Montes de Vigo
Durante a visita tívose ocasión de repasar a evolución do Obradoiro Dual que leva en funcionamiento dende mediados de setembro de 2022 e no que participan 10 alumnos e alumnas. A estas alturas xa se impartiu un dos certificados previstos e o alumnado está traballando nas labouras de mantemento das 10 comunidades de montes implicadas no proxecto, tocando nesta época reforestación, rareos, eliminación de invasoras, etc.