A mañá deste mércores acolleu unha nova plantación do CEIP Párroco Don Camilo na Comunidade de Montes de San Andrés de Comesaña.
Os protagonistas foron os 60 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Párroco Don Camilo, que da man dos comuneiros de Comesaña plantaron frondosas nunha parcela da Comunidade de Montes. Ademáis a plantación foi acompañada por explicacións relacionadas co funcionamento da comunidade e a importancia de contar con montes repoboados despois dos incendios, tal como aconteceu en 2017.