Aqueles/as interesados/as en participar no VIIIª Día dos montes de Vigo organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración con Montes de Vigo, pódense inscribir ata o 12 de maio ao mediodía no 010 (986 81 02 60 dende móbil). Agradecemos facer a inscrición o antes posible por motivos organizativos.
O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Haberá ocasión de achegarse a algúns lugares singulares e contemplar unhas panorámicas únicas da cidade de Vigo.
A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público infantil. A modo de resume recóllese no cartaz do evento:
O detalle da programación e a dinámica do evento pódese consultar na web de Camiño a Camiño, premendo AQUI