MONTES DE VIGO SOLICITA ESTABLECER UN CONVENIO MARCO PARA TODOS OS PARQUES FORESTAIS DE VIGO

 Entre as demandas que a Mancomunidade de Montes de Vigo lle fai ás formacións políticas para a vindeira lexislatura atópase abordar con carácter urxente a atención dos parques forestais de Vigo, diante do manifesto abandono que presentan e da expiración dos convenios para o uso dos mesmos que teñen suscrito as Comunidades de Montes co Concello de Vigo. 

Para poder abordar correctamente a xestión dos parques forestais por parte do Concello de Vigo e facer unha planificación dos investimentos nestas instalacións coherente, é preciso establecer un novo conenio-marco único para todas, no que se actualicen e homoxenicen os termos duns acordos que levan vixentes máis de 25 anos e que recollan as necesidades propias dos tempos que corren, con miles de cidadáns e cidadás empregando os servizos dos parques a diario e cunha carencia de servizos evidente.

Polo citado, a Mancomunidade de Montes de Vigo, tras o mandato recibido da Asemblea do 8 de maio, solicita da nova corporación resultante das eleccións do 28 de maio de 2023 que aborde de xeito urxente este tema, pondo en modo espera calquera renovación de convenios solicitado ás Comunidades de Montes por parte do Concello de Vigo tal e como se ten constatado despois de haber iniciado a Campaña de comunicación sobre o estado dos parques forestais o pasado 11 de maio.

Nombre

Actualidade,140,Destacado,82,eventos,5,
ltr
item
Montes de Vigo: MONTES DE VIGO SOLICITA ESTABLECER UN CONVENIO MARCO PARA TODOS OS PARQUES FORESTAIS DE VIGO
MONTES DE VIGO SOLICITA ESTABLECER UN CONVENIO MARCO PARA TODOS OS PARQUES FORESTAIS DE VIGO
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJRVS2QV1ms2ev6wkKZ7htAe6_jRdytjB6W2qG5gIV-UFdtsno6H6aiUY_YIqSm-HGzjmHvn_7wWw-bmWiCM-X-yzL8WBgp7zx4_nPjqzPa25dN1m45yM6lyfUReX6w50mFL0IQ588O25sYQivKwBp7Z8YklU7euO6gWAGzMFPw6ZNGAubGdj_YQ249w/w640-h426/2023-04-19%20Traballos%20en%20Comesa%C3%B1a-122.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJRVS2QV1ms2ev6wkKZ7htAe6_jRdytjB6W2qG5gIV-UFdtsno6H6aiUY_YIqSm-HGzjmHvn_7wWw-bmWiCM-X-yzL8WBgp7zx4_nPjqzPa25dN1m45yM6lyfUReX6w50mFL0IQ588O25sYQivKwBp7Z8YklU7euO6gWAGzMFPw6ZNGAubGdj_YQ249w/s72-w640-c-h426/2023-04-19%20Traballos%20en%20Comesa%C3%B1a-122.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2023/05/blog-post.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2023/05/blog-post.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar