OS MONTES DE VIGO QUEREN CONTRIBUIR A FACER CIDADE PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS

 A Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo celebrada o luns 8 de maio de 2023 aprobou por unanimidade o documento "Demandas ás formacións políticas diante da vindeira convocatoria de eleccións municipais do 28 de maio" (PREMER AQUI) no que se recollen 4 puntos estratéxicos que se consideran prioritarios na xestión municipal de cara aos vindeiros 4 anos . 

Asistentes á Asemblea de Montes de Vigo do 8 de maio de 2023

As catro prioridades que o movemento comunal de Vigo establece para o vindeiro mandato municipal son:

1. Axilizar e reforzar as accións de prevención de incendios, vistos os nulos avances nesta liña no último mandato municipal. 

    a) Crear o Anel Verde o máis axiña posible, como corta lumes próximo as casas ademais de converterse nunha infraestrutura deportiva e de lecer para toda a cidadanía en liña co que en Europa é unha realidade dende hai ben anos. 

   b) Reforzar as cuadrillas de limpeza e conservación do monte periurbano que actualmente están financiadas polo Plan de Emprego Local. 

2. Abordar con carácter urxente a atención dos Parques Forestais segundo o convenio existente e o establecido nos pregos da contrata correspondente.  

3. Implantar un programa permanente de educación e dinamización nos Montes de Vigo, centrándose no coñecemento do monte por parte da cidadanía e particularmente dos escolares. 

4. Buscar unha solución permanente a actuacións non respectuosas co medio ambiente: depósito de restos de obras e outros obxectos nos Montes de Vigo e circulación indebida de vehículos de motor

A valoración económica das propostas realizadas recóllense no cadro que se achega e claramente teñen unha vocación de uso social do monte periurbano, no que o caso de Vigo é un referente en Galicia e o estado español segundo recoñecen os estudos da Universidade de Vigo e que teñen sido publicados en diversos foros europeos.


Montes de Vigo ponse a disposición das formacións políticas que se presenten as eleccións municipais para dar a coñecer con detalle as citadas propostas e, se o teñen a ben, incorporen as mesmas na súa oferta electoral co obxecto de mellorar a calidade de vida dos vigueses e viguesas, así como incorporase plenamente nas recomendacións que a Unión Europea e as Nacións Unidas fan de crear "bosques urbanos".

Nombre

Actualidade,154,Destacado,96,eventos,14,
ltr
item
Montes de Vigo: OS MONTES DE VIGO QUEREN CONTRIBUIR A FACER CIDADE PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS
OS MONTES DE VIGO QUEREN CONTRIBUIR A FACER CIDADE PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5qkMab0sdJB8Xb6EmNGCFnRm2C1f_oa5yDlW3ZvuxAYrV_oa1xPCZ6OvoRXTLnkkiRr_pybG_U8oXCcGjqQhXKJmgGVhQZhq1yZxn2U-TEuZ2xtDrcIm7bv7BDNcqtZib5cyIdtIpN_K0rlIwDUIwghHHAGPQNdVVBC2NQ1NUodhjmlw7NUK-u006jg/w640-h480/2023-05-08%20Asemblea%20Montes%20de%20Vigo.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5qkMab0sdJB8Xb6EmNGCFnRm2C1f_oa5yDlW3ZvuxAYrV_oa1xPCZ6OvoRXTLnkkiRr_pybG_U8oXCcGjqQhXKJmgGVhQZhq1yZxn2U-TEuZ2xtDrcIm7bv7BDNcqtZib5cyIdtIpN_K0rlIwDUIwghHHAGPQNdVVBC2NQ1NUodhjmlw7NUK-u006jg/s72-w640-c-h480/2023-05-08%20Asemblea%20Montes%20de%20Vigo.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2023/05/montes-de-vigo-proxecto-de-cidade.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2023/05/montes-de-vigo-proxecto-de-cidade.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar