RECLAMACIÓN UNÁNIME DA ASEMBLEA DE MONTES DE VIGO DO ACONDICIONAMENTO DOS PARQUES FORESTAIS

 A Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo celebrada este luns 8 de maio de 2023 aprobou por unanimidade o "Informe sobre o estado de conservación e mantemento dos parques forestais cedidos por parte das comunidades de montes de Vigo ao Concello de Vigo" en virtude da cal insta ao Alcalde de Vigo que tome cartas no asunto do abandono manifesto dos citados parques que conleva unha desatención prolongada das necesidades de miles de cidadánas e cidadás usuarios todas fins de semana dos mesmos.


O texto aprobado é o seguinte:

"A Mancomunidade de Montes de Vigo e as 14 comunidades de montes que a conforman teñen marcado como liña estratéxica prioritaria o “uso social do monte” dada a súa condición de monte periurbano no que contan co 17% das superficie do termo municipal, no que o 57% da superficie se adica a un uso social, e no que existen 17 parques e áreas recreativas así como 128 km de sendeiros locais e diversos miradoiros e áreas etnoarqueolóxicas.

Nesta liña, dende hai máis de 25 anos tense conveniado co Concello de Vigo o mantemento da maioría dos parques forestais da cidade na medida en que son os cidadáns de Vigo os beneficiarios dos mesmos, facendo así unha rede de espazos de lecer e convivencia no que se garante uns servizos básicos como mesas e asadorios, así como unhas condicións de mantemento e limpeza propios dunha cidade moderna.

Nos últimos anos dende a Mancomunidade de Montes de Vigo tense denunciado un importante abandono dos citados parques abandonados, así como a falla de actualización dos convenios existentes ás novas demandas sociais e a incorporación de novos parques forestais como o do Maruxento de Matamá.

Nesta liña, en agosto de 2022 mantívose unha xuntanza con técnicos da Concellería de Parques e Xardíns así como coa concesionaria que ten a encomenda de realizar os citados traballos segundo os requirimentos dos pregos técnicos da derradeira licitación da contrata (ver cadro adxunto). Nela púxose en evidencia as carencias na prestación do servizo estipulado así como o deterioro das infraestruturas.

Nos 9 meses que pasaron dende a citada xuntanza non se logrou ningunha mellora significativa, o que levou a que a Asemblea da Mancomunidade solicitase a elaboración dun informe gráfico da situación dos parques forestais conveniados. Tal e como se comproba no informe realizado durante o mes de abril, período no que empezou a ser importante a afluencia aos parques forestais, a situación global é de completo abandono dos parques forestais e incumprimento dos pregos correspondentes. 

Tal circunstancia ocasiona unha desatención das necesidades da cidadanía viguesa e trasladan ás comunidades de montes unha continua reclamación por partes dos usuarios e usuarias dos parques forestais da que as comunidades de montes non son responsables.

Diante destas circunstancias, a Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo do 8 de maio de 2023, aproba por unanimidade a reclamación conxunta ao Concello de Vigo de que se cumpran os termos dos convenios vixentes e tomen as medidas oportunas para que nesta primavera e verán de 2023 haxa unha atención dos parques forestais como se merecen os cidadáns de Vigo".


INFORME COMPLETO presentado por rexistro con data 9 de maio de 2023: AQUI

Nombre

Actualidade,154,Destacado,96,eventos,14,
ltr
item
Montes de Vigo: RECLAMACIÓN UNÁNIME DA ASEMBLEA DE MONTES DE VIGO DO ACONDICIONAMENTO DOS PARQUES FORESTAIS
RECLAMACIÓN UNÁNIME DA ASEMBLEA DE MONTES DE VIGO DO ACONDICIONAMENTO DOS PARQUES FORESTAIS
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh0OdMxNJ6ph_Q_Df0dWhGN6_ExDOpuAoLrIuB0N8zNWi7NN0ODhmx6GUNUWhH7gZwdDmd3VsNHXsyO--6sEJdf8zIRdP2fTO26YAeSAnbA7EMj98yS6ctW__gRhrZlk9R4r57cXTOz5jRzwM27eKraJE9Nk-T6CDG3cZi3DqexP0VGmrppq50WHumLBw/w640-h546/Montes%20de%20Vigo%20-%20Informe%20Parques%20forestais%20def%20080523%20-%20RESUMO.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh0OdMxNJ6ph_Q_Df0dWhGN6_ExDOpuAoLrIuB0N8zNWi7NN0ODhmx6GUNUWhH7gZwdDmd3VsNHXsyO--6sEJdf8zIRdP2fTO26YAeSAnbA7EMj98yS6ctW__gRhrZlk9R4r57cXTOz5jRzwM27eKraJE9Nk-T6CDG3cZi3DqexP0VGmrppq50WHumLBw/s72-w640-c-h546/Montes%20de%20Vigo%20-%20Informe%20Parques%20forestais%20def%20080523%20-%20RESUMO.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2023/05/reclamacion-parques-forestais-montes-de-vigo.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2023/05/reclamacion-parques-forestais-montes-de-vigo.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar