A Mancomunidade de Montes de Vigo e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) asinaron esta mañá no Parque Forestal do Vixiador un convenio para impulsar o proxecto "Espacios libres de fume" nos montes de Vigo, de cara a facilitar hábitos de vida saudable e pór freo ao impacto do tabaco por medio da desnormalización dos hábitos de fumar en espazos de convivencia pública (ver NOTA PRENSA)
No acto participaron Adolfo Santos, xerente da Asociación Española Contra el Cáncer en Pontevedra, e Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo; Gregorio Álvarez, Vicepresidente da Mancomunidade e Presidente da Comunidade de Montes de Valladares; Enrique Novoa, secretario da Mancomunidad, y, o anfitrión do acto, Óscar Domínguez, presidente da Comunidade de Montes de Candeán.
O proxecto aglutina ás 13 comunidades de montes de Vigo: Beade, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Oia, Saiáns, Teis, Valladares e Zamáns, xunto coa Entidad Local Menor de Bembrive.
Esta iniciativa supón unha prohibición de fumar, sen sanción, nos Montes de Vigo. “Se trata de una medida de concienciación, que pretende que los visitantes que hagan uso del monte, adopten hábitos saludables en este espacio y se hagan conscientes de la necesidad de cuidar tanto el medio que utilizan como a las personas que se encuentran en él”, afirma Rebeca Castro, Técnica de prevención da AECC.
Con esta colaboración a AECC apoia e complementa a estrategia actual fronte ao tabaquismo ampliando a creación de ambientes libres da exposición ao fume e súmase ao traballo da Mancomunidade de Montes de Vigo bajo el lema “Polo uso social do monte”, que pretende consolidar os montes como un ben de uso sociocultural con parques forestais, miradores, sendeiros, un espazo de ocio saludable.
“Creemos que liberar os Montes de Vigo do fume do tabaco pode contribuir de diversas formas: evitar a contaminación por colillas, minimizar o risco de incendios, concienciar de que un ocio sen tabaco é posible e protexer a saúde de todos os que pasean por esos espazos, especialmente dos menores”, apunta Uxío González.