No Parque Forestal de Saiáns tivo lugar esta mañá de domingo a saída da Trail organizada por Asaltamontes Female Club (INSTAGRAM) exclusivamente dirixida a mulleres da comarca de Vigo, ao mesmo tempo que se organizaba noutras cidades de España.
Aroa Sío fixo de promotora dunha proba na que participaron 124 mulleres e percorreron unha distancia de 9 km polos montes de Saiáns e de Oia. Nun día moi agradable de temperatura as participantes gozaron de espazos de especial interese natural como a Fraga de Cal de Outeiro.
Ao final da proba sorteáronse diversos agasallos, entre eles 3 inscricións na VII Trail Montes de Vigo (22/10/23, máis info AQUI)