A presentación pública da VII Trail Montes de Vigo tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do Alcalde de Vigo, Abel Caballero; da deportista internacional de trail, Aroa Sío; do Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González; do Concelleiro de Deportes, Manel Fernández; e da Vicepresidenta de Asaltamontes Femile, Arancha Perez.
Tanto o Alcalde como o Presidente de Montes de Vigo coincidiron en resaltar o chamativo de que Vigo poidese acoller unha proba de montaña como a prevista, que pon de manifesto a infraestrutura verde que bordea toda a cidade e da que tantos e tantas deportistas se benefician.
Aroa Sío, que exerce de madriña da proba, lembrou que os seus inicios precisamente tiveron lugar nos montes de Vigo e, agora, dende o proxecto Asaltamontes Femile, pretende que sexan centos de mulleres da comarca de Vigo que practiquen o deporte de Trail. Precisamente marcase como reto que sexa a primeira proba a nivel de estado español na que a metade da incrición sexa feminina.
PROGRAMA DA VII TRAIL MONTES DE VIGO
Data de realización: domingo 22 de outubro, a partir das 9:00
Inscricións: PREMER AQUI
- Trail Longa: 20€ (ata 30 de setembro); 25€ (1-18 outubro)
- Trail Curta: 15€ (ata 30 de setembro); 20€ (1-18 outubro)
Percorrido: terá lugar polos montes de Coruxo, Oia, Saiáns e Chandebrito. En canto estea acondicionado o trazado publicarase o track en www.magmasports.es
Participación: Os/As participantes teñen que ter 18 anos (os corredores menores de idade so poderán participar na proba curta), podendo participar tanto federad@s como non federad@s, sendo o requisito mínimo ter un contacto mínimo con trail de montaña.
Categorías: Xeral individual masculina e feminina | Veteranas 40 ou máis | Veteranos 45 ou máis
Regulamento definitivo: PREMER AQUI
Patrocinadores: Concello de Vigo, Decathlon, Coca Cola, Vegalsa-Eroski e SixPro.
Máis información: no teléfono/whatsapp 608 046 047 ou en montesdevigo.servizos@gmail.com