A Mancomunidade de Montes de Vigo (en diante, Montes de Vigo) recibiu unha subvención da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade para a execución do obradoiro dual de emprego denominado "III Obradoiro forestal nos montes de Vigo" a celebrar durante o período novembro 2023 - novembro 2024.
Bases Reguladores do proceso de selección das persoas a contratar
En virtude da normativa que regula a citada subvención procede á publicación das Bases reguladoras do proceso de selección das persoas a contratar, que se atopan no seguinte ENLACE.
Selección de persoal: Oferta pública para alumnado-traballador e experto/a docente e Convocatoria pública para o resto de persoal
No proceso de selección hai dúas partes:
a) Selección de 10 alumnos/as-traballadores e 1 experto/a docente, que se realizará a través do procedemento de Oferta pública por medio da Oficina de Emprego de Vigo.
A Oficina de Emprgo activou a sondaxe para:
- Alumnado-traballador.
Data de proceso de selección: 30/10/23, 9:00. Rúa Estrada Xeral de Valladares - Pedregal nº 6 36314 Valladares-Vigo (Edificio da Asociación Veciñal e Cultural de Valladares, ao carón da Piscina Municipal de Valladares).
Documento de solicitude para Alumnado-Traballador: Anexo I (descargar en DOC ou PDF)
- Experto/a docente:
Data de proceso de selección: 27/10/23, 9:00. Rúa Estrada Xeral de Valladares - Pedregal nº 6 36314 Valladares-Vigo (Edificio da Asociación Veciñal e Cultural de Valladares, ao carón da Piscina Municipal de Valladares).
Documento de solicitude para Experto/a docente: Anexo II (descargar en DOC ou PDF)
b) Selección do resto do persoal do obradoiro dual (1 administrativo/a e 1 director/ra), que se realizará a través do procedemento de Convocatoria pública xestionada por Montes de Vigo (ver DOCUMENTO).
Segundo as bases reguladoras, a Convocatoria pública está aberta ata o mércores 25 de outubro de 2023, sendo preciso remitila por correo electrónico, xunto coa documentación, a obradoiro.montesdevigo@gmail.com
Para facilitar o proceso de cobertura da solicitude, póñense a disposición os anexos en formato pdf e doc:
- Administrativo/a (Anexo III): DOC e PDF
- Director/ra (Anexo IV): DOC e PDF
Calquera información relacionada coa convocatoria pódese solicitar no correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com ou no teléfono 608046047