ACTO 6º ANIVERSARIO DOS LUMES DE 2017 NOS MONTES DE ZAMÁNS E COMUNICADO

 Este domingo 15 de outubro tivo lugar o Acto de lembranza do 6º aniversario dos lumes de 2017 que arrasaron un terzo dos montes de Vigo nun só día e que puxo de manifesto a importancia que teñen os montes periurbanos como barreira natural a un incendio de 6º xeración no caso de que se teñan realizadas as labouras preventivas oportunas. 

Precisamente, seis anos despois da lacra vivida as 14 Comunidades de Montes agrupadas en Montes de Vigo queren chamar a atención que faltan avances claros nesta dirección e que necesariamente tense que implantar un dobre sistema de protección con áreas de defensa estratéxicas nas cimas dos montes e con faixas secundarias de protección nos entornos preto das parroquias. En verbas do Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo: "As Comunidades de Montes estamos facendo o noso traballo, de feito xa levamos máis de 10 km do anel feito cos nosos propios medios, pero sen a coordinación institucional entre Concello de Vigo e Xunta de Galicia, non é posible lograr unha verdadeira barreira de seguridade. Cada quen coa súa responsabilidade"

O acto de lembranza celebrouse no entorno do local que a Comunidade de Montes de Zamáns dispón e ata o que o lume chegou no 2017. Nel estivo presente a Teniente de Alcaldade de Vigo, Elena Espinosa, e o Director Xeral de Montes e de Planificación, José Luís Chan, o Presidente da Comunidade de Montes de Zamáns, Manuel Alonso, e o Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, así como representantes das comunidades de montes de Vigo.


Manuel Alonso fixo unha lembranza a toda a cidadanía que colaborou no 2017 na extinción dos lumes e, no seu caso, particularmente aos veciños e veciñas da parroquia de Zamáns que estiveron na primeira liña de defensa do monte e da parroquia e grazas aos cales os danos vividos, que superaron o 25% do monte de Zamáns, non chegou a afectar a ninguén.

Uxío González rememorou o vivido en 2017, que afectou ás Comunidades de Montes de Zamáns, Valladares, Coruxo, Comesaña e Matamá, chegando nalgúns casos a arder a totalidade da superficie das mesmas. A partir dese momento houbo que iniciar o proceso de rexeneración dos montes queimados e para ilo contouse co apoio da Xunta de Galicia. Asemade, todos os anos cóntase co Plan de Emprego Municipal para labouras de mantemento xeral en todas as Comunidades. Con este apoio, e cos recursos propios das Comunidades, lógrase avanzar pouco a pouco, pero tal e como se ten posto de manifesto en diversas xuntanzas, os esforzo de rexeneración e de prevención dos lumes supera as capacidades dunhas comunidades que, dado o seu caracter periurbano, o seu principal cometido non é fundamentalmente produtivo senón de caracter social. 

Ante esta situación, se se quere abordar seriamente a prevención da poboación de futuros grandes lumes -que os expertos insisten en que han de vir- cómpre abordar estratexias preventivas coordinadas por todas as partes implicadas: Xunta de Galicia e Concello de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo. Con motivo do 25 aniversario, púxose enriba da mesa a necesidade dun plan de investimentos que require un investimento de 25 millóns de euros entre as dúas administracións con competencias a 10 anos vista. Por un lado cómpre abordar a faixa de defensa estratéxica a crear nos límites cos montes de Nigrán, Gondomar, Mos e Redondela, que é competencia da Xunta de Galicia. Por outra banda, cómpre investir na faixa secundaria competencia do Concello de Vigo, así como duplicar a dotación para os equipos de prevención a través do Plan de Emprego e para o mantemento e a conservación das infraestructuras dos parques forestais, miradoiros, etc, do que se benefician cada fin de semana máis de 10.000 persoas.

Rematou a súa intervención lembrando o acto do pasado 11 de outubro, no que se quixo pór en valor o traballo das Comunidades de Montes polo ben común e que, curiosamente están sendo atacadas últimamente por un grupo minoritario de empresario que buscan beneficiarse da usurpación de terreos procedentes da dictadura. Este e outros temas como os servizos ecosistémicos que aportan os montes á cidadanía son motivos para que recoñeza o gran papel social destas.

Monte de Zamáns en proceso de rexeneración despois dos lumes de 2017

Elena Espinosa lembrou o compromiso do Concello de Vigo coa prevención dos lumes nos montes, tal e como lles compete a través do Plan de Emprego Municipal, e asumiu o reto de abordar os necesarios investimentos nos montes en beneficio da cidadanía que todos os días se beneficia deles a través das Concellerías de Emprego, Medio Ambiente e Parques e Xardíns. Estivo de acordo na necesaria coordinación institucional para abodar retos que superan as Comunidades de Montes, como é abordar as máis de 20.000 parcelas das que non hai datos de propietarios e que en gran parte son un risco potencial polo seu abandono.

Para rematar, José Luís Chan tamén fixo memoria dos graves lumes vividos en 2017 e como a Xunta de Galicia na maior brevidade posible puxo a disposición unha partida de 1,4 millóns de euros para realizar, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, o proceso de rexeneración dos montes queimados en Valladares, Coruxo, Comesaña e Zamáns. Tamén está contribuíndo vía outras liñas de axudas a tentar crear as condicións para que os montes sexan o máis resilentes posibles, se ben recoñeceu que aínda hai moito traballo por diante. Fixo unha particular mención a o exemplar traballo que Montes de Vigo fai para buscar solucións que aborden os problemas de grandes lumes que se presentan, e insistiu na necesidade dun traballo de cooperación institucional para abordalos dado que nesta laboura non sobra ninguén. Anunciou como novidade a posta en marcha das Agrupacións forestais dexestión conxunta, nas que as Comunidades poderán liderar procesos xunto con propietarios privados. Puxo como exemplo unha actuación que se está configurando nos montes de Vigo.




Nombre

Actualidade,154,Destacado,96,eventos,14,
ltr
item
Montes de Vigo: ACTO 6º ANIVERSARIO DOS LUMES DE 2017 NOS MONTES DE ZAMÁNS E COMUNICADO
ACTO 6º ANIVERSARIO DOS LUMES DE 2017 NOS MONTES DE ZAMÁNS E COMUNICADO
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiWt_GK3y6TGb4O33Ubq9J4gC4t2Jw_WI0ODvImkD3AbOKZ2BV1PB3IZiwOimlCCAQzrfN7jjk4OKYWcQXvyqbvFV9MyJBCw3Q615NCiPZwausP6tn6sMhUtDMlMj5EaVOjMXkCsz20S_1yLdnePwfqPvwDK1buGhwfr0Ur0tSITQzY7V_13BUAS-Pt_ire/w640-h480/20231015_122350.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiWt_GK3y6TGb4O33Ubq9J4gC4t2Jw_WI0ODvImkD3AbOKZ2BV1PB3IZiwOimlCCAQzrfN7jjk4OKYWcQXvyqbvFV9MyJBCw3Q615NCiPZwausP6tn6sMhUtDMlMj5EaVOjMXkCsz20S_1yLdnePwfqPvwDK1buGhwfr0Ur0tSITQzY7V_13BUAS-Pt_ire/s72-w640-c-h480/20231015_122350.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2023/10/sexto-aniversario-lumes-do-2017.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2023/10/sexto-aniversario-lumes-do-2017.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar