Nun ambiente deportivo moi vivo tivo lugar a VII Trail Montes de Vigo pola rexeneración dos montes de Vigo, cunha inscrición de 351 participantes asistentes. A proba arrancou en Fragoselo para atravesar os montes de Coruxo, Chandebrito, Camos, Saiáns e Oia.
Clasificación: ver ao final da entrada
Fotografías do evento: ver álbum AQUI
Destacar unha elevada presenza de féminas na Trail 15k, igualando o número de participantes masculinos. Foi posible grazas á colaboración de Asaltamontes Femile, que están a desenvolver unha grande labor de promoción do trail feminino e aspirando a ser un referente a nivel estatal.
Contou 24 colaboradores das comunidades de montes de Vigo e foi posible grazas a colaboración do Concello de Vigo, Coca Cola, Decathlon, Vegalsa-Eroski e Sixpro.
A valoración da xornada foi moi positiva pois o monte estaba para gozalo e os asistentes poideron recorrer o monte en relativas boas condicións, con bonitas panorámicas, con lugares con encanto e, tamén, comprobar como o lume de outubro de 2017 aínda está presente nos montes de Coruxo e Chandebrito, contrastando coa realidade dos montes de Saiáns e Oia, onde non ardeu.
TRAIL 24K
1ª Paz Méndez Tapias (Club Lodeiros)
2ª Verónica Romero Rivero (Coutadas Trail Team)
3ª Paula Fernández Otero (Coutadas Trail Team)
Veteranos Trail 24k
1º Alberto Iglesias Barros (Lodeiros Trail)
2º José Manuel Iglesias Covelo (Trinorth)
3º Angelo Papa (Ultramaratones Venezuela)
TRAIL 15K
Féminas Trail 15k
1ª Julia Sampedro Garrido (-)
2ª Victoria Moreu Pereira-Borrajo (Asaltamontes Femile)
3ª Nerea Rodríguez González (Atletismo Porriño)
1ª Rocio Rodríguez Oliveira (Athletics Fisioterapia San Lázaro)
2ª Elena Pérez González (Asaltamontes Femile)
3ª Carolina Niño (Asaltamontes Femile)
1º Dario Arias Costas (Athletics Fisioterapia San Lázaro)
2º Javier López Domínguez (Lodeiros Trail)
3º Enrique Gómez González (Os Morosos)