MONTES DE VIGO XUNTO COAS ENTIDADES REPRESENTATIVAS DAS COMUNIDADES DE MONTES DE GALICIA POSICIONANSE NAS ELECCIÓNS GALEGAS

 A Asociación Forestal de Galicia, a Organización Galega de Comunidades de Montes e a Mancomunidade de Montes de Vigo veñen de consensuar a súa posición diante das Eleccións Galegas do 18 de febreiro, facéndolla chegar ás formacións políticas que concorren ás mesmas.


PROPOSTAS DIANTE DAS ELECCIÓNS GALEGAS 2024

Vívese con auténtica preocupación que ás portas duna modificación legal da Lei de Montes Veciñais en Man Común de Galicia poida haber a tentación de retornar a períodos autoritarios nos que por presións de grupos empresariais diversos se volva plantexarse a “usurpación” de antaño. Por iso, de cara a vindeira tramitación do Libro Branco dos Montes Veciñais en Man Común de Galicia queremos trasladar ás formacións políticas que concorren ás Eleccións Galegas de febreiro de 2024  que consideramos preciso non se lexisle de costas ao sector das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) e presentamos os plantexamentos acordados unanimemente:

1.      Recoñecer a función social que desenvolven as CMVMC na xestión dos seus territorios -lembremos que é a cuarta parte de Galicia e que abrangue tantos espazos agroforestais como industrias e sociocomunitarios-. Resulta unha visión de curto alcance querer reducilas a xestoras de espazos forestais, toda vez que en moitos casos as cargas de xestión de superficies industrias veñen derivadas da herdanza recibida da previa xestión dos concellos.

No Anexo 1 recóllese un resumo da “Proposta de normativa dos Usos Sociorrecreativos dos Montes Veciñais” que as entidades asinantes redactaron en outubro de 2022 a instancia do Consello Forestal de Galicia e na que fixeron especial fincapé en liberar ás CMVMC das responsabilidades derivadas dos múltiples danos e prexuízos que se poder usar dos citados usos sociorrecreativos nos que estas non teñan outra participación que sexa a de ser titulares do terreo onde se realizan as actividades.

2.      Recoller que o proceso de normalización do monte veciñal en man común aínda non se pechou e subsisten situacións de abusos e usurpacións que limitan a extensión das propiedades veciñais en man común, sendo un deber da Administración autonómica velar e defender este patrimonio identitario de Galicia.

3.      Consolidar o carácter xermánico do monte veciñal en man común (imprescritible, inalienable, indivisible e inembargable), o que conlevaria, por exemplo, que en ningún momento se pode cuestionar a imprescriptibilidade dos montes veciñais en aras de pretender legalizar situacións de usurpación e apropiación indebida. Neste senso non se considera de recibo que se queira intentar colar que haxa que demostrar a “constatación inmemorial e continuada do monte de forma consuetudinaria”, cando se ven de demostrar anteriormente que polo acontecido, fundamentalmente na dictadura, isto viuse truncado sen vontade da veciñanza.

4.      Manter co seu papel os Xurados provinciais de clasificación dos montes veciñais, o cal garante que se preserve o criterio de que para clasificar a un monte como veciñal en man común a clave é na posesión inmemorial e non documentada do uso do monte veciñal, recollido na lexislación vixente.

Dubidar deste procedemento leva a pensar que se pode estar querendo trasladar a outro campo de xogo -a vía xudicial- para precisamente intentar impór os criterios de “non continuidade” ou “abandono” para evitar clasificacións ou mesmo desclasificar os mesmos, así como que predomine o criterio de esixir documentación rexistral para a clasificación, saltándose un principio básico do monte veciñal en man común.

5.      Garantir no texto legal a declaración de nulos de pleno dereito os actos de disposición levados adiante antes de que os montes fosen declarados como veciñais en man común. Este proceder evitaría moito litixio estéril que o único que pon a proba é capacidade económica que teñen as CMVMC para soportar longos xuizos e darlle falsas esperanzas a empresarios que obter os seus beneficios a conta dun ben común.

6.      Permitir que se cumpra a lexislación de montes veciñais que lle abre ás CMVMC a capacidade para negociar cos axentes económicos os diversos usos do chan mencionados, e non unicamente o forestal, para así proporcionar seguridade xurídica con contratos realizados diante do correspondente notario e proceder á posterior comunicación de tales contratos á Xunta de Galicia.

Prevalecer a lexislación de montes sobre calquera outra lexislación de fomento económico ou procedementos abreviados para evitar que esta vía sexa a que empreguen as empresas, conseguindo a clasificación de singularidade autonómica, para asentarse nos montes veciñais en man común sen terse que sentar a negociar e acordar cos seus lexítimos propietarios. 


Nombre

Actualidade,161,Destacado,103,eventos,21,
ltr
item
Montes de Vigo: MONTES DE VIGO XUNTO COAS ENTIDADES REPRESENTATIVAS DAS COMUNIDADES DE MONTES DE GALICIA POSICIONANSE NAS ELECCIÓNS GALEGAS
MONTES DE VIGO XUNTO COAS ENTIDADES REPRESENTATIVAS DAS COMUNIDADES DE MONTES DE GALICIA POSICIONANSE NAS ELECCIÓNS GALEGAS
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEivNLs4OkyOwjThyphenhyphenl-lC-6YVMSfImiSR4LT-13FTS0kHdRXEIQqgrhxNaDNZM2jdcMl9iDJ6Ts-L5UovaZ0xSVrBqasX7GTEgj0C5UBPEGCc-M-3Bz4XBfPCczI_oamyGTO24uSnfLxxLztfcxwc63WWhHPKm5m5SZYSWI2a156l_BRhFq0SLfkIEXx6pCR/w640-h296/Foto%20en%20acto%20conxunto.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEivNLs4OkyOwjThyphenhyphenl-lC-6YVMSfImiSR4LT-13FTS0kHdRXEIQqgrhxNaDNZM2jdcMl9iDJ6Ts-L5UovaZ0xSVrBqasX7GTEgj0C5UBPEGCc-M-3Bz4XBfPCczI_oamyGTO24uSnfLxxLztfcxwc63WWhHPKm5m5SZYSWI2a156l_BRhFq0SLfkIEXx6pCR/s72-w640-c-h296/Foto%20en%20acto%20conxunto.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2024/02/eleccions-galegas-posicionamento-conxunto.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2024/02/eleccions-galegas-posicionamento-conxunto.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar