MONTES DE VIGO PRESENTA AS SÚAS DEMANDAS AO CANDIDATO AUTONÓMICO DE SUMAR GALICIA POR PONTEVEDRA

 No día de hoxe a Directiva de Montes de Vigo, co seu presidente Uxío González á cabeza, presentou as súas demandas ao candidato autonómico de Sumar Galicia por Pontevedra: Ramón Sarmiento, recollidas no documento que se adxunta AQUI. No acto tamén estiveron presente representantes da Comunidade de Montes de Tameiga.

Na xuntanza puxéronse de manifesto as particularidades das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, como unha forma de organización da propiedade da terra colectiva na que se busca atender as necesidades da veciñanza e ao mesmo tempo preservar a continuidade no tempo. 

Estívose de acordo en que esta realidade, no caso do monte periurbano como o de Vigo, require un tratamento específico por parte da administración autonómica no que se recoñeza e se colabore con políticas ad-hoc na medida que proporciona servizos ecosistémicos a máis de 300,000 persoas e serve de transición para a defensa de grandes lumes como os que se están vivindo nestes momentos en Chile.

Por outra banda, tamén se tratou da importancia que teñen as Comunidades de Montes na transición enerxética que se está a vivir e como é preciso apoiar iniciativas como as comunidades enerxéticas que requiren de superficies colectivas para abordar estes proxectos con seguridade xurídica.

Para rematar, viuse a necesidade de que haxa unha comunicación máis intensa das formacións políticas co movemento de comunidades de montes veciñais en común para así despexar pantasmas que se están a atribuír por partes interesadas recén chegadas á "usurpación" da terra, que en Galicia supón máis dun terzo. Resultou moi interesante a posta en común realizada.


Nombre

Actualidade,161,Destacado,103,eventos,21,
ltr
item
Montes de Vigo: MONTES DE VIGO PRESENTA AS SÚAS DEMANDAS AO CANDIDATO AUTONÓMICO DE SUMAR GALICIA POR PONTEVEDRA
MONTES DE VIGO PRESENTA AS SÚAS DEMANDAS AO CANDIDATO AUTONÓMICO DE SUMAR GALICIA POR PONTEVEDRA
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgWPocZ3Rc0ncotjDboTM-AAJtOxanQ_IWU_0lHgcutwFpVeQpuCo7r2Cpn3ra9kWMsdv5wc-WoQSLEr2UMp-DCyKYD4Z1QJEaa2bOSVxavZWEoXuMyoXFdbJRKqbrBr_R3ggjzwF3GzTAEHJdMR-Dvb91f2qdgS9hDUi7_lckqJ4Qzs06uvFi6ZcnuFG6k/w640-h480/2024-01-31%20Xuntanza%20MVigo-Sumar%201.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgWPocZ3Rc0ncotjDboTM-AAJtOxanQ_IWU_0lHgcutwFpVeQpuCo7r2Cpn3ra9kWMsdv5wc-WoQSLEr2UMp-DCyKYD4Z1QJEaa2bOSVxavZWEoXuMyoXFdbJRKqbrBr_R3ggjzwF3GzTAEHJdMR-Dvb91f2qdgS9hDUi7_lckqJ4Qzs06uvFi6ZcnuFG6k/s72-w640-c-h480/2024-01-31%20Xuntanza%20MVigo-Sumar%201.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2024/02/xuntanza-montes-de-vigo-con-sumar-galicia-autonomicas.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2024/02/xuntanza-montes-de-vigo-con-sumar-galicia-autonomicas.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar