VI ANDAINA

Aqueles/as interesados/as en participar na VIª andaina polos montes de Vigo organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración con Montes de Vigo, pódense inscribir ata o 10 de maio ao mediodía en:
010 (986 81 02 60 dende móbil) 
solapa Inscrición Andaina deste blog (ACCESO). 

Agradecemos facer o antes posible a inscrición por motivos organizativos.


A inscrición leva asociado a aceptación do regulamento da andaina (ver FOLLETO) e asumir o custe do desprazamento en autobús urbano dende a Praza do Rei ata o lugar de saída e a correspondente volta, podéndose empregar a tarxeta Pass-Vigo. No caso de quen acuda ao percorrido curto en Parque Forestal do Vixiador, non terá custe.

Percorridos para todos os públicos.


Os percorridos previstos están pensados para que calquera participante poida gozar dun día nos montes de Vigo, realizando aquel trazado que mellor se acomode as súas condicións e circunstancias. 

Para aquelas persoas habituadas a camiñar, poden realizar o Percorrido Medio 2 (20,8km) ou o Percorrido Medio 1 (32,1km). Quen estea en condicións e se queira marcar un reto, é posible despois de xantar engadirlle a ruta curta ao percorrido Medio 1, realizando o Percorrido Completo (39,3km).

Percorrido curto é para quenes queira realizar un trazado sinxelo (7,2km) e vistoso, pasando a carón das riquezas arqueolóxicas e naturais existentes no Parque Forestal do Vixiador.


A Pequerruta e a ruta adapatada están previstas realizarse polo entorno do Parque Forestal do Vixiador , tendo unha lonxitude de 2,5km. Moi axeitado para familias con rapaces pequenos ou persoas con mobilidade reducida que queiran gozar dunha vista panorámica de Vigo singular. Ver trazado de seguido.



Control de asistencia, abastecementos e xantar.
O día da Andaina (12 maio), na  Praza do Rei terá lugar o proceso de control de asistencia e entregarase a camiseta conmemorativa da VIª Andaina polos montes de Vigo, e proporcionarase un kit con material de abastecemento e promocional cortesía de Eroski-Center e de Coca Cola. Tamén ao longo do percorrido, poderase completar o abastecemento con bebida e alimentos enerxéticos facilitados polos patrocinadores.

No momento de finalización da Andaina proporcionarase unha ración de empanada e froita, sendo preciso levar a comida por parte dos/das participantes. Na cafetería-restaurante do Vixiador poderán realizarse consumicións, pero non haberá dispoñibles comidas.  

A intención é que aqueles participantes que o desexen gocen do Parque Forestal do Vixiador durante a tarde.


Dinámica da Andaina
Dense a Praza do Rei desprazarase en lanzadeiras ata os lugares de saída previsto, para nese momento proceder ao inicio da Andaina coas previsións de tempos indicadas no cadro anterior.

Para quen acuda directamente no Parque Forestal do Vixiador no caso de Percorrido curto ou de Pequerruta, unha vez feito o control de asistencia e entregadas a camiseta e o kit de abastecemento, procederase a unirse co grupo procedente de Praza do Rei.

Unha vez chegado ao punto de saída das distintas andainas, iniciaranse as mesmas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos  e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan. 

Tamén participará a Policía Local e Protección Civil para atender os cruces perigosos ou posibles eventualidades no discorrer da actividade. En total prevese un equipo de apoio de preto de 100 persoas.

Está previsto pechar a actividade e facer a comida no Parque forestal do Vixiador, agás os que fagan todo o percorrido, que continuarán pola tarde. A partir das 16:00 horas, estarán dispoñibles as lanzadeiras que volverán á Praza do Rei, habendo dúas saídas máis as 17:30 e as 19:00.

Máis información en info@montesdevigo.org ou no teléfono 662 23 10 23.

Nombre

Actualidade,75,Destacado,31,Eventos,1,
ltr
static_page
Montes de Vigo: VI ANDAINA
VI ANDAINA
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/p/andaina.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/p/andaina.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar