EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA CENTROS EDUCATIVOS E ENTIDADES SOCIAIS
Montes de Vigo, dentro da súa estratexia "Uso social do monte de Vigo", marcouse como compromiso para o Curso 2016-17 desenvolver un programa de actividades de Educación ambiental dirixido a Centros Educativos e Entidades Sociais do concello.

No caso de Vigo, os montes periurbanos conforman un cinto que interacciona coas parroquias e co casco urbano, xerando unha plataforma de coñecemento dos ecosistemas, do ciclo da auga, da flora e da fauna de ribeira, da cultura castrexa, da cultura rural, dos oficios tradicionais, da xestión forestal, das especies autóctonas e das especies alóctonas, etc.
Dende Montes de Vigo ofertamos a todos aqueles Centros educativos ou Entidades sociais de Vigo que o consideren a oportunidade de empregar os montes de calquera das 13 comunidades de montes asociadas, así como o asesoramento e a monitorización das actividades que se pretendan realizar, como por exemplo:
- O outono no monte: paseo e recoleición de cogumelos. Actividade con ou sen monitorado.
- Magosto no monte. Actividade con ou sen monitorado.
- A primavera no monte: paseo e coñecemento da flora e fauna de ribeira. Actividade con ou sen monitorado.
- A primavera no monte: plantacións de árbores. Actividade con monitorado.
- Visitas ao patrimonio etnoarqueolóxico (muíños, dolmens, petroglifos, etc). Actividade con ou sen monitorado.
- Visitas ao patrimonio natural (Parque botánico Arco da Vella, o ciclo da auga, plantas autóctonas e alóctonas, os oficios tradicionais, etc). Actividade con monitorado.
- Ximcana medioambiental. Actividade de día completo con monitorado.
- Xogo de orientación. Actividade con monitorado.
- Sendeiros locais de Vigo (Bembrive-Beade, Candeán, Coruxo, Matamá-Comesaña, Saiáns, Zamáns). Actividade con ou sen monitorado.
Para solicitar unha actividade podedes facelo a través do formulario (premer aqui) ou póndose en contacto con montesdevigo.servizos@gmail.com. Porémonos de seguido en contacto convosco para atender a solicitude e, segundo a demanda, realizar a correspondente oferta.