VII DÍA DOS MONTES DE VIGO
22 maio 2022 | Monte dos PozosReportaxe fotográfico | Programa Xeral | Programa Familiar | Inscrición e funcionamento
A celebración do VII Día dos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, resultou altamente satisfactoria en termos dos participantes. Iniciábase o día con moitas dúbidas, pero finalmente poidose gozar dun interesante día de sendeirismo entre os montes de Zamáns e de Valladares, para culminar en Monte dos Pozos con actuacións musicais.
Na presentación dos percorridos, na que estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, propúxose aos participantes coñecer de preto o proceso de rexeneración dos montes queimados en 2017, así como os valores medioambientais, patrimonitais e paixasísticos que habitualmente se atopan en calquera comunidade de montes do anel verde de Vigo. Na clausura do evento estivo presente o Alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Ver Reportaxe fotográfica (AQUI) e nova en Faro de Vigo (AQUI)

A) PROGRAMA XERAL.
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar o VIIª Día dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 22 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal do Monte dos Pozos (localización Google Maps)
Inscrición no 010 (986810260 dende móbil): dende o luns 9 de maio ata o venres 20 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademáis, haberá exposicións, música e actividades infantis. Está previsto que participe un milleiro de vigueses e viguesas.
O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Tamén se vai comprobar como se está a producir o proceso de rexeneraación dos montes queimados en outubro de 2017, particularmente os casos de Valladares e Zamáns.
A programación organízase en dúas partes: as actividades dirixidas para poboación adulta e as dirixidas a familias.
Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Vigo cinco anos despois dos lumes de 2017. Tomarase como punto de partida o Monte dos Pozos.
1. Andaina 18 km | pendente media 7,0% / -6,4% | pendente máxima 31,2%/-25,7% | desnivel 631m/-699m | dificultade media-altaHorario: Acollida en Monte dos Pozos (8:00) - Saída da lanzadeira de bus para o P.F de Zamáns (8:30) - Inicio Andaina (9:00) Percorrido: P.F Zamáns - Sendeiro Local Zamáns - P.F. Zamáns - Monte Alba - Monte dos Pozos.Observacións: Atravesaranse algunhas das zonas queimadas, agora en proceso de rexeneración, así como algúns dos miradoiros máis chamativos da cidade no Monte Alba.

2. Andaina 11 km | pendente media 7,3% / -7,1% | pendente máxima 37,8%/-27,9% | desnivel 387m/-455m | dificultade mediaHorario: Acollida en Monte dos Pozos (9:00) - Saída da lanzadeira de bus para o P.F de Zamáns (9:30) - Inicio Andaina (10:00) Percorrido: P.F Zamáns - Monte Alba - Monte dos Pozos.Observacións: Atravesaranse algunhas das zonas queimadas, agora en proceso de rexeneración, así como algúns dos miradoiros máis chamativos da cidade no Monte Alba.
3. Andaina 7 km | pendente media 8,6% / -8,8% | pendente máxima 32,6%/-38,3% | desnivel 324m/-316m | dificultade mediaHorario: Acollida en Monte dos Pozos (10:00) - Inicio Andaina (10:30) Percorrido: Monte dos Pozos - Camiño Real - Ermida San Xoán de Freixo - Monte dos PozosObservacións: Atravesaranse algunhas das zonas queimadas, agora en proceso de rexeneración, así como algúns tramos de camiño real que atravesaba Valladares.
No momento central do acto están prevista actividades dinamizadas pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como Danzas do Mundo e a actuación do Grupo de Gaitas de Pardavila.Tamén se poderán contemplar sendas exposicións tituladas “Sendeiros Locais de Vigo” e “Unha lingua de lume asola en 2017 os montes de Vigo”
B) PROGRAMA FAMILIARNeste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.
4. Visita familiar ao Petróglifo da Lapela: 5km | | pendente media 6,8% / -7,9% | pendente máxima 33,0%/-33,4% | desnivel 204m/-204m | dificultade media-baixa
Destinatarios: Familias con fillos maiores de 6 anosHorario: Acollida en Monte dos Pozos (10:30) - Inicio Andaina (11:00) Percorrido: Monte dos Pozos - Antigo verterdeiro do Zondal - Petróglifo da Lapela - Cruz da Pinguela - Monte dos PozosObservacións: Ademáis de coñecer o Petróglifo da Lapela, permitirá coñecer de preto as consecuencias dos lumes do 2017. Rematará o paseo coa visión panorámica da cidade dende un miradoiro.

5. Peque-ruta "Monte dos Pozos na primavera": 1km
Destinatarios: Familias con fillos menores ata 6 anosHorario: Acollida en Monte dos Pozos (11:00) - Inicio Andaina (11:30) Percorrido: Monte dos Pozos - Monte dos PozosObservacións: Conoceremos singularidades do Monte dos Pozos en primavera.
6. Xogos populares - Tiro con arco - Rastrexo.
Ao rematar as andainas citadas para familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc.
A celebración do VII Día dos Montes de Vigo, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo, resultou altamente satisfactoria en termos dos participantes. Iniciábase o día con moitas dúbidas, pero finalmente poidose gozar dun interesante día de sendeirismo entre os montes de Zamáns e de Valladares, para culminar en Monte dos Pozos con actuacións musicais.
Na presentación dos percorridos, na que estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, propúxose aos participantes coñecer de preto o proceso de rexeneración dos montes queimados en 2017, así como os valores medioambientais, patrimonitais e paixasísticos que habitualmente se atopan en calquera comunidade de montes do anel verde de Vigo. Na clausura do evento estivo presente o Alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Ver Reportaxe fotográfica (AQUI) e nova en Faro de Vigo (AQUI)
![]() |