TRAIL-ANDAINA 13OUT


VI TRAIL MONTES DE VIGO - II ANDAINA POLA REXENERACIÓN DOS MONTES DE VIGO

Video | Fotos | Resultados | Información de utilidade | Regulamento







A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza a "VI Trail Montes de Vigo" e a "II Andaina pola Rexeneración dos montes de Vigo" para o domingo 13 de outubro, coincidindo co 2º aniversario da catástrofe incendiaria vivida en cinco das trece comunidades de montes de Vigo.





FOTOGRAFÍAS: ver álbum AQUI

RESULTADOS: 

Resultados por CLASIFICACIÓNS 
Resultados por CATEGORÍAS

Resumo das clasificacións por categorías:

Masculino Trail Longo
1º Daniel Pazó Giraldez (Atletismo Baiona)
2º Lucas Pouso Vidal (C.A. Cambados S.Noval)
3º Alberto Iglesias Barros (Lodeiros Trail)

Feminas Trail Longo
1ª Estrella Canabal Villaverde (Objetivo Trail)
2ª Nuria Romero Rodríguez (Cabuxastolas)
3ª Estela Alonso Ballesteros

Veteranos Trail Longo
1º Roberto Lago Graña (Lodeiros Trail)
2º José Luis López Álvarez
3º Alberto Taboada Pampín (NTA - Never Trail Alone)

Masculino Trail Curto
1º José Martín Fontán Arnejo
2º Omar Eduardo Ruda Orozco (Vengadores)
3º Pedro Vicente Suárez Fernández (Canicross Vigo)

Feminas Trail Curto
1ª Marta Calvo Serrano (Vigoentrena)
2ª Vanesa Villar Diéguez (Club Triatlón Vao)
3ª Sandra Garrido

Veteranos Trail Curto
1º Gonzalo Rodríguez López (A.D. CAR)
2º Luis Alberto Currás Abalde (CSCR Beade)
3º Fernando González Rodríguez

Veteranas Trail Curto
1ª Ana María Alonso Gullón (CSCR Beade)
2ª Marta Amoedo Lusquiños (Trinorth)
3ª Mónica Rodríguez Cuesta (Vigoentrena)

______________________________________________________________________


INFORMACIÓN DE UTILIDADE SUBIDA 8/10/19

Resumo de localizacións e tracks en Google My Maps: PREMER
Máis abaixo pódese descargar o track de cada actividade.

Patrocinadores:
Concello de Vigo | Powerade | Decathlon Vigo

Recollida de dorsais en Trail/Trail curta: 
Decathlon Vigo - Meixoeiro (ver localización)
Horario: venres 11 outubro, de 16 a 21h, e sábado 12 outubro, de 10 a 14h.
Alternativamente, dende 3/4 hora antes do inicio da proba.

Horarios das actividades:
Trail longa: preparativos 8:15-9:00 | saída: 9:00
Trail curta: preparativos 9:15 | saída 10: 00
Andaina: preparativos 9:45 | saída 10:30

Punto de saída:
Parque Forestal de Monte dos Pozos (Valladares): Estrada do Freixo, 1, 36315 Vigo, Pontevedra
Localización Google Maps: PREMER

Servizos do Parque Forestal: cafetería, baños, carpa de vestuario mulleres e homes

Aparcamento sinalizado no desvío previo ao acceso ao Parque Forestal.


Duchas de participantes en Trail/Trail curta:
Aquelas/es participantes na trail/trail curta que desexen facer uso de duchas terán que desprazarse ata aos vestiarios do Campo de fútbol das Barrocas (Localización Google Maps: PREMER), a unha distancia de 2,8 km.


Tracks de percorridos:
Trail longa: TRACK en Wikilock. Distancia definitiva (Garmin): 23,3 km | + 1232
Trail curta: TRACK en Wikilock. Distancia definitiva (Garmin): 13,4 km | + 602
Andaina: TRACK en Wikilock. Distancia definitiva: 9,1 km. Haberá versión reducida para familias.

Nota: Poderá producirse algún cambio de última hora no trazado no caso de que as condicións climatolóxicas (sobre todo vento) ata o día da proba poidan afectar á seguridade do mesmo.




__________________________________________________________________________

REGULAMENTO

1. Organizador e obxectivo da proba 
1.1 Organizador. A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza a "VI Trail Montes de Vigo" e a "II Andaina pola Rexeneración dos montes de Vigo" para o domingo 13 de outubro, coincidindo co 2º aniversario da catástrofe incendiaria vivida en cinco das trece comunidades de montes de Vigo.
O organizador reservase a posibilidade de cancelación por causa xustificada e, de proceder, ao cambio de datas e lugares de celebración, que será comunicado a través de www.montesdevigo.org.
1.2 Obxectivo. Búscase con esta xornada deportiva mobilizar tanto aos corredores e corredoras de trail como aqueles cidadáns e cidadás que queiran achegarse ao monte para realizar exercicio físico.

2. Probas, trazados e tempos máximos:
2.1 Probas:
- Trail "Montes de Vigo": 23,2 km, desnivel +1406 ... saída: 9:00. Tempo máximo: 5 horas.
- Trail curta "Montes de Vigo": 13,5 km, desnivel +623 ... saída: 10:00. Tempo máximo: 3,5 horas.
- II Andaina "pola rexeneración dos montes de Vigo": 7,7 km, desnivel +406 ... saída: 10:30 Tempo máximo: 3 horas.
2.2 Trazados. O trazado das probas será publicado en www.montesdevigo.org. A organización resérvase o dereito a realizar calquera cambio por necesidades organizativas ou polo beneficio dos/das participantes, debendo comunicalo antes da saída ou no momento que se identifique a necesidade.
2.3 Tempos máximos. O tempo máximo para a realización da actividade supón que as 14:00 pecharase o control de chegada. Aqueles participantes que non terminen no tempo citado quedarán descualificados por tempo.

3. Participación e responsabilidades:
3.1 Participación na Trail e Trail curta:
Os/As participantes teñen que ser maiores de idade, podendo participar tanto federad@s como non federad@s. As categorías son:
- Absoluta: masculina e feminina
- Veteranos 45 ou máis
- Veteranas 40 ou máis.
As idades para adscribirse a cada categoría deben estar cumpridas á data da proba.
3.2 Participación na Andaina polo Rexeneración dos montes de Vigo.
A andaina realizarase con afán divulgativo e participativo e por tal motivo pode haber participación de todas as idades, se ben no caso de menores de idade deberán ir acompañados dos seus proxenitores ou titores legais.
3.3 Responsabilidade de participantes.
Cada participante ten a responsabilidade de:
- Atoparse en forma física e psíquica axeitada no momento de realización da proba.
- Seguir o trazado da proba escollida segundo a sinalización implantada e/ou as indicacións do persoal da organización.
- Respectar as normas de circulación viaria e particularmente nos cruzamentos de estradas, sendo os únicos responsables das infraccións que puideran cometer.
3.4 Declinación de responsabilidade en caso de accidente, neglixencia ou perda de obxectos persoais.
A organización declina a súa responsabilidade nos casos de danos, prexuízos ou lesións que os participantes puideran sufrir ou causar a terceiros, como tampouco dos gastos, débedas ou danos que puideran contraer durante o evento.
A organización ten subscrito o correspondente seguro de responsabilidade civil e de accidentes para todos os participantes debidamente inscritos que cubriran as incidencias inherentes á proba. Quedan excluídos da póliza os casos derivados dun padecemento latente, inobservancia das leis, imprudencia, os producidos por desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.

4. Inscrición, prezos, cancelación e dorsais:  
1.1 Prazo de inscrición: dende o 1 de xullo ata 8 de outubro a través do sistema de inscrición electrónica establecida en www.montesdevigo.org, realizando o pago a través de pasarela electrónica mediante tarxeta bancaria.
1.2 Dereitos da inscrición: participar na proba escollida (con dorsal no caso de Trail e Trail curta), así como aos correspondentes abastecementos e seguros. Tamén se porá a disposición dos/das participantes duchas e aqueles obsequios que consiga a organización.
1.3 Prezos bonificados por inscrición ata 30 de setembro: Trail: 20 euros; Trail curta: 15 euros e Andaina: 5 euros. Neste caso os dorsais irán persoalizados.
1.4 Prezos por inscrición 1-8 outubro: Trail: 25 euros; Trail curta: 20 euros e Andaina: 5 euros
1.5 Desconto por inscrición colectiva (4 ou máis): os clubs deportivos ou grupos de trail que se inscriban como tales na Trail e na Trail curta terán un desconto do 25% segundo o método establecido no sistema de pago.
1.6 Cancelación da inscrición: poderase solicitar en calquera momento ata o día 8 de outubro, cunha penalización de 3 euros en concepto de xestión de inscricións. Terá que ser realizada a solicitude por correo electrónico a montesdevigo.servizos@gmail.com.
1.7 Retirada de dorsais (Trail e Trail curta): nas instalacións de Decathlon o venres 11 de outubro, entre 16 e 21 h, e o sábado 12 de outubro, entre 11h e 14h, e na zona de saída o domingo a partir das 8:30h. Os dorsais son intransferibles.

5. Organización:
5.1 Lugar de inicio e finalización: Parque Forestal do Monte dos Pozos (Valladares)
5.2 Sinalización e controis. Os distintos percorridos estarán sinalizados con cintas de plástico, sendo obrigado o paso polos controis establecidos.
5.3 Tempos de paso. A organización publicará os tempos de corte en cada control. Os/as participantes que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba e quedarán fora da cobertura da organización.
Os responsables de cada control e os "corredores escoba" terán potestade para retirar da proba a calquera participante se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A participante que se retire durante o transcurso da proba deberá avisar ao control máis próximo e facer a entrega do dorsal.
5.4 Abastecementos. Existirán abastecementos líquidos e sólidos que serán comunicados no momento do inicio da proba.
5.5 Descualificacións. Quedará descualificado/a todo o/a que non cumpra co presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque a contorna, non leve o seu dorsal ben visible, non respecte aos demais participantes, non se atope en condicións físicas para realizar a proba ou desatenda as indicacións da organización.
5.6 Auxilio a accidentados. Os/as participantes están obrigados/as a auxiliar aos/ás accidentados/as
5.7 Vehículos autorizados. Os únicos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización. Para evitar posibles accidentes queda totalmente prohibido seguir aos participantes en moto, bicicleta, quad ou similar.
5.8 Reclamacións. No caso de desacordo coa clasificación, deberá dirixirse ao director/ra da proba para expor as alegacións oportunas. Poderá facerse nos 10 minutos despois da súa publicación. A decisión do director/ra da proba será inapelable.
5.9 Premios. Entregarase un premio-trofeo aos tres primeiros de cada categoría das probas deportivas.

6. Aceptación, Prego de descargo de responsabilidade e Protección de datos.
6.1 Aceptación. Os/As participantes inscríbense na proba libre e voluntariamente e, polo tanto, declaran coñecer e aceptar plenamente o presente regulamento. Tamén aceptan o correo electrónico e/ou o móbil como medio de notificación legal.
6.2 Prego de descargo de responsabilidades. Todo/a participante está autorizando á publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba polo feito de inscribirse (listado de participantes, clasificacións, etc), así como a publicación de imaxes ou vídeos da proba, podéndose empregar de forma atemporal en calquera publicación, medio de comunicación, medio dixital ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento e das actividades do organizador. En ningún caso derivaranse pagos, compensacións ou retribucións por estes conceptos.
6.3 Protección de datos. Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado do que é responsable Montes de Vigo e que pode ser compartido con terceiros aos efectos da xestión da proba.
O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na lexislación vixente.

7. Máis información. 
Toda a información da proba publicarase en www.montesdevigo.org. Para calquera cuestión está dispoñible o teléfono 608 046 047 ou o correo montesdevigo.servizos@gmail.com

Nombre

Actualidade,77,Destacado,33,Eventos,2,
ltr
static_page
Montes de Vigo: TRAIL-ANDAINA 13OUT
TRAIL-ANDAINA 13OUT
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/p/trailandaina-13out19.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/p/trailandaina-13out19.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar