Mostrando entradas con la etiqueta 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2018. Mostrar todas las entradas

14 mar. 2018

MONTES DE VIGO ABRE A II CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA 2018 ATA O 21 DE MARZO


A Mancomunidade de Montes de Vigo ven de facer pública a IIª Convoatoria de prazas para 2018 ao abeiro da Convocatoria de subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro promovida polo Concello de Vigo.
O prazo de recepción de solicitudes remata o 21 de marzo e poderase realizar no mail info@montesdevigo.org ou na sede da Mancomunidade en Rúa Eira Vella nº 4, Saiáns, en horario de 16 a 19:30.
Premer aqui para descargar

5 mar. 2018

A COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ ACOLLE A INICIATIVA #CCMEREFOREST DE COCA COLA


Este domingo 4 de marzo tivo lugar na Comunidade de Montes de Matamá unha acción de reforestación a cargo da iniciativa #CCMEReforest de Coca Cola promovida por Tony Aguilar de LOS40 e apadrinada polos grupos Furious Monkey House e Atacados. Máis info da iniciativa neste enlace (premer)

Aproveitando unha tregua climatolóxica realizouse a actividade de plantación de máis de 100 árbores autóctonas nun dos espazos queimados na Comunidade de Montes.


Na acción, o presidente da C.M. de Matamá, Indalecio, explicou aos participantes os danos ocasionados polo lume e a estratexia de reforestación que adoptou a comunidade que dirixe.



25 feb. 2018

A PLANTACIÓN NO ANEL VERDE RECOLLIDA NOS MEDIOS E EN VIDEO


A actividade de plantación promovida por Montes de Vigo en colaboración co Coca Cola contou coa participación de preto de 100 persoas e desenvolveuse nos montes de Oia cunha gran implicación dos participantes.

120 foron os castiñeiros plantados e que, á súa vez, foron doados por diversos colectivos e empresas. Cubriron unha franxa importante da beira do GR-53 ao seu paso polos montes de Oia, e que conforma un dos tramos do anel verde que as comunidades de montes están a promover nos montes periurbanos de Vigo.

Ao finalizar a actividade realizouse un paseo polo GR-53 (Senda panorámica de Vigo) ata os montes de Coruxo, onde se poido comprobar cales foron os efectos dos incendios.


A actividade foi recollida nos medios de comunicación (Faro de Vigo, La Voz de Galicia-Vigo e Atlántico Diario)

Tamén se realizou un pequeno video recordatorio do día





24 feb. 2018

CONCURRIDA PLANTACIÓN COAS FAMILIAS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA REXENERAMOS OS MONTES DE VIGO


A Mancomunidade de montes de Vigo en colaboración con Coca Cola promoveron a plantación de 150 castiñeiros con familias viguesas que partiparon na campaña Rexeneramos os montes de Vigo - Eventos con Buen Ambiente de Coca Cola 

Con esta acción realizada no tramo de anel verde situado nos montes de san miguel de oia principian unha serie de plantacións que contan co respaldo das 13 comunidades de montes de Vigo e na que participan centros educativos, colectivos e empresas. 



PRINCIPIA A CAMPAÑA "REXENERAMOS OS MONTES DE VIGO"


A Mancomunidade de Montes de Vigo e as 13 Comunidades de Montes Veciñais asociadas levan recibido múltiples mostras de solidariedade dende que en outubro de 2017 tiveron lugar os incendios que asolaron un terzo da masa forestal de Vigo. Algunhas das colaboración foron monetarias e outras en planta que se está depositando nos distintos viveiros cos que contan as comunidades de montes.

O compromiso de Montes de Vigo é adicar os recursos recibidos á rexeneración dos montes queimados e a iniciar o Anel verde que atravese os montes das distintas comunidades. Neste mes de febreiro e durante o mes de marzo terán lugar as plantacións con centros educativos das parroquias, con diversos colectivos e con empresas patrocinadoras. Particularmente a primeira gran plantación terá lugar o próximo sábado 24.



Campaña "Rexeneramos os montes de Vigo" patrocinada por Coca Cola.
O sábado 24 de febreiro nos montes de Oia está previsto celebrar unha plantación de castiñeiros dentro da Campaña "Rexeneramos os Montes de Vigo" patrocinada por Coca Cola, cos participantes nos obradoiros familiares de Vigolandia realizados no nadal en IFEVI.

INSCRICIÓN: PREMER FORMULARIO AQUI

Data plantación: 24 de febreiro, 16:30
Participantes: familias inscritas no obradoiro de Vigolandia17
Lugar de encontro: Parque Forestal de Oia (premer en Google Maps)

O ALUMNADO DO CEIP RÍA DE VIGO FAI UNHA PLANTACIÓN NOS MONTES DE OIA E VISITA ZONAS QUEIMADAS


Este venres 23 de febreiro tocoulle ao alumnado de 5º e 6º do CEIP Ría de Vigo achegarse ata os Montes de Oia á facer a súa pequena contribución á creación dun anel verde nos montes de Vigo. Plantaron castiñeiros froito das contribucións solidarias recibidas na Mancomunidade de Montes de Vigo e poideron entender a importancia de contar cos montes coidados nas zonas limítrofes da cidade.

Previamente á plantación realizouse unha visita guiada ata os montes de Coruxo limítrofes cos montes de Oia onde chegou o lume. Poideron comprobar a diferencia existente e as actuacións de prevención de escorrentías así como as futuras accións de rexeneración.


20 feb. 2018

MONTES DE VIGO ABRE A CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA 2018 ATA O 27 FEBREIRO


A Mancomunidade de Montes de Vigo ven de facer pública a Convoatoria de prazas para 2018 ao abeiro da Convocatoria de subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro promovida polo Concello de Vigo.
O prazo de recepción de solicitudes remata o 27 de febreiro e poderase realizar no mail info@montesdevigo.org ou na sede da Mancomunidade en Rúa Eira Vella nº 4, Saiáns, en horario de 16 a 19:30.
Premer aqui para descargar

18 feb. 2018

DOAZÓN DE PIÑEIROS POLAS EIM MESTRES GOLDAR E SANTA CRISTINA


Este sábado 17 de febreiro as Escolas Infantís Municipais Mestres Goldar e Santa Cristina fixeron unha doazón de 73 piñeiros para a Campaña "Rexeneremos os montes de Vigo" que está a promover a Mancomunidade de Montes de Vigo xunto coas 13 Comunidades de Montes Veciñais membro.




Estes piñeiros foron doados por Viveros Flores de Lavadores e plantados nas correspondentes macetas polas crianzas das escolas infantís xunto coas súas familias e equipo educativo.


28 ene. 2018

FESTIVAL SOLIDARIO POLOS MONTES QUEIMADOS COA PRESENZA DO ALCALDE


O "Festival solidario polos montes queimados" organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo celebrouse este sábado 27 de xaneiro de 2018 e contou coa presenza do Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e das Concelleiras Chus Lago e Angeles Marra. Estiveron presentes os presidentes das Comunidades de Montes de Valladares, Coruxo, Matamá, Comesaña e Beade, así como o presidente da Mancomunidade.

No festival quíxose facer unha lembranza garimosa pola colaboración cidadá coa que se contou na extinción dos múltiples incendios, así como a destacada laboura dos distintos efectivos postos a disposición por parte do Concello de Vigo.

Houbo un momento de lembranza para as persoas fallecidas e para aquelas que na colaboración da extinción sofriron graves daños nas súas pertenencias. En particular o caso de Ramón, que perdou o seu coche. Precisamente no transcurso do festival fíxoselle entrega dunha contribución económica por parte da Comunidade de Montes de Valladares, que foi onde se produciu o percance.

Tamén se lle entregou unha placa conmemorativa ao voluntariado de Camiño a Camiño, do Concello de Vigo. Na recollida estivo presente unha representación de 25 dos 100 voluntarios e voluntarias participantes nas labouras de emerxencia posteriores ao incendio.

O festival contou con grupos musicais das distintas parroquias que estiveron presentes no acto e deu pé a pasar unha agradable tarde.

Na prensa do domingo (Atlántico Diario e Faro de Vigo) recolleuse un resume do festival, así como no telexornal da TVG (premer)






24 ene. 2018

MONTES DE VIGO ORGANIZA O FESTIVAL SOLIDARIO POLOS MONTES QUEIMADOS


A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza o vindeiro sábado, 27 de xaneiro, as 19:00 h, no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (ver localización) o FESTIVAL SOLIDARIO POLOS MONTES QUEIMADOS.

O obxectivo é proseguir coa recadación de fondos para as actividades de recuperación dos montes comunais queimados e para a creación do anel verde previstas realizar durante este ano.

Tamén está previsto agradecer ao voluntariado de Camiño a Camiño do Concello de Vigo a súa colaboración realizada durante os meses de novembro e decembro.

No programa adxunto recóllese a programación prevista para o Festival.