Mostrando entradas con la etiqueta Arco da Vella. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arco da Vella. Mostrar todas las entradas

9 abr. 2018

SEGUNDO PASEO POLOS MONTES DE VIGO O 14 DE ABRIL NO PARQUE BOTÁNICO "ARCO DA VELLA" (BEMBRIVE)



Segunda semana de Paseos polos Montes de Vigo. Nesta ocasión a proposta feita pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, é coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Bembrive. Trátase do Parque botánico "Arco da Vella" a carón do río Eifonso.

Punto de encontro: Capela dos Ramallos ou de San Cibrao (localización en Google Maps

Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas

Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.

Temas a abordar: flora e fauna dun bosque de ribeira (ver paneis), patrimonio, o río Eifonso, etc

Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)


Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.

8 may. 2017

O ARCO DA VELLA DE BEMBRIVE, UN LUGAR ENCANTADOR


Resultou dun encanto especial o paseo deste sábado 6 de maio polos montes de Bembrive, e particularmente polo seu parque botánico "Arco da Vella" ao carón do rio Eifonso.

Cos comentarios de Araceli poidemos comprobar como nun pequeno traxecto xúntase unha importante cantidade de flora e fauna autóctona, ademáis de pequenos espazos dunha beleza dignos de mención con patrimonio natural e etnolóxico. Os diálogos xerados e as sensacións vividas ben pagaron a pena.

Nas fotografías (premer) recóllese só unha pequena bocanada do experimentado e para mostra un boton:





4 may. 2017

O PARQUE BOTÁNICO DO ARCO DA VELLA CENTRA O TERCEIRO PASEO POLOS MONTES DE VIGO


Os montes de Bembrive acollen este sábado 6 de maio, as 16:30, o terceiro paseo de primavera polos Montes de Vigo. Nesta ocasión visitarase un espazo singular: o parque botánico "Arco da Vella", un dos poucos que acollen únicamente especies autóctonas ao carón da ribeira do río Eifonso.

O percorrido arranca da Capela dos Ramallos ou de San Cibrán (premer aqui) e transcorre por un tramo do sendeiro do Eifonso ata o barrio de Mourelle. Antes de chegar á estrada desvíase e volve a subir ata Os Ramallos.

Son aproximadamente 3 quilómetros, pero de gran intensidade posto que nos atoparemos unha combinación de 7 contidos (como os 7 cores do arco da vella): árbores, arbustes e gabeadoras, pequenas plantas e cogomelos, fauna, auga, patrimonio etnográfico e creacións artísticas coma a escultura de Land-Art. Tamén poderemos coñecer de preto a lenda do Arco da Vella. Pódense contemplar múltiples elementos interpretativos a medida que se fai o percorrido: paneis verticais (premer) e paneis horizontais (premer)

Para as inscricións empregar a solapa INSCRICIÓNS (premer)


9 oct. 2016

VISITA AO PARQUE BOTÁNICO DO ARCO DA VELLA (BEMBRIVE) O 12 DE OUTUBRO


Aproveitando a ponte do Pilar, Montes de Vigo organiza xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive unha visita guiada ao Parque Botánico do Arco da Vella localizada no tramo inferior do sendeiro do río Eifonso (PR-G5)
A ruta interpretativa é semicircular, con aproximadamente 3 km de lonxitude, partindo da escultura Land-Art (arte na natureza) que se atopa na Carballeira dos Ramallos

A convocatoria é as 10:30 na Capela de San Cibrao ou dos Ramallos (ver localización) e está previsto que remate sobre as 13:30.

Na visita terase ocasión de coñecer da man de Araceli Abalde, vogal de Medio Ambiente da Entidade Local Menor de Bembrive, a variedade de contidos recapitulados nos paneis colocados durante o percorrido e que conforman 7 sendas asociadas as 7 cores do Arco da Vella: árbores, arbustos e gabeadoras, pequenas plantas e cogomelos, fauna, auga, patrimonio e arte. Estes contidos proceden dun estudo realizado por Afonso González (Afonso "marabillas"), pondo a énfase na gran diversidade de especies autóctonas que existen na ribeira do río Eifonso.
Tamén haberá ocasión de coñecer a figura da mitoloxía prehistórica galega que inspira o nome do parque botánico: a Vella, que moraba as covas nos altos das montañas. Dí a lenda que un dos brazos do seu Arco descende ate o río a beber e a auga absorbida circula polas dúas faixas azuis e é liberada en forma de choiva no outro extremo do arco, regando así a terra. Tamén conta a lenda que cando o pé do Arco da Vella toca o chan, está mostrando a localización dun tesouro soterrado: unha ola chea de moedas de ouro.





De cara a aproveitala visita recopilamos nos seguintes enlaces fotografías de:

a) Paneis explicativos horizontais (premer)

b) Paneis explicativos verticais (premer)

c) Visitas organizadas previamente (premer)






26 sept. 2016

PROGRAMA DE ACTIVIDADES OUTONO 2016



Esta fin de semana arranca o mes de outubro e con el o abano de actividades que Montes de Vigo xunto coas Comunidades de Montes Veciñais asociadas ofrece durante este mes á cidadanía viguesa (premer para descargar)

1-2 outubro (quenda 1): Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

2 outubro: I Marcha ciclista polos Montes de Vigo (Parque Forestal do Vixidador) (ver detalle)

12 outubro: Visita ao Parque botánico do Arco da Vella (montes da Entidade Local Menor de Bembrive)

15-16 outubro (quenda 2)Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

22 outubro: Paseo polos montes de Oia e Saiáns, con magosto ao remate

29 outubroPaseo polos montes de Beade e Bembrive, con magosto ao remate

Inscribirse no formulario online (premer aqui) ou no teléfono 608 84 89 89

Acceso ao programa completo (premer aqui)