Mostrando entradas con la etiqueta Bembrive. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bembrive. Mostrar todas las entradas

9 abr. 2018

SEGUNDO PASEO POLOS MONTES DE VIGO O 14 DE ABRIL NO PARQUE BOTÁNICO "ARCO DA VELLA" (BEMBRIVE)



Segunda semana de Paseos polos Montes de Vigo. Nesta ocasión a proposta feita pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, é coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Bembrive. Trátase do Parque botánico "Arco da Vella" a carón do río Eifonso.

Punto de encontro: Capela dos Ramallos ou de San Cibrao (localización en Google Maps

Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas

Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.

Temas a abordar: flora e fauna dun bosque de ribeira (ver paneis), patrimonio, o río Eifonso, etc

Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)


Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.

15 may. 2017

ANDAINA POLOS MONTES DE BEMBRIVE O MÉRCORES 17 DE MAIO


A Entidade Menor Local de Bembrive organiza este mércores 17 de maio a IV Andaina polos montes de Bembrive. Máis información no blog da andaina (pincha equi)

O percorrido será de 13,9 quilómetros e partirá do Pavillón deportivo de Bembrive (ver google maps)

O prazo de inscrición está aberto ata o martes e o podedes facer a través deste enlace 

8 may. 2017

O ARCO DA VELLA DE BEMBRIVE, UN LUGAR ENCANTADOR


Resultou dun encanto especial o paseo deste sábado 6 de maio polos montes de Bembrive, e particularmente polo seu parque botánico "Arco da Vella" ao carón do rio Eifonso.

Cos comentarios de Araceli poidemos comprobar como nun pequeno traxecto xúntase unha importante cantidade de flora e fauna autóctona, ademáis de pequenos espazos dunha beleza dignos de mención con patrimonio natural e etnolóxico. Os diálogos xerados e as sensacións vividas ben pagaron a pena.

Nas fotografías (premer) recóllese só unha pequena bocanada do experimentado e para mostra un boton:





4 may. 2017

O PARQUE BOTÁNICO DO ARCO DA VELLA CENTRA O TERCEIRO PASEO POLOS MONTES DE VIGO


Os montes de Bembrive acollen este sábado 6 de maio, as 16:30, o terceiro paseo de primavera polos Montes de Vigo. Nesta ocasión visitarase un espazo singular: o parque botánico "Arco da Vella", un dos poucos que acollen únicamente especies autóctonas ao carón da ribeira do río Eifonso.

O percorrido arranca da Capela dos Ramallos ou de San Cibrán (premer aqui) e transcorre por un tramo do sendeiro do Eifonso ata o barrio de Mourelle. Antes de chegar á estrada desvíase e volve a subir ata Os Ramallos.

Son aproximadamente 3 quilómetros, pero de gran intensidade posto que nos atoparemos unha combinación de 7 contidos (como os 7 cores do arco da vella): árbores, arbustes e gabeadoras, pequenas plantas e cogomelos, fauna, auga, patrimonio etnográfico e creacións artísticas coma a escultura de Land-Art. Tamén poderemos coñecer de preto a lenda do Arco da Vella. Pódense contemplar múltiples elementos interpretativos a medida que se fai o percorrido: paneis verticais (premer) e paneis horizontais (premer)

Para as inscricións empregar a solapa INSCRICIÓNS (premer)


22 mar. 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE NOS MONTES DE BEMBRIVE


A Entidade Local Menor de Bembrive celebrou este martes 21 de marzo a día da árbore nos montes de Bembrive coa presenza de escolares dos Colexios de Chans e de Mosteiro, que fixeron prantación de castiñeiros.

O día prestouse para algunhas instantáneas como as seguintes.




30 oct. 2016

PASEO REALIZADO POLOS MONTES DAS COMUNIDADES DE BEADE E BEMBRIVE

Este sábado 29 de outubro tivo lugar o segundo Paseo polos montes de Vigo, entre as Comunidades Veciñais de Beade e de Bembrive.
A tarde presentouse estival, algo impropio desta época, o que fixo que resultase moi agradable circular polo monte. As 36 persoas participantes gozaron das cores do outono, da variedade de cogumelos, de zonas con castañas e, en definitiva, dunha auténtica sensación de monte.
Paseamos por lugares con interesantes historias como a Aldea da Fraga, a Casa das Augas ou a Capela de San Cibrao ou dos Ramallos. Neste punto arranca o Parque Botánico Arco da Vella, moi recomendable.
O percorrido pódese descargar en Wikilock (pulsar aquí).
As fotos do paseo pódense observar premendo aquí. Algunhas mostras de seguido:








27 oct. 2016

NOVAS ACTIVIDADES POLOS MONTES DE VIGO O 29 DE OUTUBRO E O 1 DE NOVEMBRO

Prosigue a programación de outono de Montes de Vigo cunha dobre proposta para gozar do outono e da historia dos montes (premer para inscribirse):

1. Paseo polos montes de Beade e Bembrive (sábado 29 outubro, 17 horas no Parque Forestal de Beade)
Como no sábado pasado, a proposta é percorrer unha parte da Comunidade de Montes de Beade onde atoparemos frondosas (agardamos que aínda queden castañas) para logo dirixirnos cara a Capela dos Ramallos en Bembrive, onde tamén atoparemos unha parte do monte de frondosas que a Entidade Local Menor de Bembrive dispón.
Voltarase ao orixe, e ben no exterior ou ben no local da Comunidade de Montes, terá lugar un sinxelo magosto entre os participantes para rematar a actividade.
Para chegar á cafetería do Parque Forestal de Beade, onde iniciaremos a actividade, podes empregar este enlace de Google Maps.


2. Percorrido polo Camiño Real entre Valladares e Comesaña (martes 1 novembro, 10:30 no Sanatorio do Alba)
Nesta ocasión pretendese pasear por algúns tramos do "camiño real" que unían o Val Miñor coa comarca do Val do Fragoso. Sairase do Sanatorio do Alba, no aparcadoiro onde se deixarán os coches, para internarse na Comunidade de Montes de Valladares.
Dado que hai un desnivel importante, tentarase combinar tramos do percorrido histórico con tramos de carretera con menor pendente.
Pasarase polo barrio de Freixo e chegarase a un dos extemos da parroquia de Comesaña, en cuxo monte atópase a fermosa rodeira recuperada pola Comunidade de Montes de Comesaña (ver foto adxunta). Esta rodeira ou "rilleira" atópase no percorrido do Sendeiro Local de Matamá-Comesaña (premer para máis información)
Para chegar ao lugar de saída podedes empregar este enlace de Google Maps.

9 oct. 2016

VISITA AO PARQUE BOTÁNICO DO ARCO DA VELLA (BEMBRIVE) O 12 DE OUTUBRO


Aproveitando a ponte do Pilar, Montes de Vigo organiza xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive unha visita guiada ao Parque Botánico do Arco da Vella localizada no tramo inferior do sendeiro do río Eifonso (PR-G5)
A ruta interpretativa é semicircular, con aproximadamente 3 km de lonxitude, partindo da escultura Land-Art (arte na natureza) que se atopa na Carballeira dos Ramallos

A convocatoria é as 10:30 na Capela de San Cibrao ou dos Ramallos (ver localización) e está previsto que remate sobre as 13:30.

Na visita terase ocasión de coñecer da man de Araceli Abalde, vogal de Medio Ambiente da Entidade Local Menor de Bembrive, a variedade de contidos recapitulados nos paneis colocados durante o percorrido e que conforman 7 sendas asociadas as 7 cores do Arco da Vella: árbores, arbustos e gabeadoras, pequenas plantas e cogomelos, fauna, auga, patrimonio e arte. Estes contidos proceden dun estudo realizado por Afonso González (Afonso "marabillas"), pondo a énfase na gran diversidade de especies autóctonas que existen na ribeira do río Eifonso.
Tamén haberá ocasión de coñecer a figura da mitoloxía prehistórica galega que inspira o nome do parque botánico: a Vella, que moraba as covas nos altos das montañas. Dí a lenda que un dos brazos do seu Arco descende ate o río a beber e a auga absorbida circula polas dúas faixas azuis e é liberada en forma de choiva no outro extremo do arco, regando así a terra. Tamén conta a lenda que cando o pé do Arco da Vella toca o chan, está mostrando a localización dun tesouro soterrado: unha ola chea de moedas de ouro.





De cara a aproveitala visita recopilamos nos seguintes enlaces fotografías de:

a) Paneis explicativos horizontais (premer)

b) Paneis explicativos verticais (premer)

c) Visitas organizadas previamente (premer)






26 sept. 2016

PROGRAMA DE ACTIVIDADES OUTONO 2016



Esta fin de semana arranca o mes de outubro e con el o abano de actividades que Montes de Vigo xunto coas Comunidades de Montes Veciñais asociadas ofrece durante este mes á cidadanía viguesa (premer para descargar)

1-2 outubro (quenda 1): Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

2 outubro: I Marcha ciclista polos Montes de Vigo (Parque Forestal do Vixidador) (ver detalle)

12 outubro: Visita ao Parque botánico do Arco da Vella (montes da Entidade Local Menor de Bembrive)

15-16 outubro (quenda 2)Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

22 outubro: Paseo polos montes de Oia e Saiáns, con magosto ao remate

29 outubroPaseo polos montes de Beade e Bembrive, con magosto ao remate

Inscribirse no formulario online (premer aqui) ou no teléfono 608 84 89 89

Acceso ao programa completo (premer aqui)