Mostrando entradas con la etiqueta Candeán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Candeán. Mostrar todas las entradas

24 abr. 2018

CUARTO PASEO POLOS MONTES DE VIGO O 28 DE ABRIL NOS MONTES DE CANDEÁN


Paseos polos montes de Vigo: Sendeiro Local de Candeán

Seguindo cos paseos propostos pola Concellería de Medio Ambiente e a Mancomunidade de Montes de Vigo de cara a coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Vigo, nesta ocasión toca achegarse aos montes de Candeán, no entorno do Parque Forestal de Vixiador. Un lugar moi agraciado na primavera.

Punto de encontro: Cafetería do Parque Forestal do Vixiador (localización en Google Maps
Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas
Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.
Temas a abordar: flora e fauna dos montes de Candeán, a ruta dos Dolmens, etc

Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)

Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.

9 mar. 2017

PLANTACIÓN ESCOLAR NOS MONTES DE CANDEÁN


Nunha mañá expléndida, o alumnado de 4º do Colexio Miralba participou na plantación organizada por Montes de Vigo e a Comunidade de Montes de Candeán. Os máis de 70 alumnos e alumnas participantes poideron comprobar de preto como é o traballo nunha comunidade de montes para conservar o monte, erradicando especies invasoras e promovendo especies autóctonas como o carballo.
Esta repoboación simbólica pretende dar a coñecer o traballo que se leva facendo en 9 comunidades de montes de Vigo co patrocinio da Concellería de Parques e Xardíns de Vigo e que neste ano supón a plantación de 1100 castiñeiros micorrizados.
Ao rematar a plantación o alumnado realizou unha parte do traxecto do sendeiro local de Candeán, deténdose en lugares de particular interese como a plantación de oliveiras promovida pola comunidade de montes ou na Lagoa de Seixo, cunha destacada biodiversidade e un lugar especial para os anfibios.



6 nov. 2016

PASEO REALIZADO POLAS COMUNIDADES DE CANDEÁN E CABRAL

Este sábado 5 de novembro tivo lugar o terceiro Paseo polos Montes de Vigo, entre as Comunidades Veciñais de Candeán e Cabral.
Despois do chaparrón de medio dia, a tarde quedou moi agradable para pasear polo monte. A luz envolvente e as follas polo chan protagonizaron un percorrido de no que se poido contemplar un auténtico "parque temático" forestal debido á variedade de plantacións que nos poidemos atopar. Tamén poidose comprobar o contraste da xestión forestal das comunidades co abandono das propiedades privadas. Todo isto pódese comprobar nas fotos subidas (premer aqui), das cales aparecen un mostra abaixo.
Tamén foi salientable o rato agradable no terceiro tempo vivido na cafetería do Parque forestal de Candeán, onde saboreáronse as castañas tanto cocidas como asadas e o viño novo e, por suposto, deu vagar para a conversa sosegada.
O percorrido pódese descargar en Wikilock (pulsar aqui)





2 nov. 2016

ADIANTASE AS 16:30 O PASEO POR CANDEÁN E CABRAL


Debido ao cambio de hora, procédese a adiantar as 16:30 a saída do Paseo por Candeán e Cabral do vindeiro sábado 5 de novembro.
Neste paseo farase un percorrido polo monte de Vixiador da Comunidade de Montes de Candeán, a meirande parte chairo, para achegarnos ao monte de Bandeira pertencente á Comunidade de Montes de Cabral. No percorrido verase unha variedade de plantacións interesante froito do traballo de recuperación dos últimos lustros.
Á volta, na cafetería do Parque forestal de Vixiador, terá lugar o magosto e poderanse recuperar forzas.
Para chegar ao inicio da actividade no Parque forestal de Vixiador pódese premer neste enlace de Google Maps.
Para inscribirse na actividade premer aqui.

4 oct. 2016

MÁIS DUN CENTO DE CICLISTAS POLOS MONTES DE VIGO

Este domingo 2 de outubro tivo lugar a I Marcha ciclista polos montes de Vigo con máis dun cento de ciclistas convocados por A golpe de pedal en colaboración con Montes de Vigo
Atravesáronse os montes de Candeán, Teis e Cabral en dúas horas e contou coa presenza dos concelleiros de tráfico, Carlos López Font, e concelleiro de Fomento, David Regades. Máis información na nova recollida en Atlántico Diario 


27 sept. 2016

I MARCHA CICLISTA POLOS MONTES DE VIGO O 2 DE OUTUBRO EN VIXIADOR



Montes de Vigo, en colaboración coa Asociación A Golpe de Pedal, convoca para este domingo 2 de outubro, as 11 horas a I Marcha Ciclista polos Montes de Vigo.
O percorrido ten 12,4 km, sae dende o Monte Vixiador e atravesa as Comunidades de Monte de Candeán, Cabral e Teis (ver trazado no gráfico de Google Earth)
Podedes inscribiros ata o sábado premendo aqui.