Mostrando entradas con la etiqueta Comesaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comesaña. Mostrar todas las entradas

13 nov. 2018

V XORNADAS "FROITOS DO NOSO MONTE" O XOVES 15 EN COMESAÑA


O vindeiro xoves 15 de novembro terá lugar a Vª edición das Xornadas "Froitos do noso monte" que organiza Montes de Vigo. Como é costume terá lugar na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius de Comesaña (ver localización Google Maps).

Nesta edición a temática a abordar a partir das 19:30 será o "Aproveitamento micolóxico sostible versus incendios forestais", a cargo da experta Marisa Castro, da Universidade de Vigo.

Posteriormente haberá unha degustación de cogomelos e castañas asadas a cargo da Agrupación micolóxica A Zarrota.

A inscrición pódese facer AQUI


13 nov. 2016

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA III XORNADAS "FROITOS DO MONTE"



Montes de Vigo convoca as III Xornadas "Froitos do noso monte" para o venres 18 de novembro, as 19:00.

Trátase dunha xornada de intercambio para comuneiros/as e público en xeral en relación coa explotación dos montes veciñais en man común. 

19:00 Apertura e presentación
19:10 As plantacións de oliveira en Galicia (José Galán) 
A historia da oliveira en Galicia | A olivicultura moderna na nosa comunidade | Realizacións de plantacións de oliveiras en Galicia | Coidados básicos e rendibilidade
19:50 O mundo dos cogomelos (Manuel Domínguez Rey)
Nutrición, crecemento e reprodución | Partes e crecemento dun cogomelo | Consellos de recolección e comportamento | Lexislación | Clasificación
20:30 Degustación de cogomelos e de castañas asadas (Ag. Micolóxica A Zarrota)

Lugar de realización: Asociación veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius (Camiño Sanin 54 Comesaña-Vigo) (premer para a localización)
Gratuíto para comuneiros/as e membros do Club de amigos/as dos montes de Vigo.
Inscrición (premer aqui)

31 oct. 2016

PERCORRIDO POLO CAMIÑO REAL NOS MONTES DE VALLADARES E COMESAÑA

Este martes 1 de novembro, as 10:30 no Sanatorio do Alba, terá lugar un percorrido polos montes de Valladares e de Comesaña co obxecto de achegarnos aos "camiños reais", as antigas estradas que comunicaban as principais localidades.
Nos montes de Valladares circularemos polada variante que procedente de Tui, pasaba por Gondomar e Vincios, para dirixirse a Castrelos e finalmente a Vigo.
Nos montes  de Comesaña simplemente tocaremos un tramo que se aproximaría á variante que tamén procedente de Tui entraba por Ramallosa, San Miguel de Oia, San Andrés e por distintas vías remataba en Vigo. Neste traxecto, coñeceremos un lugar cunha rodeiras de carro moi chamativas e que está inserta no sendeiro local de Comesaña.
A modo de aproximación ao percorrido subimos os seguintes mapas: unha reconstrucción dos camiños reais dende Tui a Vigo, e un detalle da área que circularemos nos montes de Valladares e de Comesaña


28 oct. 2016

VISITA DO CEIP PARROCO D.CAMILO Á RUTA DOS MUIÑOS DE SAN ANDRÉS

A Comunidade de Montes de San Andrés de Comesaña promoveu co CEIP Párroco D. Camilo a visita á ruta dos Muiños de San Andrés, así como o coñecemento do patrimonio etnográfico da parroquia. Asistiron arredor de 135 rapaces e rapazas dende 3º a 6º de primaria, cun nivel de participación e implicación moi intenso. Algunhas mostras:




27 oct. 2016

NOVAS ACTIVIDADES POLOS MONTES DE VIGO O 29 DE OUTUBRO E O 1 DE NOVEMBRO

Prosigue a programación de outono de Montes de Vigo cunha dobre proposta para gozar do outono e da historia dos montes (premer para inscribirse):

1. Paseo polos montes de Beade e Bembrive (sábado 29 outubro, 17 horas no Parque Forestal de Beade)
Como no sábado pasado, a proposta é percorrer unha parte da Comunidade de Montes de Beade onde atoparemos frondosas (agardamos que aínda queden castañas) para logo dirixirnos cara a Capela dos Ramallos en Bembrive, onde tamén atoparemos unha parte do monte de frondosas que a Entidade Local Menor de Bembrive dispón.
Voltarase ao orixe, e ben no exterior ou ben no local da Comunidade de Montes, terá lugar un sinxelo magosto entre os participantes para rematar a actividade.
Para chegar á cafetería do Parque Forestal de Beade, onde iniciaremos a actividade, podes empregar este enlace de Google Maps.


2. Percorrido polo Camiño Real entre Valladares e Comesaña (martes 1 novembro, 10:30 no Sanatorio do Alba)
Nesta ocasión pretendese pasear por algúns tramos do "camiño real" que unían o Val Miñor coa comarca do Val do Fragoso. Sairase do Sanatorio do Alba, no aparcadoiro onde se deixarán os coches, para internarse na Comunidade de Montes de Valladares.
Dado que hai un desnivel importante, tentarase combinar tramos do percorrido histórico con tramos de carretera con menor pendente.
Pasarase polo barrio de Freixo e chegarase a un dos extemos da parroquia de Comesaña, en cuxo monte atópase a fermosa rodeira recuperada pola Comunidade de Montes de Comesaña (ver foto adxunta). Esta rodeira ou "rilleira" atópase no percorrido do Sendeiro Local de Matamá-Comesaña (premer para máis información)
Para chegar ao lugar de saída podedes empregar este enlace de Google Maps.