Mostrando entradas con la etiqueta Coruxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coruxo. Mostrar todas las entradas

20 mar. 2018

PLANTACIÓN NA COMUNIDADE DE MONTES DE CORUXO CO COLEXIO MIRALBA


O alumnado de 4º de primaria do Colexio Miralba participaron esta mañá nunha intensa sesión de plantación de preto de 90 castiñeiros na Comunidade de Montes de Coruxo. Tamén poideron visitar distintas zonas afectadas polos incendios nesta comunidade e comprender as distintas consecuencias nos montes de frondosas e nos montes de piñeiro e eucalipto.
O presidente da Comunidade de Montes de Coruxo ilustrou o traballo que se está a facer e acompañou no proceso de plantación.




24 feb. 2018

O ALUMNADO DO CEIP RÍA DE VIGO FAI UNHA PLANTACIÓN NOS MONTES DE OIA E VISITA ZONAS QUEIMADAS


Este venres 23 de febreiro tocoulle ao alumnado de 5º e 6º do CEIP Ría de Vigo achegarse ata os Montes de Oia á facer a súa pequena contribución á creación dun anel verde nos montes de Vigo. Plantaron castiñeiros froito das contribucións solidarias recibidas na Mancomunidade de Montes de Vigo e poideron entender a importancia de contar cos montes coidados nas zonas limítrofes da cidade.

Previamente á plantación realizouse unha visita guiada ata os montes de Coruxo limítrofes cos montes de Oia onde chegou o lume. Poideron comprobar a diferencia existente e as actuacións de prevención de escorrentías así como as futuras accións de rexeneración.


24 abr. 2017

A SENDA ARQUEOLÓXICA DE CORUXO REMATOU COA LENDA DA PEDRA DA MOURA



Este pasado sábado principiaron os Paseos polos Montes de Vigo na súa edición de primavera'17. O primeiro tivo lugar nos montes de Coruxo e permitiu contemplar a riqueza e variedade de petroglifos concentrada neste lugar.

Ver fotos do paseo neste enlace (premer) e fotos feitas poloos nenos/as no safari fotográfico (premer)



Participaron 40 persoas que ao longo de máis de 7 quilómetros gozaron dun expléndido día, unhas vistas panorámicas moi relaxantes e, ao final, da man de Antonio, o presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, dunhas historias moi interesantes sobre a Pedra Moura

Ver vídeo adxunto.






19 abr. 2017

PRIMEIRO PASEO DE PRIMAVERA POLA SENDA ARQUEOLÓXICA DE CORUXO



Os paseos polos montes de Vigo principian este sábado 22 de abril, as 16:30, coa visita á senda arqueolóxica nos montes de Coruxo. O lugar de quedada é diante da sede da Comunidade de Montes de Coruxo, en Fragoselo (premer para localizar)

Para acceder á inscrición premer neste enlace. Lembrar que se te inscribes no lugar de inicio no Clube de amigos/as dos montes de Vigo a achega é de 1 euro. Os menores de idade participan de balde.

Os montes de Vigo posúen unha grande riqueza de patrimonio arqueolóxico. No seu día publicouse un monográfico (premer) no que se facía unha interesante recopilación ao respecto.

Precisamente no paseo deste sábado vaise poder ollar unha parte do que se atopa nun dos montes con máis cantidade e variedade de expresións arqueolóxicas: os montes de Coruxo. Son coñecidos os petroglifos de Pedra Moura ou O Carballoso, pero hai máis exemplos (ver en mapa adxunto) así como a Mámoa de Chan Grande. Estades convidados a facer unha aproximación a este mundo e asemade gozar da riqueza natural e paisaxística do lugar.

Neste enlace podedes ver en Wikilock o percorrido e os petroglifos que imos visitar