Mostrando entradas con la etiqueta Froitos do noso monte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Froitos do noso monte. Mostrar todas las entradas

16 nov. 2018

APROVEITAMENTO MICOLÓXICO SOSTIBLE A CARGO DE MARISA CASTRO


Dentro da Vª Xornada "Froitos do noso monte" organizada por Montes de Vigo, contouse con Marisa Castro, especialista en micoloxía da Universidade de Vigo, que nos deleitou cunha charla titulada "Aproveitamento micolóxico sostible versus incendios forestais".

Houbo ocasión de entender como afectan os incendios á produción de cogomelos e como cómpre plantexarse unha estratexia de producción rendible e ao mesmo tempo sostible nos montes galegos, A hipótese é que se fai axeitadamente mesmo pode dar máis rendemento que a madeira, o cal quedou demostrado cos escasos datos dispoñibles.

A ponencia está dispoñible neste enlace de Youtube (PREMER) para quen estea interesado nela.


13 nov. 2018

V XORNADAS "FROITOS DO NOSO MONTE" O XOVES 15 EN COMESAÑA


O vindeiro xoves 15 de novembro terá lugar a Vª edición das Xornadas "Froitos do noso monte" que organiza Montes de Vigo. Como é costume terá lugar na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius de Comesaña (ver localización Google Maps).

Nesta edición a temática a abordar a partir das 19:30 será o "Aproveitamento micolóxico sostible versus incendios forestais", a cargo da experta Marisa Castro, da Universidade de Vigo.

Posteriormente haberá unha degustación de cogomelos e castañas asadas a cargo da Agrupación micolóxica A Zarrota.

A inscrición pódese facer AQUI


19 nov. 2016

INTENSA XORNADA DE FROITOS DO NOSO MONTE EN COMESAÑA

A III Xornada de "Froitos do noso monte" tivo lugar este venres na Asociación Veciñal Nautilius de Comesaña cunha participación de preto de 50 asistentes e cunha intensa exposición dos dous temas seleccionados: as plantacións de oliveiras e o mundo dos cogomelos. Nos turnos de preguntas sairon a colación temas que lles preocupan aos comuneiros en relación coa xestión dos seus montes.
Posteriormente tivo lugar unha degustación dos froitos do monte (cogomelos e castañas) que resultou a delicia dos participantes.






17 nov. 2016

OS COGOMELOS NAS XORNADAS "FROITOS DO MONTE" DESTE VENRES 18



Os cogomelos son moi especiais: uns cómense e outros non.
Por iso Manuel Domínguez, licenciado en bioloxía e educador ambiental impartirá unha charla que axude a entendelos e gozalos. Porque non só se comen, xogan un gran papel no ecosistema do monte.
Tras as intervencións haberá cogomelos e castañas asadas preparadas de xeito especial pola Asociación Micolóxica A Zarrota.
Podes estar ben informad@ asistindo as III Xornadas "Froitos do Noso Monte" deste venres 18, as 19.00h, na Asociación veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius (Camiño Sanin 54 Comesaña-Vigo).
Máis info e inscricións no blog da Área do Uso social de Montes de Vigo.
http://montesdevigo.blogspot.com.es/2016/11/aberto-o-prazo-de-inscricion-para-iii.html


13 nov. 2016

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA III XORNADAS "FROITOS DO MONTE"



Montes de Vigo convoca as III Xornadas "Froitos do noso monte" para o venres 18 de novembro, as 19:00.

Trátase dunha xornada de intercambio para comuneiros/as e público en xeral en relación coa explotación dos montes veciñais en man común. 

19:00 Apertura e presentación
19:10 As plantacións de oliveira en Galicia (José Galán) 
A historia da oliveira en Galicia | A olivicultura moderna na nosa comunidade | Realizacións de plantacións de oliveiras en Galicia | Coidados básicos e rendibilidade
19:50 O mundo dos cogomelos (Manuel Domínguez Rey)
Nutrición, crecemento e reprodución | Partes e crecemento dun cogomelo | Consellos de recolección e comportamento | Lexislación | Clasificación
20:30 Degustación de cogomelos e de castañas asadas (Ag. Micolóxica A Zarrota)

Lugar de realización: Asociación veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius (Camiño Sanin 54 Comesaña-Vigo) (premer para a localización)
Gratuíto para comuneiros/as e membros do Club de amigos/as dos montes de Vigo.
Inscrición (premer aqui)