Mostrando entradas con la etiqueta Matamá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matamá. Mostrar todas las entradas

28 abr. 2018

PLANTACIÓN DE RUSCO EN MONTES DE MATAMÁ EN COLABORACIÓN CON TENDAS SÉMOLA


A pesares das amezas de choiva, un grupo de máis de 25 familias achegáronse aos Montes de Matamá a participar na acción "Somos de Monte" promovida dende as Tendas Sémola en colaboración coa Comunidade de Montes de Matamá e con Montes de Vigo.

Un total de 100 plantas de rusco foron transplantadas na Fraga de Alvorezas, servendo de mostra de como a cidadanía pode implicarse na rexeneración dos montes de Vigo. As sensacións das familias participantes resultaron satisfactorias e tamén serveu para comprender as consecuencias dos incendios e como nos montes pode haber moitas iniciativas nas que participar.

O presidente da Mancomunidade de Montes de Matamá, Indalecio, presentou algunhas das accións educativas e de conservación que se están a desenvolver nos Montes de Matamá. En particular, na acción de caixas niño está apoiando as Tendas Sémola.

En definitiva, unha tarde intensa e completa de experiencias tal e como se recollen nas fotos (premer). Para mostra un botón:






18 abr. 2018

ACCIÓN SOLIDARIA CON SÉMOLA NOS MONTES DE MATAMÁ PASA AO 28 DE ABRIL

ATENCIÓN: CAMBIO DE DATA AO SÁBADO 28 ABRIL, 16H.

Sémola - Pan y Dulces, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, promove unha acción solidaria dentro da Campaña "Somos de Monte" consistente en por en valor o traballo no monte de Vigo.

Para este fin, Sémola vai adicar os 1.400 euros recadados na campaña de nadal á reforestación na Comunidade de Montes de Matamá, invitando á cidadanía viguesa representada en 25 familias.

Data da actividade: Sábado 28 de abril, 16:30h.
Lugar da actividade: Parque Forestal de Maruxento da C.M. de Matamá (ver localización)
Programa: Camiñata ata á Fraga de Alvorezas, Plantación de arbustos, Actividades interpretativas

Inscrición: Tendas Sémola ou neste blog (premer aqui)

Máis info: Tendas Sémola (Marqués de Valladares 14, Avda Camelias 62 e Porta do Sol 10) ou no  teléfono 608 046 047

17 mar. 2018

PLANTACIÓN NA COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ EN COLABORACIÓN CON SÉMOLA


Sémola promoveu unha plantación na  Comunidade de Montes de Matamá en colaboración coa Ampa de Villa Laura, así como con Montes de Vigo.

Foron 50 castiñeiros que se poideron plantar nunha tarde fermosa e cunhas vistas panorámicas de Vigo moi espectaculares.

Aparte de ensinar a plantar árbores, Indalecio, o presidente da Comunidade de Montes, explicoulle a nenos/as e nais/pais algunhas curiosidades do que acontece nos montes.




5 mar. 2018

A COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ ACOLLE A INICIATIVA #CCMEREFOREST DE COCA COLA


Este domingo 4 de marzo tivo lugar na Comunidade de Montes de Matamá unha acción de reforestación a cargo da iniciativa #CCMEReforest de Coca Cola promovida por Tony Aguilar de LOS40 e apadrinada polos grupos Furious Monkey House e Atacados. Máis info da iniciativa neste enlace (premer)

Aproveitando unha tregua climatolóxica realizouse a actividade de plantación de máis de 100 árbores autóctonas nun dos espazos queimados na Comunidade de Montes.


Na acción, o presidente da C.M. de Matamá, Indalecio, explicou aos participantes os danos ocasionados polo lume e a estratexia de reforestación que adoptou a comunidade que dirixe.



17 nov. 2016

VISITA DO CEIP JOSEFA ALONSO Á COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ

A Comunidade de Montes de Matamá acolleu no Parque Forestal do Maruxento ao alumnado de 4º, 5º e 6º do CEIP Josefa Alonso.
Un total de 50 rapaces e rapazas que experimentaron a fondo as sensacións do monte no outono e poideron comprobar a variedade de árbores que hai no parque, a múltiple fauna que habita no monte de Matamá, así como o traballo de conservación que fan os/as comuneiros/as de Matamá, algúns dos cales estiveron presentes.
A mañá estivo fría pero rápidamente se entrou en calor coas actividades programadas. Algunhas instantáneas das mesmas son as seguintes: