Mostrando entradas con la etiqueta Oia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oia. Mostrar todas las entradas

25 feb. 2018

A PLANTACIÓN NO ANEL VERDE RECOLLIDA NOS MEDIOS E EN VIDEO


A actividade de plantación promovida por Montes de Vigo en colaboración co Coca Cola contou coa participación de preto de 100 persoas e desenvolveuse nos montes de Oia cunha gran implicación dos participantes.

120 foron os castiñeiros plantados e que, á súa vez, foron doados por diversos colectivos e empresas. Cubriron unha franxa importante da beira do GR-53 ao seu paso polos montes de Oia, e que conforma un dos tramos do anel verde que as comunidades de montes están a promover nos montes periurbanos de Vigo.

Ao finalizar a actividade realizouse un paseo polo GR-53 (Senda panorámica de Vigo) ata os montes de Coruxo, onde se poido comprobar cales foron os efectos dos incendios.


A actividade foi recollida nos medios de comunicación (Faro de Vigo, La Voz de Galicia-Vigo e Atlántico Diario)

Tamén se realizou un pequeno video recordatorio do día





24 feb. 2018

CONCURRIDA PLANTACIÓN COAS FAMILIAS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA REXENERAMOS OS MONTES DE VIGO


A Mancomunidade de montes de Vigo en colaboración con Coca Cola promoveron a plantación de 150 castiñeiros con familias viguesas que partiparon na campaña Rexeneramos os montes de Vigo - Eventos con Buen Ambiente de Coca Cola 

Con esta acción realizada no tramo de anel verde situado nos montes de san miguel de oia principian unha serie de plantacións que contan co respaldo das 13 comunidades de montes de Vigo e na que participan centros educativos, colectivos e empresas. 



O ALUMNADO DO CEIP RÍA DE VIGO FAI UNHA PLANTACIÓN NOS MONTES DE OIA E VISITA ZONAS QUEIMADAS


Este venres 23 de febreiro tocoulle ao alumnado de 5º e 6º do CEIP Ría de Vigo achegarse ata os Montes de Oia á facer a súa pequena contribución á creación dun anel verde nos montes de Vigo. Plantaron castiñeiros froito das contribucións solidarias recibidas na Mancomunidade de Montes de Vigo e poideron entender a importancia de contar cos montes coidados nas zonas limítrofes da cidade.

Previamente á plantación realizouse unha visita guiada ata os montes de Coruxo limítrofes cos montes de Oia onde chegou o lume. Poideron comprobar a diferencia existente e as actuacións de prevención de escorrentías así como as futuras accións de rexeneración.


26 oct. 2016

VISITA DO CEIP RÍA DE VIGO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SAN MIGUEL DE OIA

A Comunidade de Montes de San Miguel de Oia principiou coas visitas escolares aos montes de Vigo. O alumnado de 5º e 6º do CEIP Ría de Vigo participou nas actividades de coñecemento do monte que se realizan tanto na aula como, posteriormente, no monte.
Tiveron ocasión de coñecer entre outras cuestións como funcionan as Comunidades de Montes, que flora e fauna se pode atopar nos montes de Oia e cal é o impacto humano nos montes.
Algunhas instantáneas da sesión do monte foron:




23 oct. 2016

PASEO REALIZADO POLOS MONTES DAS COMUNIDADES DE OIA E SAIÁNS

Este sábado 22 de outubro principiaron os Paseos polos montes de Vigo e achegámonos as Comunidades de Montes Veciñais de Oia e de Saiáns
Cunha climatoloxía moi agradable a pesar da mala previsión, realizaron o paseo 42 persoas e poideron comprobar dun xeito lúdico como o monte se viste de outono. 
Guiaron o paseo Manolo e Uxío, os presidentes das comunidades de Oia e Saiáns, e poidemos achegarnos a algúns dos soutos de castiñeiros que se atopan en plena eferverscencia, así como a algúns puntos de interese paisaxístico (p.e: Tres Outeiros) e algúns dos lugares onde están traballando intensamente na recuperación de especies autóctonas e expulsión de alóctonas, fundamentalmente acacia.
O percorrido pódese descargar en Wikilock (pulsar aqui). O primeiro tramo é reconstruído.
As fotos do paseo pódense observar premendo aqui. Algunhas mostras a continuación:






26 sept. 2016

PROGRAMA DE ACTIVIDADES OUTONO 2016



Esta fin de semana arranca o mes de outubro e con el o abano de actividades que Montes de Vigo xunto coas Comunidades de Montes Veciñais asociadas ofrece durante este mes á cidadanía viguesa (premer para descargar)

1-2 outubro (quenda 1): Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

2 outubro: I Marcha ciclista polos Montes de Vigo (Parque Forestal do Vixidador) (ver detalle)

12 outubro: Visita ao Parque botánico do Arco da Vella (montes da Entidade Local Menor de Bembrive)

15-16 outubro (quenda 2)Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

22 outubro: Paseo polos montes de Oia e Saiáns, con magosto ao remate

29 outubroPaseo polos montes de Beade e Bembrive, con magosto ao remate

Inscribirse no formulario online (premer aqui) ou no teléfono 608 84 89 89

Acceso ao programa completo (premer aqui)