Mostrando entradas con la etiqueta Plantación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plantación. Mostrar todas las entradas

18 abr. 2018

ACCIÓN SOLIDARIA CON SÉMOLA NOS MONTES DE MATAMÁ PASA AO 28 DE ABRIL

ATENCIÓN: CAMBIO DE DATA AO SÁBADO 28 ABRIL, 16H.

Sémola - Pan y Dulces, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, promove unha acción solidaria dentro da Campaña "Somos de Monte" consistente en por en valor o traballo no monte de Vigo.

Para este fin, Sémola vai adicar os 1.400 euros recadados na campaña de nadal á reforestación na Comunidade de Montes de Matamá, invitando á cidadanía viguesa representada en 25 familias.

Data da actividade: Sábado 28 de abril, 16:30h.
Lugar da actividade: Parque Forestal de Maruxento da C.M. de Matamá (ver localización)
Programa: Camiñata ata á Fraga de Alvorezas, Plantación de arbustos, Actividades interpretativas

Inscrición: Tendas Sémola ou neste blog (premer aqui)

Máis info: Tendas Sémola (Marqués de Valladares 14, Avda Camelias 62 e Porta do Sol 10) ou no  teléfono 608 046 047

20 mar. 2018

PLANTACIÓN NA COMUNIDADE DE MONTES DE CORUXO CO COLEXIO MIRALBA


O alumnado de 4º de primaria do Colexio Miralba participaron esta mañá nunha intensa sesión de plantación de preto de 90 castiñeiros na Comunidade de Montes de Coruxo. Tamén poideron visitar distintas zonas afectadas polos incendios nesta comunidade e comprender as distintas consecuencias nos montes de frondosas e nos montes de piñeiro e eucalipto.
O presidente da Comunidade de Montes de Coruxo ilustrou o traballo que se está a facer e acompañou no proceso de plantación.




17 mar. 2018

PLANTACIÓN NA COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ EN COLABORACIÓN CON SÉMOLA


Sémola promoveu unha plantación na  Comunidade de Montes de Matamá en colaboración coa Ampa de Villa Laura, así como con Montes de Vigo.

Foron 50 castiñeiros que se poideron plantar nunha tarde fermosa e cunhas vistas panorámicas de Vigo moi espectaculares.

Aparte de ensinar a plantar árbores, Indalecio, o presidente da Comunidade de Montes, explicoulle a nenos/as e nais/pais algunhas curiosidades do que acontece nos montes.




24 feb. 2018

PRINCIPIA A CAMPAÑA "REXENERAMOS OS MONTES DE VIGO"


A Mancomunidade de Montes de Vigo e as 13 Comunidades de Montes Veciñais asociadas levan recibido múltiples mostras de solidariedade dende que en outubro de 2017 tiveron lugar os incendios que asolaron un terzo da masa forestal de Vigo. Algunhas das colaboración foron monetarias e outras en planta que se está depositando nos distintos viveiros cos que contan as comunidades de montes.

O compromiso de Montes de Vigo é adicar os recursos recibidos á rexeneración dos montes queimados e a iniciar o Anel verde que atravese os montes das distintas comunidades. Neste mes de febreiro e durante o mes de marzo terán lugar as plantacións con centros educativos das parroquias, con diversos colectivos e con empresas patrocinadoras. Particularmente a primeira gran plantación terá lugar o próximo sábado 24.



Campaña "Rexeneramos os montes de Vigo" patrocinada por Coca Cola.
O sábado 24 de febreiro nos montes de Oia está previsto celebrar unha plantación de castiñeiros dentro da Campaña "Rexeneramos os Montes de Vigo" patrocinada por Coca Cola, cos participantes nos obradoiros familiares de Vigolandia realizados no nadal en IFEVI.

INSCRICIÓN: PREMER FORMULARIO AQUI

Data plantación: 24 de febreiro, 16:30
Participantes: familias inscritas no obradoiro de Vigolandia17
Lugar de encontro: Parque Forestal de Oia (premer en Google Maps)

18 feb. 2018

DOAZÓN DE PIÑEIROS POLAS EIM MESTRES GOLDAR E SANTA CRISTINA


Este sábado 17 de febreiro as Escolas Infantís Municipais Mestres Goldar e Santa Cristina fixeron unha doazón de 73 piñeiros para a Campaña "Rexeneremos os montes de Vigo" que está a promover a Mancomunidade de Montes de Vigo xunto coas 13 Comunidades de Montes Veciñais membro.




Estes piñeiros foron doados por Viveros Flores de Lavadores e plantados nas correspondentes macetas polas crianzas das escolas infantís xunto coas súas familias e equipo educativo.


22 mar. 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE NOS MONTES DE BEMBRIVE


A Entidade Local Menor de Bembrive celebrou este martes 21 de marzo a día da árbore nos montes de Bembrive coa presenza de escolares dos Colexios de Chans e de Mosteiro, que fixeron prantación de castiñeiros.

O día prestouse para algunhas instantáneas como as seguintes.




9 mar. 2017

PLANTACIÓN ESCOLAR NOS MONTES DE CANDEÁN


Nunha mañá expléndida, o alumnado de 4º do Colexio Miralba participou na plantación organizada por Montes de Vigo e a Comunidade de Montes de Candeán. Os máis de 70 alumnos e alumnas participantes poideron comprobar de preto como é o traballo nunha comunidade de montes para conservar o monte, erradicando especies invasoras e promovendo especies autóctonas como o carballo.
Esta repoboación simbólica pretende dar a coñecer o traballo que se leva facendo en 9 comunidades de montes de Vigo co patrocinio da Concellería de Parques e Xardíns de Vigo e que neste ano supón a plantación de 1100 castiñeiros micorrizados.
Ao rematar a plantación o alumnado realizou unha parte do traxecto do sendeiro local de Candeán, deténdose en lugares de particular interese como a plantación de oliveiras promovida pola comunidade de montes ou na Lagoa de Seixo, cunha destacada biodiversidade e un lugar especial para os anfibios.



7 feb. 2017

MONTES DE VIGO PRINCIPIA 2017 COA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS

A Mancomunidade de Montes de Vigo, en colaboración coa Concellería de Montes, Parques e Xardíns do Concello de Vigo, teñen previsto desenvolver entre febreiro e marzo a plantación de 1.100 castiñeiros micorrizados nos montes de Zamáns, Teis, Bembrive, Comesaña, Beade, Cabral, Saiáns, Candeán e Valladares.

Nesta actuación participaran comuneiros das distintas Comunidades de montes, así como nalgúns dos casos colexios invitados.