Mostrando entradas con la etiqueta Programación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programación. Mostrar todas las entradas

13 nov. 2018

V XORNADAS "FROITOS DO NOSO MONTE" O XOVES 15 EN COMESAÑA


O vindeiro xoves 15 de novembro terá lugar a Vª edición das Xornadas "Froitos do noso monte" que organiza Montes de Vigo. Como é costume terá lugar na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius de Comesaña (ver localización Google Maps).

Nesta edición a temática a abordar a partir das 19:30 será o "Aproveitamento micolóxico sostible versus incendios forestais", a cargo da experta Marisa Castro, da Universidade de Vigo.

Posteriormente haberá unha degustación de cogomelos e castañas asadas a cargo da Agrupación micolóxica A Zarrota.

A inscrición pódese facer AQUI


5 nov. 2018

MONTES DE VIGO COLABORA NA ORGANIZACIÓN DUNHAS XORNADAS SOBRE OS MONTES PERIURBANOS


Dentro da programación de actos "1º ano rexenerando os montes de Vigo", a Mancomunidade de Montes de Vigo colabora xunto coa Asociación Forestal de Galicia na organización da Xornada técnica denominada "Redeseñando o monte periurbano: prevención de incendios forestais e bioceconomía"

Terá lugar o vindeiro sábado 10 de novembro, a partir das 10:45, no Centro Veciñal e Cultural de Valadares (Camiño do Pedregal, 6; ver localización en Google Maps).

Os destinatarios/as destas xornadas son aquelas persoas que pertencen ás comunidades de montes da área metropolitana de Vigo, así como aquelas outras do territorio galaico-portugués interesadas, así como a estudantes e persoas interesadas na temática

O programa da xornada está dispoñible no documento adxunto (PREMER) e pretende abordar, dentro do proxecto Biotecfor (financiado polo Programa Interreg España-Portugal), o futuro do monte veciñal empregando criterios de bioeconomía, ou sexa, a produción basada no coñecemento e utilización de recursos, procesos e métodos biolóxicos para proporcionar bens e servizos de forma sostible. Sobre esta temática versará a primeira das intervencións a cargo de Xosé Covelo Míguez, director técnico da Asociación Forestal de Galicia.

Na segunda das intervencións, a cargo de Juan Picos Martín, director da Escola de Enxeñería Forestla da Universidade de Vigo, abordarase como crear un monte multifucional que, ademais de producir todos los recursos e externalidades que producen este tipo de montes (auga, paisaxe, biodiversidade, madeira, froitos, biomasa, etc), funcione como un adecuado sistema de defensa contra incendios.

Dentro dese novo deseño terán un papel relevante a creación de faixas protectoras, como o Anel verde de Vigo, que sirvan como soporte e apoio aos equipos de extinción na súa loita contra as chamas, do que falarán Alvaro Crespo Casal, enxeñeiro municipal do Concello de Vigo, e José María Fernández Alonso, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Por iso, unha parte desa xornada dedicarase a falar sobre o seu deseño, configuración e tratamentos silvícolas a realizar nelas, expoñendo as conclusións dos estudios realizados polos investigadores co obxectivo de definir as características das que sexan máis efectivas contra o lume.

Por último, a política forestal terá unha especial relevancia en todo este proceso de transformación do monte que se sitúa no entorno de núcleos de poboación importante polo que resulta de suma importancia coñecer cales serán os criterios que se utilizarán á hora de desenvolvela e que estarán definidos no Plan Forestal de Galicia que se está elaborando. Esta temática será abordada por Tomás Fernández-Couto Juanas, Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

Á clausura das xornadas está convidado o Concello de Vigo en canto estreito colaborador da Mancomunidade de Montes de Vigo no mantemento e conservación dos montes do termo municipal.

10 oct. 2018

PRIMEIRA SEMANA DE ACTIVIDADES: CONFERENCIA E ARTE NO QUEIMADO


Nesta primeira semana de outubro arrancou a programación de actos "1º ano rexenerando os Montes de Vigo", coa que se quere lembrar os acontecementos vividos en outubro de 2017 e dar a coñecer as accións que dende as Comunidades de Montes de Vigo se teñen levado a cabo.

A programación foi presentada polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto ao Presidente e Vicepresidente de Montes de Vigo. Con tal motivo houbo ocasión de repasar o programa de actos e dar a coñecer os avances que se están dando na elaboración da Senda Verde que atravesa o conxunto de montes periurbanos de Vigo, así como o apoio no coidado do monte e a limpeza dos terreos privados.

O detalle da programación atópase recollido na seguinte entrada (PREMER)



O mércores 3 de outubro tivo lugar a conferencia no Club Faro de Vigo baixo o título "Que aprendemos nos incendios de outubro de 2017?" e a cargo de Juan Pico, director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra. Resultou moi ilustradora do traballo de investigación que se está a facer a partir dos incendios vividos e apoiado pola Deputación de Pontevedra. 

Un resume da exposición queda recollida no xornal (PREMER), na que queda de manifesto a importancia de traballar dende o primeiro momento para organizar e planificar a xestión do monte e das infraestructuras asociadas ao mesmo para evitar que volva a repetirse unha situación como a vivida, dado que "os incendios teñen memoria".

O sábado 6 de outubro tivo lugar a Xornada artística de pintura e escultura en madeira "Arte en vivo, Arte no queimado" diante do Marco. Un nutrido grupo de artistas participaron na xornada, dando unha auténtica exhibición diante da cidadanía paseante pola rúa do Príncipe. Unha reportaxe do traballo realizado atópase no seguinte album fotográfico (PREMER), mostrando de seguido algunhas das instantáneas vividas.









2 oct. 2018

PROGRAMACIÓN DE ACTOS CO MOTIVO DO 1º ANO REXENERANDO OS MONTES DE VIGO


Montes de Vigo, a mancomunidade de montes veciñais de Vigo, presenta a programación de actos que se van desenvolver entre os meses de outubro e novembro co gallo do primeiro ano despois da vaga de lumes que asolou un terzo da superficie forestal de Vigo.

O programa previsto incorpora unha variedade de accións que pretenden colocar enriba da mesa a situación que se viviu o 15 de outubro de 2017, así como os pasos que pouco a pouco se van dando de cara a aproveitar a desgraza para realizar un exercicio de revisión da ordenación dos montes periurbanos de Vigo e, ao mesmo tempo, combinar a función social que ten o monte coa necesaria función produtiva que permita a súa sosteñibilidade no tempo. Particularmente implicadas están as cinco comunidades afectadas polo lume: Valladares, Coruxo, Zamáns, Comesaña e Matamá, participando tamén activamente as restantes 8 comunidades de montes.

Neste programa colabora o Concello de Vigo, co que dende Montes de Vigo se está traballando para a creación do Anel Verde de Vigo ao longo da franxa de monte periurbano que abraza a cidade.





O sábado 6 de outubro, durante todo o día diante do marco, terá lugar a Xornada artística de pintura e escultura en madeira "Arte en vivo, arte no queimado" a cargo de escultores e pintores de Galicia e Norte de Portugal. Poderase comprobar en directo como distintos artistas perciben o impacto da vaga de lumes vividas a ambos lados do Miño.

Precisamente os lumes de 2017 tiveron lugar despois de realizarse a Trail polos montes de Vigo. Por tal motivo, para manter viva a dinámica dos montes, o domingo 14 de outubro terá lugar a V Trail Montes de Vigo e, nesta ocasión, a  I Andaina pola rexeneración dos Montes de Vigo. O proceso de inscrición xa está aberto e a cidadanía viguesa pode apuntarse a traves do blog montesdevigo.blogspot.com ou no enlace (PREMER). O recadado nesta acción adicarase aos actos de rexeneración dos montes queimados e á creación dun anel verde.

O sábado 20 de outubro, as 20:00h, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo, o I Festival Solidario pola rexeneración dos montes de Vigo, coa participación de grupos musicais das parroquias afectadas: Banda de Gaitas Xarabal, B.U.M. de Valladares, Cordas Novas C.R.A de Coruxo e Os Ventos de Comesaña. 

Finalizarase o programa de actos cunhas xornadas técnicas para abordar "Redeseñando os montes periurbanos", que terán lugar no Centro Cultural de Valladares o 10 de novembro e cunhas xornadas divulgativas "Froitos do noso monte - V edición" a celebrar na Asoc. Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius o 15 de novembro

Durante o outono e o inverno está previsto continuar coas labouras de plantacións nos montes queimados, na que están convidados os centros educativos e aquelas entidades que teñan a ben participar no programa de patrocinios aberto. Nestes momentos, froito da acción do outono e inverno pasado, nos viveiros que Montes de Vigo habilitou para o efecto xa hai un importante número de árbores autóctonos preparados para a súa plantación.

Para máis información en relación coa programación podedes contactar con montesdevigo.servizos@gmail.com ou co teléfono 608 046 047.

30 sept. 2018

CONFERENCIA O 3 DE OUTUBRO NO CLUB FARO DE VIGO: QUE APRENDEMOS NOS INCENDIOS DE OUTUBRO DE 2017


A Mancomunidade de Montes de Vigo, que aglutina ás 13 comunidades de montes existentes en Vigo, inicia a súa programación de actos "1º ano rexenerando os Montes de Vigo" cunha Conferencia no Club Faro de Vigo , o 3 de outubro as 20:00h, a cargo de Juan Picos, Director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra. A presentación correrá a cargo de Gregorio Álvarez, vicepresidente de Montes de Vigo e presidente da Comunidade de Montes de Valladares.

O título da conferencia será "Que aprendemos nos incendios de outubro de 2017?". O ponente plantéxase que o acontecido nese mes marca un antes e un despois no que respecta aos incendios no Sur da provincia de Pontevedra, e faise preguntas como: Que fixo distinto este episodio en relación cos vividos outras veces?, Podería terse previsto?, Que consecuencias tivo?, Que lección cómpre aprender?

A conferencia terá lugar o mércores 3 de outubro, a partir das 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal, rúa Oporto.

Máis información na web do Club Faro de Vigo (premer)

12 abr. 2017

PRESENTADA A PROGRAMACIÓN DE PRIMAVERA 2017 DE MONTES DE VIGO

Programación

A Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo deste pasado luns 10 de abril aprobou a programación de actividades para esta Primavera 2017, que conta coa colaboración do Concello de Vigo, e entre as que cabe destacar:

- Os paseos guiados polos montes de Vigo:

Paseo polos montes de Coruxo: senda arqueolóxica
Sábado, 22 abril, 16:30-19:30. 
Punto de inicio: Fragoselo

Paseo polos montes de Zamáns: senda dos muíños
Sábado, 29 abril, 16:30-19:30. 
Punto de inicio: Parque forestal de Zamáns

Paseo polos montes de  Bembrive: Arco da Vella
Sábado, 6 maio, 16:30-19:30. 
Punto de inicio: Capela de San Cibrao ou dos Ramallos

Paseo polos montes de Cabral 
Sábado, 13 maio, 16:30-19:30. 
Punto de inicio: parking do IFEVI

- A IV Andaina polos montes de Vigo, a celebrar o 28 de maio de 2017. Darase a coñecer con máis detalle a principios de maio.

Para máis información en relación coa inscrición e participación nestas actividades consultar a pestaña "Actividades Primavera17" (premer aqui)

31 dic. 2016

PÉCHASE VIGOLANDIA CUNHA BOA ACOLLIDA DO RECINTO DE MONTES DE VIGO

Este venres 30 de decembro pecho Vigolandia no IFEVI e o recinto de Montes de Vigo tivo unha moi boa acollida polas actividades propostas, que combinaban diversión e contidos medioambientais. Particularmente resultou moi demandado o rastrexo polas 13 comunidades de montes (actividade na que os/as participantes tiñan que buscar pistas por todo o IFEVI), o rocódromo e o photocall.
A última hora da tarde tivo lugar o sorteo da estadía na casa rural, sendo agraciada a ficha número 8, correpondendo a Silvia V. García. Noraboa.
Algunhas mostras da actividade recóllense nas seguintes fotos:




27 dic. 2016

MONTES DE VIGO PRESENTE EN VIGOLANDIA

A Festa do Nadal "Vigolandia" botou a andar este luns 26 de decembro en IFEVI cunha ampla oferta de ocio navideño, que durará ata o venres 30. Montes de Vigo está presente por primeira vez dando a coñecer a sua labor social e ofertando actividades relacionadas cos montes.
Na sección "Miradoiros nos montes" pódese observar algunhas das árbores e animais que habitan os montes. Na sección "Parques forestais" pódese comprobar as labouras que realizan os comuneiros de reforestación e de coidado dos montes. En "Parques infantís" realízanse obradoiros lúdicos e xogos populares semellantes aos que  poden facer as familias cando acuden ao monte. Por último, en "Escalada no Galiñeiro" reprodúcese a esperiencia que se pode ter ao acudir ao monte Galiñeiro a escalar.
Entre todos os participantes sortéanse camisetas e unha estadía nunha casa rural. A iniciativa está sendo ben acollida e foron moitos dos asistentes ao IFEVI os que visitaron o recinto de Montes de Vigo. Algunhas mostras dilo son:




24 dic. 2016

MONTES DE VIGO PARTICIPA EN VIGOLANDIA 2016

Montes de Vigo, a mancomunidade que aglutina as 13 comunidades de montes veciñais de Vigo, vai estar presente en Vigolandia 2016 coa presenza nun recinto de 150 m2 entre os días 26 e 30 de decembro no IFEVI (máis info). No día de onte tivo lugar a presentación no Concello de Vigo, coa presenza do Alcalde de Vigo.


A programación prevista para Vigolandia 2016 consiste en obradoiros para as familias asistentes como "Quen habita nos montes de Vigo", "Un nadal respectuoso co monte" ou "Comuneiros/as por un día", así como xogos populares ou un Boulder de escalada.
Tamén se dará a coñecer a laboura social que se desenvolve nos montes vigueses (parques forestais, sendeiros, probas deportivas, etc) cunha exposición fotográfica.


En certos momentos da programación realizaranse ximcanas familiares e unha actividade por todo o recinto do IFEVI simulando as actividades que se realizan nos sendeiros locais de Vigo.
Entre todos os asistentes ao recinto de Montes de Vigo sortearanse camisetas e un regalo sorpresa.


26 sept. 2016

PROGRAMA DE ACTIVIDADES OUTONO 2016



Esta fin de semana arranca o mes de outubro e con el o abano de actividades que Montes de Vigo xunto coas Comunidades de Montes Veciñais asociadas ofrece durante este mes á cidadanía viguesa (premer para descargar)

1-2 outubro (quenda 1): Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

2 outubro: I Marcha ciclista polos Montes de Vigo (Parque Forestal do Vixidador) (ver detalle)

12 outubro: Visita ao Parque botánico do Arco da Vella (montes da Entidade Local Menor de Bembrive)

15-16 outubro (quenda 2)Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

22 outubro: Paseo polos montes de Oia e Saiáns, con magosto ao remate

29 outubroPaseo polos montes de Beade e Bembrive, con magosto ao remate

Inscribirse no formulario online (premer aqui) ou no teléfono 608 84 89 89

Acceso ao programa completo (premer aqui)