Mostrando entradas con la etiqueta Zamáns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Zamáns. Mostrar todas las entradas

15 abr. 2018

TERCEIRO PASEO POLOS MONTES DE VIGO O 21 DE ABRIL NOS MONTES DE ZAMÁNS


Terceira semana de Paseos polos Montes de Vigo. Nesta ocasión a proposta feita pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, é coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Zamáns, un xogo de contrastes pouco coñecidos entre o encoro e o Monte Galiñeiro. 

Punto de encontro: Praza da Leiteira de Zamáns (localización en Google Maps

Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas

Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.

Temas a abordar: flora e fauna a carón do encoro, os incendios vividos nos montes de Zamáns e a reforestación, etc.

Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)


Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.

9 jul. 2017

II MARCHA CICLISTA MONTES DE VIGO POR ZAMÁNS


Este domingo nos Montes de Zamáns tivo lugar a II Marcha ciclista popular polos Montes de Vigo organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración co A Golpe de Pedal.
Contou cunha ampla participación de ciclistas de todas as idades tal e como queda recollido na reportaxe fotográfica (premer)
O Concelleiro de Fomento e Transportes, David Regades, estivo presente e participou no percorrido, xunto cos directivos de Montes de Vigo e da Comunidade de Montes de Zamáns.


29 abr. 2017

ANIMADO PASEO POLOS MUÍÑOS E MONTES DE ZAMÁNS


O día presentábase incerto. Aínda así un nutrido grupo de paseantes animáronse a coñecer o corazón da Comunidade de montes de Zamáns.

Primeiro aproximámonos aos muíños, que en conxunto proporcionaban unha fermosa imaxe. Logo baixamos e atopámonos fermosas estampas no arredor do encoro. Chegamos ato muíño do Maquías e, por certo, da mán de Manuel soubemos que significaba a "maquía" (intercambio en especies que se lle entregaban os usuarios do muíño ao propietario).

Logo subimos ata o monte onde coñecimos da man de Xosé o que estaba a facer a comunidade de montes en canto a xestión e recuperación. Finalmente uns dirixíronse cara a Praza da Leiteira (por certo soubemos que era unha homaxe ás que foron as subministradores de leite de Vigo ata os anos 70) e outros aínda percorreron uns quilómetros adicionais e contemplaron as plantacións que se están facendo nos montes con árbores autóctonos.


Ao final xa facía fresco, pero realmente prestou. E senón que llo digan aos máis novos, que coas cámaras de fotos fixeron unha reportaxe interesante. Mentres se selecciona a gran cantidade fotos, vaise facendo un avance no apartado de Fotos (premer)

25 abr. 2017

SEGUNDO PASEO DE PRIMAVERA POLOS MONTES DE ZAMÁNS


Nesta ocasión a proposta de Montes de Vigo para pasear o sábado 29 de abril encamíñase aos montes de Zamáns, en concreto aos muíños que nos atopamos arredor do río Zamáns e que se concentran tanto na área etnoarqueolóxica cos muíños rehabilitados pola Comunidade de Montes de Zamáns (premer para ver máis información) como no muíño de Maquías.

Posteriormente, en función dos participantes, daranse dúas alternativas de volta: ou ben realizar un tramo do sendeiro local de Zamáns (os que queiran camiñar máis) ou ben un percorrido máis curto (familias con nenos/as ou quen queira menos traxecto)

O lugar de quedada será na Praza da Leiteira (ver google maps), ao lado da igrexa de Zamáns, as 16:30. A intención é de rematar, aproximadamente, as 19:30.

Para inscribirse empregar a solapa INSCRICIÓNS (premer aqui)


8 nov. 2016

DESCONVOCADO O ÚLTIMO PASEO POLOS MONTES DE ZAMÁNS, AS 16:30


POR MOTIVOS CLIMATOLÓXICOS QUEDA DESCONVOCADA A ACTIVIDADE

Este sábado 12 péchase a tempada de Paseos polos Montes de Vigo cun percorrido pola Comunidade de Montes de Zamáns, na que hai un importante traballo de reordenación do monte e interesantes plantacións de autóctonas. Tamén se poderán ver algúns dos espazos con encanto da cara do Galiñeiro que mira para Vigo e panorámicas fermosas.
O lugar de quedada é na cafetería do Parque Forestal de Zamáns (premer aqui para a localización). A hora de inicio é as 16:30, que se anticipa sobre o previsto por mor do cambio horario.
Ao rematar está previsto, como xa ven sendo costume, gozar dun magosto entre todos os participantes no entorno da cafetería.
Para inscribirse, premer aqui.