Mostrando entradas con la etiqueta andaina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta andaina. Mostrar todas las entradas

14 oct. 2018

INTENSA XORNADA NA TRAIL E ANDAINA ORGANIZADA POR MONTES DE VIGO



Neste domingo 14 de outubro de 2018 rememorouse o 1º ano de rexeneración dos montes de Vigo tras os desgraciados incendios de vai un ano. Facía precisamente un ano que tivera lugar a IV Trail Montes de Vigo e por tal motivo había que realizar a V Trail Montes de Vigo. Tamén se organizaba a I Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo, coa participación do programa Camiño a Camiño do Concello de Vigo. 

En total máis de 500 persoas gozaron do monte nas distintas modalidades: Trail, Trail curta, Carreira Popular e Andaina. 

Despois dunha noite cos restos do furacán, semellaba que non se ían cumprir as previsións de un día fermoso. Ao final sí que se cumpriron e disfrutouse dun monte expléndido para a práctica deportiva e para ver como pouco a pouco vai recuperando a súa normalidade, anque aínda queda moito traballo por facer por parte das Comunidades de Montes e moito traballo de colaboración entre Montes de Vigo e institucións públicas competentes.



No acto estivo presente o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, que coa súa presenza quixo compartir cos directivos das Comunidades de montes presentes o seu firme propósito de contribuír á rexeneración e ordenación do territorio.

Por outra banda, dende a organización agradécese o patrocinio de Concello de Vigo, Coca-Cola e Decathlon, así como a colaboración de Vigo Entrena, Massini, Inquedanzas Sonoras, Estrella Galicia, Master Hermida, Coruxo FC e a Comunidade de Montes de Coruxo. 

Tamén agradecer a desinteresada colaboración de 66 comuneiros procedentes das comunidades de montes de Beade, Cabral, Comesaña, CoruxoMatamá, Oia, Saiáns e Valladares, así como a colaboración do Club Ciclista Coruxo e persoas a título particular.



Resultados deportivos
As probas realizáronse con normalidade e en xeral con moi boas sensacións. 

Os resultados preséntanse no seguinte enlace (PREMER)

Cómpre sinalar que houbo algún problema de tipo organizativo-deportivo que se solucionaron en directo coa colaboración das partes implicadas. En particular houbo unha incorrecta interpretación do regulamento ao aplicalo informáticamente que fixo que a segunda clasificada na Trail non subira ao podium, subindo a terceira no seu lugar. Volvemos a solicitar desculpas, esta vez públicamente, e o corriximos nos resultados colgados.



Agardamos que todos/as os/as participantes vos sentísedes na vosa casa e tiverades unha agradable participación nas probas. Felicitamos particularmente aos gañadores nas distintas probas e modalidades, así como aos que nos sorteos recibírades un apetitoso agasallo. Agardámosvos en vindeiras edicións.

As fotografías do evento xa están dispoñibles neste enlace (PREMER)

Breve video das actividades:


8 oct. 2018

ANDAINA E TRAIL MONTES DE VIGO 2018: REGULAMENTO


A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza a "V Trail Montes de Vigo" e a "I Andaina pola Rexeneración dos montes de Vigo" para o domingo 14 de outubro, coincidindo co 1º aniversario da catástrofe incendiaria vivida en cinco das trece comunidades de montes de Vigo.

REGULAMENTO

1. Obxectivo 
Búscaser con esta xornada deportiva mobilizar tanto aos corredores e corredoras de trail como aqueles cidadáns e cidadás que queiran achegarse ao monte para realizar exercicio físico.

2. Probas (ver abaixo trazado):
- Trail "Montes de Vigo": 26km, desnivel +1536 ... saída: 9:30
- Trail curta "Montes de Vigo": 13,7 km, desnivel +763 ... saída: 10:30
- Carreira popular "pola rexeneración dos montes de Vigo": 7,9 km, desnivel +329 ... saída:10:00
- I Andaina "pola rexeneración dos montes de Vigo": 7,9 km, desnivel +329 ... saída:10:00

3. Categorías:
Nas probas deportivas (tres primeiras) haberá as seguintes: absoluta (masculina e feminina), así como veteranos 45 ou máis e veteranas 40 ou máis.
A andaina realizarase con afán divulgativo e participativo.

4. Inscrición e prezos: premendo aquí
Prazo de inscrición: dende o 1 de xullo
- ata 30 de setembro:
   Trail: 20 euros
   Trail curta: 15 euros
   Carreira popular: 5 euros
   Andaina: 5 euros
- 1-10 outubro:
   Trail: 25 euros
   Trail curta: 20 euros
   Carreira popular: 5 euros
   Andaina: 5 euros

A inscrición dá dereito a participar na proba escollida, así como os correspondentes abastecementos e seguros. Tamén se porá a disposición dos/das participantes duchas e aqueles obsequios que consiga a organización.
A organización da Trail de Montes de Vigo decidiu facer unha promoción do 25% de desconto para clubs deportivos ou grupos de trail que queiran participar na Trail e na Trail Curta (novidade setembro)

TRAZADOS E TRACKS DEFINITIVOS:
PREMER AQUI

RECOLLIDA DORSAIS:
Sábado 13 outubro, de 12:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 en Decathlon Vigo - Meixoeiro
Domingo 14 outubro, antes do inicio da proba

5. Organización
5.1 Lugar de inicio e finalización: Fragoselo (Coruxo)... PREMER LOCALIZACIÓN
5.2 Sinalización e controis. Os distintos percorridos estarán sinalizados con cintas de plástico, sendo obrigado o paso polos controis establecidos.
5.3 Tempos de paso. A organización publicará os tempos de corte en cada control. Os/as corredoras que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba e quedarán fora da cobertura da organización.
Os responsables de cada control e os "corredores escoba" terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/ra se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A corredor/ra que se retire durante o transcurso da proba deberá avisar ao control máis próxicmo e facer a entrega do dorsal.
5.4 Abastecementos. Existirán abastecementos líquidos e sólidos que serán comunicados no momento do inicio da proba.
5.5 Descualificacións. Quedará descualificado/a todo o/a que non cumpra co presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou enporque a contorna, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
5.6 Auxilio a accidentados. Os/as participantes están obrigados/as a auxiliar aos/ás accidentados/as e a respectar as normas de circulación nos cruzamentos con estradas.
5.7 Veículos autorizados. Os únicos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización. Para evitar posibles accidentes queda totalmente prohibido seguir aso corredores/as en moto, bicicleta, quad ou similiar.
5.8 Premios. Entregarase un premio-trofeo aos tres primeiros de cada categoría das probas deportivas.

6. Declinación de responsabilidade en caso de accidente, neglixencia ou perda de obxectos persoais.
A organización declina a súa responsabilidade nestes casos e os/as participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.

7. Protección de datos. 
Todo/a participante está autorizando á publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba polo feito de inscribirse, sendo o emprego destes datos para o desenvolvemento da proba, para a publicación de imaxes ou videos da proba, podéndose empregar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.
Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado do que é responsable Montes de Vigo. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na lexislación vixente.

8. Máis información. A partir do mes de setembro colgarase neste blog máis información. Para calquera cuestión está dispoñible o teléfono 608 046 047 ou o correo montesdevigo.servizos@gmail.com

29 may. 2017

A IV ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO RESULTOU UN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN



A cuarta edición da Andaina polos montes de Vigo, con preto de 1200 participantes, consolidouse como o evento que pon en valor a práctica do sendeirismo en Vigo. Foi posible gracias a iniciativa da Concellería de Medio Ambiente e contou co apoio decidido de Montes de Vigo, así como co patrocinio de Eroski e El Corte Inglés.

Atravesou 6 das 13 comunidades de montes existentes en Vigo e permitiu contemplar como os sendeiros locais de Vigo e, en xeral, os montes de Vigo son un auténtico espazo de lecer para a cidadanía.

Durante o momento do xantar o Sr Alcalde compartiu empanada cos participantes e cos membros da Xunta directiva de Montes de Vigo presentes.


A festa do sendeirismo rematou no Parque Forestal de Beade que deu acollida a un prezoso momento de encontro entre todos e todas e tamén deu acollida a actividades novidosas como o espazo de multiaventura ou a ruta para persoas con mobilidade reducida. Houbo momentos moi agradables con todo tipo de participantes.


Na organización da Andaina participaron voluntarios das distintas comunidades de montes, que xunto con Protección Civil e a organización fixeron posible que todo se desenvolvera con normalidade.


22 may. 2017

IV ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO

O proceso de inscrición na IV Andaina polos montes de Vigo, organizada polo Concello de Vigo en colaboración con Montes de Vigo, prosegue a bo ritmo e está aberto ata o venres 26 de maio nas dúas sedes previstas: 5º andar de El Corte Inglés (deportes de montaña en horario comercial) e Casa da Xuventude (López Mora 31, de 9 a 14h e de 17 a 20h).

Coa inscrición entregarase un vale para recoller a camiseta da IV Andaina en El Corte Inglés entre a tarde do xoves 25 e o venres 26 de maio.



Lembrar que existe un amplo abano de posibilidades de participación (ver folleto):
Percorrido completo da Andaina: 40,1 km. Control en Praza do Rei as 7:00 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 8:45 dende Vigozoo. Realízanse os tres tramos trazados.

Percorrido Medio 1 da Andaina: 28,9 km. Control en Praza do Rei as 7:00 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 8:45 dende Vigozoo. Realízanse os dous primeiros tramos trazados.

Percorrido Medio 2 da Andaina: 20,1 km. Control en Praza do Rei as 8:30 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 9:30 dende a Área Recreativa do Pouso en Bembrive. Realízanse os dous últimos tramos trazados.

Percorrido curto da Andaina: 11,2 km. Control en Praza do Rei as 10:00 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 11:30 dende o Parque Forestal de Beade. Tamén se pode acceder en coche ao propio PF Beade as 10:30 e realizar directamente o control de saída.. Realízase o último tramo trazado.

Pequerruta: 1,8 km. Trazado adaptado para familias con nenos/as moi pequenos. Logo poderase proseguir no novo Espazo de Multiaventura (con Tirolina, Rocódromo, Ximcana medioambiental, etc) creado no propio Parque Forestal de Beade. É preciso inscribirse no Percorrido curto, ben na modalidade de saída na Praza do Rei ou ben na saída no propio parque forestal.

Ruta adaptada a persoas con mobilidade reducida: 5,1 km. Está previsto que o servizo de apoio con sillas adaptadas para persoas con mobilidade reducida estea operativo o domingo 28. Neste caso a inscrición faise directamente na Concellería de Medio Ambiente, que informará dos detalles da dinámica.


15 may. 2017

ANDAINA POLOS MONTES DE BEMBRIVE O MÉRCORES 17 DE MAIO


A Entidade Menor Local de Bembrive organiza este mércores 17 de maio a IV Andaina polos montes de Bembrive. Máis información no blog da andaina (pincha equi)

O percorrido será de 13,9 quilómetros e partirá do Pavillón deportivo de Bembrive (ver google maps)

O prazo de inscrición está aberto ata o martes e o podedes facer a través deste enlace