Semana da árbore nos Montes de Vigo

Co gallo da celebración da semana da árbore, a Mancomunidade de Montes de Vigo organizou en distintas comunidades de montes actividades de educación ambiental co obxecto de promover o achegamento do monte a escola.

Así, hoxe mesmo tiveron lugar plantacións en Oia, Saiáns, Comesaña e Beade con alumnado do CEIP Ría de Vigo, do CEIP Párroco D.Camilo e do CEIP Coutada-Beade. Estas actividades contaron co apoio de Vegalsa-Eroski e no primeiro dos casos coa achega de árbores para plantar da Consellería de Medio Rural.

Por outra banda, a Mancomunidade de Montes de Vigo tamén participou na semana das Ciencias e das Letras do IES Valadares, participando cunha charla sobre "os montes de Vigo e os servizos ecosistémicos" na que participaron preto de 100 alumnos.