Coñece o proxecto

Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor

O proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” pretende dar resposta ao reto de harmonizar o uso social e o aproveitamento dos 14 montes veciñais en man común que se sitúan no anel periurbano da cidade de Vigo e que proporcionan servizos ecosistémicos a máis de 300.000 habitantes.

Resumo do proxecto

A crecente presión social e humana dunha poboación que supera os 300.000 habitantes nestes ecosistemas acentúa a urxencia dunha xestión sostible.

En primeiro lugar, esta iniciativa aborda esta problemática cunha investigación en profundidade dalgúns dos servizos ecosistémicos da montaña -os servizos recreativos e culturais, a calidade e cantidade de auga e a absorción de CO2-, creando indicadores científicos e estratexias de conservación informadas. Este traballo é realizado polos equipos de investigación de Bioloxía Ambiental e o Grupo GEN da Universidade de Vigo e ten como obxectivo proporcionar ás comunidades de montes implicadas un marco para unha xestión forestal eficiente, resiliente e sostible, e facilitar a toma de decisións informadas.

En segundo lugar, co fin de buscar respostas ao reto de harmonizar o uso social e a explotación económica dos bosques para a súa conservación, o proxecto definirá estratexias conxuntas de xestión sostible e captación de fondos.

Ao mesmo tempo, desenvolve actuacións tanxibles como a creación dun coto micolóxico ou a dinamización social de diversos colectivos arredor do monte. Buscan compaxinar o uso recreativo do patrimonio natural coa súa conservación e aproveitamento, fomentando a concienciación da importancia dos servizos ecosistémicos e potenciando a bioeconomía.

Por último, formula protocolos de xestión dos servizos ecosistémicos que poderían facilitar a obtención de recursos por parte da Mancomunidade de Montes de Vigo e supoñer así o reto de definir a visión para o seu cincuenta aniversario. Por iso, o slogan elixido foi “Montes de Vigo 2046: Montes veciñais en valor

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Entidades agrupadas

A Mancomunidade de Montes de Vigo é unha entidade formada polas 14 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común da cidade de Vigo: Beade, Bembrive -entidade local menor-, Cabral, Candeán, Comesaña,  Coruxo, Castrelos, Lavadores, Matamá, Oia, Saías, Teis, Valladares e Zamáns. Conformada como unha das Mancomunidades máis importantes de Galicia, abrangue o 17% da superficie do municipio con máis de 1.500 hectáreas.

A Universidade de Vigo participará como entidade agrupada con:

  • O Grupo de investigación de Bioloxía Ambiental, que abordará a investigación do inventariado e caracterización dos servizos ecosistémicos definidos no proxecto.
  • O Grupo GEN de Economía Aplicada, que se centrará na valoración económica dos servizos ecosistémicos definidos no proxecto.

O noso proceso

Acción 1 Investigación

A Universidade de Vigo identifica e valora económicamente os servizos ecosistemicos dos montes de Vigo

Acción 2 Estratexia

A Mancomunidade de Montes de Vigo elabora unha estratexia para por en valor os servizos ecosistémicos mancomunados e captar fondos para sostelos

Accións 3 e 4 Couto micolóxico e Formación

A Mancomunidade de Montes de Vigo realizar dous proxectos pilotos de couto micolóxico en monte periurbano e capacita persoal para a súa xestión.

Accións 5 e 6 Dinamizar e comunicar o proxecto

A Mancomunidade de Montes de Vigo promove a dinamización de actividades que dean a coñecer o proxecto e accións de divulgación dos resultados.

Liñas de acción

01

Investigación dos servicios ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo


Obxectivos

  • Identificar os servizos ecosistémicos dos montes de Vigo, particularmente os recreativo-culturais, a calidade e cantidade dos recursos hídricos e a absorción de CO2, propondo medidas que contribúan a mellorar a súa xestión e conservación.
  • Realizar a valoración económica dos servizos ecosistémicos citados dos montes de Vigo que permitan establecer recomendacións e factores claves para a súa xestión a través da Liña de acción 2.


Actuacións

  • Inventario e estado de conservación dos recursos recreativo-culturais, con estimación de persoas usuarias.
  • Análise da calidade e cantidade da auga xerada nos montes de Vigo, así como a tipoloxías de masas forestais das concas dos principais ríos.
  • Caracterización das masas forestais dos montes de Vigo e estimación das absorcións de carbono da biomasa forestal viva.
  • Valoración de mercado e de non mercado dos servizos ecosistémicos, aplicando indicadores biofísicos para estimar o valor económico total dos servizos nos montes mancomunados de Vigo
02

Deseño da estratexia de posta en valor dos servicios ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo


Obxectivos

  • Elaborar a estratexia de posta en valor dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo.
  • Deseñar unha metodoloxía para a xestión e captación mancomunada de recursos.


Actuacións

  • Definición do marco estratéxico de actuación baseado nos resultados científicos e a análise territorial.
  • Identificación territorial e planimétrica dos servizos ecosistémicos estudiados.
  • Traslado da estratexia e liñas de actuación aos Plans de xestión das comunidades de montes.
  • Elaboración dun protocolo de xestión para a monetización e captación de recursos, incorporando un marco de negociación con patrocinadores e partes interesadas.
03

Experiencia piloto dun coto micolóxico nun entorno perirubano dentro do uso social do monte


Obxectivos

  • Estudiar a viabilidade e deseño dun couto micolóxico como exemplo de uso recreativo sustentable en montes periurbanos.
  • Implantar unha experiencia piloto de couto micolóxico en montes periurbanos.


Actuacións

  • Elaboración do estudo co couto micolóxico periurbano, identificando áreas óptimas, analizando a viabilidade económica e establecendo un plan de traballo.
  • Posta en marcha de dous coutos micolóxico a modo de experiencia piloto nun monte consolidado nun monte queimado.
  • Deseño e protocolización do plan de traballo para a posta en marcha doutros coutos micolóxicos
  • Desenvolvemento de talleres formativos, acordos de colaboración ou redes de socios para a dinamización dos coutos micolóxicos.
04

Formación para o fomento do emprego e o emprendemento na economía verde


Obxectivos

  • Deseñar e implementar unha acción formativa en xestión forestal sostible e especialización en recursos micolóxicos.


Actuacións

  • Realización de accións formativas cunha duración non inferior de 30 horas.
  • Promoción da empleabilidade do alumnado formado.
05

Coordinación e xestión, transferencia de coñecemento e dinamización


Obxectivos

  • Coordinar e xestionar de xeito colaborativo as distintas liñas de acción entre os equipos participantes.
  • Promover a transmisión de coñecemento, divulgación dos resultados e de boas prácticas a través de dinámicas participativas.


Actuacións

  • Creación dunha comisión científico-técnica do proxecto.
  • Creación dunha comisión asesora de servizos ecosistémicos á Mancomunidade de Montes de Vigo
  • Establecemento de espazos de dinamización da participación con entidades externas e cidadanía enxeral.