Obradoiro forestal dos Montes de Vigo 2022-2023

OBRADOIRO FORESTAL DOS MONTES DE VIGO 2023-2024: PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN

1. Introdución | 2. Bases Reguladoras | 3. Oferta pública para alumnado-traballador  | 4. Oferta pública para Experto/a Docente | 5. Convocatoria pública para o resto do persoal  |  6. Contacto




1. INTRODUCIÓN

A Mancomunidade de Montes de Vigo (en diante, Montes de Vigo) recibiu unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para a execución do obradoiro dual de emprego denominado "III Obradoiro forestal nos montes de Vigo" a celebrar durante o período novembro 2023 e novembro 2024.


2. BASES REGULADORAS

En virtude da normativa que regula a citada subvención procede á publicación das Bases reguladoras do proceso de selección das persoas a contratar, que se atopan no seguinte ENLACE.


_________________________________________________________________________________

3. OFERTA PÚBLICA PARA ALUMNADO-TRABALLADOR 

Selección de 10 alumnos/as-traballadores, que se realizará a través do procedemento de Oferta pública que xestiona a Oficina de Emprego de Vigo. 

As persoas seleccionadas pola Oficina de Emprego de Vigo serán convocadas por esta e confirmadas por Montes de Vigo a través de chamada telefónica.

A data para o inicio do proceso de selección será o luns 30 de outubro, ás 9:00 horas, tendo lugar no local da Mancomunidade de Montes de Vigo (ver GOOGLE MAPS) (Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Rúa Estrada Xeral de Valladares - Pedregal nº 6 - 36314 Valladares-Vigo).

De cara a axilizar o proceso de presentación da SOLICITUDE PARA SER ADMITIDO AO PROCESO DE SELECCIÓN DE ALUMNADO-TRABALLADOR PARA A ESPECIALIDADE DE FORESTAL NIVEL 1, as persoas candidatas terán que traer cuberta a SOLICITUDE (ver DOCUMENTO en PDF e DOC) e achegar os documentos que se citan de seguido:

- Copia do DNI actualizado.

- Vida laboral actualizada (aínda que non teña experiencia laboral)

- Acreditación da maior Titulación académica adquirida.

- Acreditación das Competencias Clave adquiridas (se é o caso).

- Acreditación do seu grao e tipo de discapacidade (se é o caso).

 - Informe de Servizos Sociais en caso de pertenza a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social (se é o caso)

 - Acreditación de ter prevista a realización deste tipo de medidas (obradoiros de emprego) no seu Itinerario de Inserción Profesional (se é o caso).

As SOLICITUDES realizaranse o día indicado, tendo que presentar nese momento imprescindiblemente o formulario de solicitude e a documentación necesaria para acreditar os requisitos, sendo motivo de exclusión a falta de dita documentación.

Para resolver e atender calquera dúbida, o día da presentación de solicitudes e recollida de documentación estará presente, polo menos, un integrante do órgano de selección que se nomee para este procedemento.

 LISTA DE PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS (30/10/23)

Reunido o 30 de outubro o Órgano de selección establecido, despois de ter convocado a 50 persoas candidatas en base á tramitación da Oferta pública realizada pola Oficina de Emprego, e unha vez avaliadas as solicitudes presentadas xunto coa correspondente documentación en tempo e forma, acordan publicar a seguinte Lista definitiva de persoas candidatas para a Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas) para os postos de alumnado-traballador (DESCARGAR AQUI). Ter presente que 1 indica admitido/a e 0 indica excluído/a, indicando nese caso o motivo.

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) 30 de outubro ata as 11:00: Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos. Ao rematar esta fase, o Órgano de selección procederá a valorar a citada proba, publicando a Lista de persoas admitidas que superan a Proba de aptitude e/ou de coñecementos e pasan á Fase 2 Entrevista persoal
b) 30 de outubro, 13:00: Fase 2 Entrevista persoal


PUNTUACIÓN DA PROBA PRÁCTICA A PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS

Reunido o Órgano de selección establecido e avaliada a Proba práctica acordan publicar a Lista de persoas candidatas que superan a mesma (apto/a) e que pasan á Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:
a) 30 de outubro, 13:00: Fase 2 Entrevista persoal


PUNTUACIÓN DA ENTREVISTA A PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS QUE SUPERARON A PROBA PRÁCTICA

Reunido o Órgano de selección establecido e realizada a Entrevista Persoal acordan publicar a Puntuación da Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI). Nesta entrevista determínanse persoas candidatas que non reúnen requirimentos físicos, sendo motivo de exclusión do proceso de selección.

Adicionalmente, o Órgano de selección procede coa Fase 3 Valoración de méritos, estando previsto a publicación da súa puntuación o 30 de outubro de 2023


PUNTUACIÓN DE VALORACIÓN DE MÉRITOS A A PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS QUE SUPERARON A PROBA PRÁCTICA E NON FORON EXCLUÍDAS NA ENTREVISTA

Reunido o Órgano de selección establecido, unha vez valorado os méritos das persoas candidatas admitidas que superaron a proba práctica e non foron excluídas na entrevista, acordan publicar a Puntuación da Fase 3 Valoración de méritos (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) Ata 31 de outubro (ata as 20:00): Alegacións ao acordo das puntuacións publicadas. As citadas alegacións deben ser xustificadas. A forma de envío da alegación é a través do correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com  e debe ir dirixida ao Presidente do Órgano de selección do Obradoiro forestal nos Montes de Vigo

b) 2 de novembro: xuntanza do Órgano de Selección, se procede, e publicación da Lista das persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como traballadores do proxecto e da Lista de reserva. Asemade, comunicación cos candidatos/as seleccionados para trasladarlle o resultado.

c) de novembro, 11:00: xuntanza co alumnado-traballador finalmente seleccionado para asinar, se procede, a Folla de aceptación e iniciar os trámites de contratación e de planificación do inicio de curso previsto para o día 6 de novembro.


LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO COMO ALUMNADO-TRABALLADOR DO PROXECTO E LISTA DE RESERVA

Reunido o Órgano de selección establecido o día 2 de novembro, unha vez comprobado que non se teñen presentado alegacións ao proceso de selección do alumnado-traballador, procede a elevar a definitiva a Lista de persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como alumnado-traballador do proxecto e Lista de reserva (DESCARGAR AQUI). Resúmese de seguido:


Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) de novembro, 11:00: xuntanza co alumnado-traballador finalmente seleccionado para asinar, se procede, a Folla de aceptación e iniciar os trámites de contratación e de planificación do inicio de curso previsto para o día 6 de novembro.

____________________________________________________________________

4. OFERTA PÚBLICA PARA EXPERTO/A DOCENTE

Selección de 1 Experto/a Docente, que se realizará a través do procedemento de Oferta pública que xestiona a Oficina de Emprego de Vigo seguindo o establecido nas Bases Reguladoras (ver apartado 2).

As persoas seleccionadas pola Oficina de Emprego de Vigo serán convocadas por esta e confirmadas por Montes de Vigo a través de chamada telefónica.

data para o inicio do proceso de selección será o venres 27 de outubro, ás 9:00 horas, podendo ser modificada en caso de necesidade. Terá lugar no local da Mancomunidade de Montes de Vigo (ver GOOGLE MAPS) (Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Rúa Estrada Xeral de Valladares - Pedregal nº 6 - 36314 Valladares-Vigo).

De cara a axilizar o proceso de presentación da SOLICITUDE PARA SER ADMITIDO AO PROCESO DE SELECCIÓN DE EXPERTO/A DOCENTE, as persoas candidatas terán que traer cuberta a SOLICITUDE (ver DOCUMENTO en en DOC ou PDF) e achegar os documentos que se citan ao final da mesma. Tamén cómpre levar o DNI ou documento substitutivo.

As SOLICITUDES realizaranse o día indicado, tendo que presentar nese momento imprescindiblemente o formulario de solicitude e a documentación necesaria para acreditar os requisitos, sendo motivo de exclusión a falta de dita documentación.

Lista definitiva (27/10/23)

Reunido o Órgano de selección establecido e avaliadas as solicitudes presentadas xunto coa correspondente documentación, acordan publicar a seguinte Lista definitiva de persoas candidatas para a Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas) para o posto de Experto/a docente (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) 27 de outubro ata as 10:30: Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos. Ao rematar esta fase, o Órgano de selección procederá a valorar a citada proba, publicando a Lista de persoas admitidas que superan a Proba de aptitude e/ou de coñecementos e pasan á Fase 2 Entrevista persoal
b) 27 de outubro, 12:00: Fase 2 Entrevista persoal


Puntuación da Proba a docente (27/10/23)

Unha vez convocados formalmente cinco candidatos/as para o citado día, presentouse Fco José Bacelar Teruelo (7324XXXXX), que cumpría os requisitos mínimos e polo tanto pasou á Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas) para o posto de Experto/a docente, que tivo lugar de seguido.

Reunido o Órgano de selección establecido e avaliado a Proba de aptitude/e coñecementos acordan publicar a Lista de persoas candidatas que superan a mesma e que pasan á Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:
a) 27 de outubro, 12:00: Fase 2 Entrevista persoal


Puntuación da Entrevista a docente (27/10/23)

Reunido o Órgano de selección establecido e realizada a Entrevista Persoal acordan publicar a Puntuación da Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección procede coa Fase 3 Valoración de méritos, estando previsto a publicación da súa puntuación o 27 de outubro de 2023


Puntuación da Valoración de méritos a docente (27/10/23)

Reunido o Órgano de selección establecido, unha vez valorado os méritos do candidato admitido acordan publicar a Puntuación da Fase 3 Valoración de méritos (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) Ata 30 de outubro: Alegacións ao acordo das puntuacións publicadas. As citadas alegacións deben ser xustificadas. A forma de envío da alegación é a través do correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com  e debe ir dirixida ao Presidente do Órgano de selección do Obradoiro forestal nos Montes de Vigo

b) 31 de outubro: xuntanza do Órgano de Selección, se procede, e publicación da Lista das persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como Docente do proxecto e da Lista de reserva.

c) 2 de outubro, 10:00: xuntanza co Docente finalmente seleccionado para asinar, se procede, a Folla de aceptación e iniciar os trámites de contratación e de planificación do inicio de curso previsto para o día 6 de novembro.


__________________________________________________________________________________

5. CONVOCATORIA PÚBLICA PARA O RESTO DO PERSOAL

Selección do resto do persoal do obradoiro dual (1 administrativo/a e 1 director/ra), que se realizará a través do procedemento de Convocatoria pública xestionada por Montes de Vigo (ver DOCUMENTO).

Segundo as bases reguladoras, a Convocatoria pública está aberta ata o mércores 25 de outubro de 2023, sendo preciso remitila por correo electrónico, xunto coa documentación, a obradoiro.montesdevigo@gmail.com

Unha vez pechado o proceso de recepción de solicitudes, procederase segundo o establecido na Convocatoria Pública citada.

Para facilitar o proceso de cobertura da solicitude, póñense a disposición os anexos en formato pdf e doc: 

- Administrativo/a (Anexo III):  DOC PDF

- Director/ra (Anexo IV):  DOC e PDF


Lista provisional (26/10/23)

 Reunido o Órgano de selección o xoves 26 de outubro e avaliadas as solicitudes presentadas para os postos de Administrativo/a e Director/ra xunto coa correspondente documentación, acorda publicar a Lista provisional de persoas candidatas para a Fase 1 Proba de aptitude e/ou coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas) (DESCARGAR AQUI)

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) 27 de outubro, ata as 12:00: alegacións ao acordo recollido no documento de Lista provisional. As citadas alegacións deben ser xustificadas e aportar as evidencias que acreditan a improcedencia da motivación exposta para a exclusión da persoa candidata. A forma de envío da alegación é a través do correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com e debe ir dirixida ao Presidente do Órgano de selección do Obradoiro forestal nos Montes de Vigo

b) 27 de outubro, 12:30: xuntanza do Órgano de selección para analizar as alegacións que poida haber e adoitar o acordo definitivo de persoas candidatas admitidas para a Fase 1 Proba de aptitude e/ou coñecementos.

c) 28 de outubro: celebración das Probas de aptitude e/ou coñecemento e das Entrevistas persoais na sede de Montes de Vigo (Rúa Estrada Xeral de Valladares - Pedregal nº 6 36314-Vigo), no seguinte horario: 10:00 (Administrativo/a), 11:00 (Director/ra)


Lista definitiva (27/10/23)

Con data 26 de outubro de 2023 publicouse a Lista provisional de persoas candidatas para a Fase 1 Proba de aptitude e/ou cocñecemento (lista persoas admitidas e excluídas, abríndose un prazo de alegacións ata o 27 de outubro as 12:00.

Pasado o citado prazo recibiuse en forma e prazo unha alegación por parte de Rubén José Navarro Hernández á súa exclusión.

Reunido o Órgano de selección establecido e avaliadas as solicitudes presentadas xunto coa correspondente documentación e alegacións recibidas, acordan publicar a seguinte Lista definitiva de persoas candidatas para a Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas)  (DESCARGAR AQUI).


Puntuación da Proba a administrativa (28/10/23)

Unha vez convocadA formalmente a candidata para o 28 de outubro, presentouse a candidata admitida, que cumpría os requisitos mínimos e polo tanto pasou á Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas) para o posto de Administrativa, que tivo lugar de seguido.

Reunido o Órgano de selección establecido e avaliado a Proba de aptitude/e coñecementos acordan publicar a Lista de persoas candidatas que superan a mesma e que pasan á Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:
a) 28 de outubro, 10:30: Fase 2 Entrevista persoal


Puntuación da Entrevista a administrativa (28/10/23)

Reunido o Órgano de selección establecido e realizada a Entrevista Persoal acordan publicar a Puntuación da Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección procede coa Fase 3 Valoración de méritos, estando previsto a publicación da súa puntuación o 28 de outubro de 2023


Puntuación da Valoración de méritos a administrativa (28/10/23)

Reunido o Órgano de selección establecido, unha vez valorado os méritos da candidata admitida acordan publicar a Puntuación da Fase 3 Valoración de méritos (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) Ata 30 de outubro: Alegacións ao acordo das puntuacións publicadas. As citadas alegacións deben ser xustificadas. A forma de envío da alegación é a través do correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com  e debe ir dirixida ao Presidente do Órgano de selección do Obradoiro forestal nos Montes de Vigo

b) 31 de outubro: xuntanza do Órgano de Selección, se procede, e publicación da Lista das persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como Administrativa do proxecto e da Lista de reserva.

c) 2 de outubro, 10:00: xuntanza coa Administrativa finalmente seleccionada para asinar, se procede, a Folla de aceptación e iniciar os trámites de contratación e de planificación do inicio de curso previsto para o día 6 de novembro.


Puntuación da Proba a director/ra (28/10/23)

Unha vez convocados formalmente os candidatos para o 28 de outubro, presentáronse os candidatos admitidos, que cumprían os requisitos mínimos e polo tanto pasaron á Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas) para o posto de Director/ra que tivo lugar de seguido.

Reunido o Órgano de selección establecido e avaliado a Proba de aptitude/e coñecementos acordan publicar a Lista de persoas candidatas que superan a mesma e que pasan á Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:
a) 28 de outubro, 12:30: Fase 2 Entrevista persoal


Puntuación da Entrevista a director/ra (28/10/23)

Reunido o Órgano de selección establecido e realizada a Entrevista Persoal acordan publicar a Puntuación da Fase 2 Entrevista persoal (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección procede coa Fase 3 Valoración de méritos, estando previsto a publicación da súa puntuación o 28 de outubro de 2023

Puntuación da Valoración de méritos a director/ra (28/10/23)

Reunido o Órgano de selección establecido, unha vez valorado os méritos das persoas candidatas admitidas acordan publicar a Puntuación da Fase 3 Valoración de méritos (DESCARGAR AQUI).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) Ata 30 de outubro: Alegacións ao acordo das puntuacións publicadas. As citadas alegacións deben ser xustificadas. A forma de envío da alegación é a través do correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com  e debe ir dirixida ao Presidente do Órgano de selección do Obradoiro forestal nos Montes de Vigo

b) 31 de outubro: xuntanza do Órgano de Selección, se procede, e publicación da Lista das persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como Director/ra do proxecto e da Lista de reserva.

c) 2 de outubro, 10:00: xuntanza co Director/ra finalmente seleccionada para asinar, se procede, a Folla de aceptación e iniciar os trámites de contratación e de planificación do inicio de curso previsto para o día 6 de novembro.


Lista definitiva de persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como persoal do proxecto e Lista de reserva

Reunido o Órgano de selección establecido o día 31 de outubro, unha vez comprobado que non se teñen presentado alegacións ao proceso de selección do persoal, procede a elevar a definitiva a Lista de persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como persoal do proxecto e Lista de reserva (DESCARGAR AQUI). Resúmese de seguido:

Nos casos do Docente e da Administrativa, ao non haber máis candidatos presentados, non hai lista de reserva.

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) 2 de novembro, 10:00: xuntanza co persoal seleccionado para asinar, se procede, a Folla de aceptación e iniciar os trámites de contratación e de planificación do inicio de curso previsto para o día 6 de novembro.

__________________________________________________________________________________

6. CONTACTO

Calquera información relacionada coa convocatoria pódese solicitar no correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com ou no teléfono 608046047

Nombre

Actualidade,163,Destacado,105,eventos,22,
ltr
static_page
Montes de Vigo: Obradoiro forestal dos Montes de Vigo 2022-2023
Obradoiro forestal dos Montes de Vigo 2022-2023
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/p/obradoiro-forestal.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/p/obradoiro-forestal.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar