Festa do monte en Beade con paseo interpretativo o domingo 3 de agosto

Na Festa do Monte organizada pola Comunidade de Montes de Beade hai unha ampla oferta de actividades como se reflicte no cartel adxunto, incluído sardiñas gratuítas.
Ademáis, en colaboración con Montes de Vigo, entre as actividades complementarias previstas incorpórase un Paseo interpretativo percorrendo os distintos recursos recreativos ao longo do sendeiro que se entrelaza polo monte (máis info AQUI):
- Domingo 3 de agosto, 11-12:30 horas
- Punto de Encontro: diante do palco do Parque Forestal de Beade | Localización AQUI)
- Formulario de inscrición: AQUI
Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU
CARTEL DA FESTA
