GRUPO DE TRABALLO "GRANDES INCENDIOS FORESTAIS" DAS MANCOMUNIDADES DE MONTES DE BAIXO MIÑO, VAL MIÑOR E VIGO

PRESENTACIÓN |  PRENSA | INFORMACIÓN | CONTACTO

Extinción do incendio nos montes de Valladares en xullo de 2025

PRESENTACIÓN DO GRUPO DE TRABALLO: Acordo | Encontro co Distrito Forestal 18

Acordo de Colaboración entre as Mancomunidades de Montes de Baixo Miño, Val Miñor e Vigo: antecedentes e folla de ruta (12 xuño 2025)

O 31 de maio de 2025 tivo lugar en Goián as xornadas “As Comunidades de Montes fronte aos grandes incendios forestais (GIF)” organizadas pola Mancomunidade de Montes de Baixo Miño no marco do proxecto europeo FirePocTep+ en colaboración coa Universidade de Vigo. Dúas foron as conclusións que se obtiveron destas xornadas: “Non chega con prevír os incendios do próximo verán, debemos prevír os incendios da próxima década” (Juan Picos, Escola de Enxeñería Forestal de UVigo) e “Vendo a evolución do lume en Galicia, estamos pasando dos incendios forestais aos incendios do territorio” (Manuel Rodríguez, Director Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural)

Diante destes retos, e despois dunha xornada de traballo intensa na que se repasaron as experiencias traumáticas vividas no sur de Pontevedra dende 2006, as comunidades de montes presentes nas xornadas concluíron que era preciso unir esforzos para abordar dun xeito coordinado un problema social no que as citadas comunidades son protagonistas xunto co resto de actores (concellos, Xunta de Galicia, etc).

O testigo foi asumido polas Mancomunidades de Montes Veciñais en Man Común de Baixo Miño, Val Miñor e Vigo, que representan a 41 comunidades de montes no Sur de Pontevedra. Na xuntanza realizada o 12 de xuño estableceuse a folla de ruta a seguir e que se resume en:

Análise de realidade sobre os Grandes Incendios Forestais (GIF) no Sur de Pontevedra, con posta en común da información dispoñible e apoio en expertos externos (p.e: grupo de traballo de FirePocTep+ da Universidade de Vigo que estudia o caso de Baixo Miño e Val Miñor)

Definición dunha axenda de traballo interna dirixida a formación e sensibilización dos equipos directivos e técnicos das comunidades de montes, así como de sensibilización social sobre o problema co que nos estamos enfrontando.

Definición dunha axenda de traballo coa Consellería de Medio Rural, tanto a nivel de Distrito Forestal 18 (ao que están adscritas as 3 mancomunidades) como a nivel de Servicio Provincial e Direccións Xerais competentes. Temas claves nesta liña de traballo é o intercambio de información, a posta a disposición para colaborar na planificación da prevención de GIF e da súa extinción, e a demanda dun Plan de Prevención de Incendios Forestais do Distrito Forestal 18.

Traballos de contención dun conato de incendio en Xullo 2025

Primeiro encontro do Grupo de traballo co Distrito Forestal 18 (29 xullo 2025)

Despois de varias xuntanzas de coordinación interna, a primeira actuación levada a cabo foi a presentación do Grupo de traballo ao Xefe de Servicio do Distrito Forestal, que tivo lugar este martes 29 de xullo e no que estiveron presentes os tres presidentes das Mancomunidades de Baixo Miño (José Palacio), Val Miñor (Latino Rodríguez) e Vigo (Uxío González)

O contexto previo do encontro durante estas últimas semanas son os múltiples incendios vividos nas tres áreas de actuación das mancomunidades, que poñen en evidencia o motivo polo que o distrito forestal 18 se atopa considerado no PLADIGA como Zona de Alto Risco de Incendio.

Por parte do Presidente da Mancomunidade de Baixo Miño manifestouse en primeiro lugar a grave preocupación que se ten pola falla de coordinación detectada entre os principais actores implicados nos Grandes Incendios Forestais: Xunta de Galicia, Concellos e sector de comunidades de montes veciñais en man común, entre outros.

En segundo lugar, puxo de manifesto a vontade das entidades presentes de coordinar aquelas accións que se estimen oportunas de cara a abordar o grave problema dos Grandes Incendios Forestais, que este ano xa se manifestaron en Cataluña e semella que xa están presentes en Portugal. Lembrouse na xuntanza que os expertos nos advirten que son recorrentes e, despois dos vividos no 2017 e que afectou gravemente ao Sur de Pontevedra, estamos en período de que poidan volver a producirse nun intervalo de tempo próximo e afectando a unha poboación de 500.000 persoas, da máis poboada de Galicia.

Por último, despois de facer un repaso á situación do Distrito Forestal 18, viuse oportuno pór en común a información dispoñible, actualizando a xa existente e recabando nova información, para nos próximos meses establecer unha axenda de traballo que contemple medidas concretas relacionadas co que debe ser un Plan integral de Prevención de Incendios Forestais de Distrito. As primeiras e máis inmediatas son capacitar aos equipos das comunidades de montes sobre o problema ao que nos estamos enfrontando, así como iniciar accións de sensibilización á poboación sobre o mesmo.

Neste sentido, xa se avanzou que as Mancomunidades teñen previsto realizar unha xornada o 18 de outubro -lembrando os lumes de 2017- onde se iniciaran estas accións de formación e sensibilización, e que é un inmellorable momento para presentar a axenda de traballo demandada á Consellería de Medio Rural.

Traballos posteriores a un conato de incendio

RESUMO DE PRENSA

. El fuego desata el pánico en A Cañiza (FV, 31/7/25)

. A veciñanza vixila o monte (VG, 31/7/25)

. Incendio na Cañiza (VG, 31/7/25)

. Los incendios se descontrolan en Pontevedra (FV, 30/7/25)

. Incendio en Cotobade (VG, 30/7/25)

. Incendio en Pesqueiras-Salvaterra (VG, 30/7/25)

. Incendio en Salvaterra de Miño puso en peligo un nucleo de viviendas (VG, 29/7/25)

. Megaincendios fuera de control (Informe WWF recollido en FV, 16/7/25)

. Incendio en Vincios (Facebook FV, 16/7/25)

INFORMACIÓN DE INTERESE: 1. Visor de incendios | 2.Guías incendios | 3.Asadoiros homologados | 4.Roza con IRDI alto

1.Visor de incendios

. Visor de incendios Copernicus

. Visor de incendios NASA

1. Guías incendios

. Guía básica de introdución a incendios forestais (Consellería de Medio Rural) | Manual prevención incendios (2007)

. Indice de Risco Diario de Incendios (IRDI)

. Permisos de queimas (Consellería de Medio Rural)

. PLADIGA 2025: Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Consellería de Medio Rural)

2. Asadoiros homologados nos Parques Forestais

A normativa vixente impide empregar os asadoiros dos parques forestais dende Xullo a Setembro. A única excepción é no caso de que sexan asaadoiros homologados pola Xunta, que nese caso sí se poden empregar agás que o IRDI (ver WEB de Medio Rural) se atope en nivel "moi alto" ou "extremo".

A modo de exemplo pódese ver a seguinte NOVA da web de Montes de Vigo.

3. Resumo da normativa de roza no caso de IRDI alto (en moi alto e extremo non se pode rozar no monte)

CONTACTO

SecretaríaTécnica -  608 046 047 – servizos@montesdevigo.org

Mancomunidadede Montes de Baixo Miño: José Palacio – 609 804 905

Mancomunidadede Montes de Val Miñor: Latino Rodríguez – 636 054 910

Mancomunidadede Montes de Vigo: Uxío González – 606 026 045