A VIII Trail Montes de Vigo abre as inscricións dende o 3 de setembro
A Trail Montes de Vigo regresa o próximo sábado 12 de outubro para celebrar a súa oitava edición. A proba contará con dúas distancias: 22 quilómetros, con 1.050 metros de desnivel positivos, e 12 km, con 600 metros de desnivel positivo.
Ademais acompañarase cunha andaina familiar polos montes de Beade de entorno a 3 km.
Os participantes poderán gozar dun percorrido con trialeiras, camiños, sendeiros e pistas que percorren os montes de Beade e de Bembrive. O 1 de outubro subirase os tracks das probas.
A carreira, que conmemora a traxedia dos incendios que afectaron a un terzo dos montes de Vigo en 2017, terá como fin dar a coñecer o uso social do monte.
REGULAMENTO E INSCRICIÓNS
O regulamento está dispoñible neste ENLACE.
As inscricións atópanse xa dispoñibles a prezo especial en deporticket.com ata o día 15 de setembro.