A dinamización micolóxica de Montes de Vigo estivo presente no XXIV Simposio Internacional de Botánica Criptogámica
%20recorte.jpeg)
Do 7 ao 10 de xullo, o Proxecto “Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor” estivo presente no XXIV Simposio Internacional de Botánica Criptogámica, celebrado na Facultade de Enxeñaría Forestal de Pontevedra. O Simposio, organizado polas tres Universidades galegas, e ca colaboración con diversas sociedades científicas españolas (Grupo Micolóxico Galego, Sociedade Ibérica de Micoloxía, Sociedade Española de Ficoloxía, Sociedade Española de Liquenoloxía, Sociedade Española de Brioloxía e o Grupo de Traballoen Pteridoloxía), reuniua un total de 188 expertos, pertencentes a 12 países, coa finalidade de actualizar, discutir e poñer en común candaséus avances nas respectivas disciplinas criptogámicas.

Nestas disciplinas englóbase a Micoloxía, ciencia na que o Proxecto fai especial fincapé, coma un dos diferentes servizos ecosistémicos que ofrecen os Montes Periurbanos de Vigo. Por este motivo expúxose un póster, que actúa coma comunicación cientifica, ao que todos os interesados puideron achegarse para informarse.
No póster mostrouse a motivación e o proceso simplificado de creación dos coutos micolóxicos de Beade e Matamá, así como os principais obxectivos acadados no marco do Proxecto ata o momento: o número de participantes nas actividades formativas en micoloxía ofertadas, as hectáreas de terreo traballadas con micorrizas, a creación da Aula Ambiental e Micolóxica de Beade, os cursos profesionalizantes en micoloxía para peóns forestais, ou o número de especies das cales se regula a súa recolección.
O póster tivo unha boa acollida, espertando o interese dos asistentes ao Simposio, que valoraron positivamente a metodoloxía de traballo e o impactoque o Proxecto terá sobre o terreo.
A actividade micolóxica descrita forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU