"GRANDES INCENDIOS FORESTAIS": GRUPO DE TRABALLO DAS MANCOMUNIDADES DE MONTES DE BAIXO MIÑO, MORRAZO, PONTEVEDRA, VAL MIÑOR E VIGO

PRENSA | GRUPO DE TRABALLO | INFORMACIÓN | CONTACTO

Extinción do incendio nos montes do Sur de Pontevedra

RESUMO DE PRENSA

A) CAMPAÑA DE TRABALLO EN SETEMBRO (BAIXO MIÑO, MORRAZO, PONTEVEDRA, VAL MIÑOR E VIGO)

. 13/9/25 Resumo de prensa do Comunicado do 12/9/25: Voz de Galicia, Atlántico Diario

. 12/9/25 CINCO MANCOMUNIDADES DE MONTES DE PONTEVEDRA RESPONDEN AO PRESIDENTE DA XUNTA SOBRE OS INCENDIOS (Comunicado)

B) CAMPAÑA DE TRABALLO ATA AGOSTO (BAIXO MIÑO, VAL MIÑOR E VIGO)

. 9/9/25 Reportaxe sobre xestión dos incendios no Sur de Pontevedra (TVE)

. 1/9/25 Entrevista a Presidente de Mancomunidade de Montes de Baixo Miño (Ser Baixo Miño)

. 1/9/25 Editorial Atlántico Diario en relación co Manifesto de Montes de Vigo (AD)

. 29-30/8/25 A infraestructura verde que protexe á cidade de Vigo precisa dun pacto institucional urxente para previr grandes incendios (Manifesto de Montes de Vigo) ... Resumo de prensa: Atlántico Diario, Voz de Galicia, Faro de Vigo, TreintaySeis, VigoE)

. 30/8/25 Entrevista en Ser Vigo ao Presidente de Montes de Vigo con motivo do Manifesto para previr incendios

. 20/8/25 Nin Vigo nin nigún lado está libre dun gran incendio, non se aprendeu nada deo 2017 (Atlántico Diario, con entrevista en video)

. 14/8/25 Alerta extrema contra os incendios na área de Vigo (Faro de Vigo e Voz de Galicia)

. 6/8/2025 Los propietarios de los montes gallegos se organizan para proteger sus terrenos (Antena3)

. 5/8/2025 50 Comunidades de montes se alían para evitar una ola de incendios como la del 2017 (Voz de Galicia)

. 4/8/2025 Máis de 600 ojos en los montes de Vigo y su área

. 1/8/2025 Resumo da nota de prensa emitida polo grupo de traballo: Faro de Vigo, Atlántico Diario e Voz de Galicia

C) Novas sobre incendios de 2025

. Desbroces de fincas privadas por Concello de Vigo (11/9/25)

. Cambio de paradigma - Presidente COSE (10/9/25)

. Pleno autonómico con motivo dos incendios do verán (VG, 10/9/25)

. Resumo de medidas prevención incendios (Xunta de Galicia, 10/9/25)

. Incendios y envejecimiento de la población (VG, 9/9/25)

. Riesgo de incendio en otoño (VG, 9/9/25)

. No es fuego, es muerte - Editorial Voz de Galicia (VG, 9/9/25)

. Ordenación sectorial de los montes en man común (AD, 7/9/25)

. Ni podemos ni debemos tener el monte limpio como una patena - Juan Picos (FV, 7/9/25)

. Medidas contra os incendios - Fundación Pau (VG, 5/9/25)... Propostas Fundación Pau (Enlace a web)

. Gestionar el monte con rigor (FV, 4/9/25)

. Non todo o monte raso é maleza (GCiencia, 3/9/25)

. Entrevisa ao Presidente de INGATECO sobre a crise vivida (GE, 1/9/25)

. Cada euro en prevención ahorra siete en reconstrucción - Nadia Calviño (VG, 31/8/25)

. El gobierno central obliga a las comunidades a reforzar la prevención en áreas de riesgo (FV, 30/8/25)

. Real decreto 716_2025 Directrices y criterios para planes anuales de prevención, vigliancia y extinción de incendios forestales (BOE, 29/8/25) ... Ver Art 6 Puntos estratégicos de gestión

. Imos continuar defendendo a apicultura para que non desaparezan as abellas (28/8/25)

. Análise dos incendios de 2025 por Alberte Blanco (ex Director Xeral de Montes) (GC, 27/8/25)

. Informe sobre insuficiente trabajo en los cortafuegos - Tribunal de Cuentas Europeo (VG, 27/8/25)

. Coste de plantar o reforestar (FV, 27/8/25)

. Causas de los incendios de Ourense e interior de Pontevedra (VG, 27/8/25)

. A cara B dos incendios: o patrimonio (GCiencia, 26/8/25)

. Leccións dos incendios de 2017: temas feitos e temas pendentes (VG, 26/08/25)

. Vixianza do monte en Bembrive-Vigo (VG, 26/08/25)

. La vida tras los incendios de Vigo en 2017 (TS, 25/8/25)

. Incendio de Mougás arrasou 61 ha (VG, 25/8/25)

. Galicia sen montes non é Galicia (FV, 25/8/25)

. Estatística histórica dos lumes en Galicia (VG, 25/8/25)

. Os xardíns dos avós - Victor Freixanes (VG, 24/8/25)

. Lumes e problemas (con datos resume) - Pedro Puy (VG, 24/08/25)

. Batida seguindo o lume de Bembrive en Vigo (FV, 24/8/25)

. Vigilancia por cielo y tierra en los montes de Vigo (FV, 23/8/25)

. Medio Rural leva 8 meses sen aprobar axudas contra incendios (GC, 23/8/25)

. El camino hacia una gestión forestal sostenible (ECG, 22/8/25)

. O papel da comunidade na prevención de incendios (VG, 22/08/25)

. Propostas dende a economía para a prevención de incendios (VG, 22/8/25)

. Vigo impón multas por non limpar fincas (FV, 22/8/25)

. Limpiar el monte ... ¿hasta que no quede bosque? (Uvigo, 21/8/25)

. Se un monte se queima ... (VG, 21/8/25)

. A planificación territorial como ferramenta contra o lume (VG, 21/8/25)

. Comunicado de Greenpeace sobre medidas consensuadas para evitar grandes incendios forestales (20/8/25)

. "Hay que gastar más en prevención, pero no a costa de la extinción" Entrevista Manuel Rodríguez - DX Defensa do Monte (FV, 20/08/25)

. "Galicia sufre con los fuegos, pero no arte entera" (más necesidad de inversión en prevención) Artigo JL Vilanova - Cámara Comercio Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa (VG, 20/8/25)

. Vagas de lumes máis devastadoras dende 2006 en Galicia (GCiencia, 19/8/25)

. Algo non funciona (CM de Vincios, 18/8/25)

. El papel de los montes en mano común en Galicia (17/8/25)

. Montes que nunca -o casi nunca- arden (FV, 17/8/25)

. Incendios: no se invierte un céntimo en educación ambiental (VG, 17/8/25)

. Vigo: risco de incendio ao lado das casas (VG, 17/8/25)

. Vigo centra toda su atención en vigilar posibles incendios (AD, 16/08/25)

. Arde Galicia, ¿de quien es la culpa? (VG, 16/08/25)

. Rueda demanda extraer lecciones y pisar el acelerador de la prevención (FV, 15/08/25)

. ¿Por qué no dejan de aumentar los incendios en España? (Entrevista a Juan Picos en programa Todo es mentira, 13/8/25)

. Muchos incendios a la vez en todas partes (RTVE, 13/8/25)

. Seguimos sin invertir lo suficiente en prevención de incendios (The Conversation, 13/8/25)

. Imos estar diante dos incendios máis grandes dos que imos ter rexistros (Juan Picos, GCiencia, 13/8/25)

. Si huele a ´quemao´, soy yo (FV, 13/08/25) (artigo de opinión que menciona a necesidade do Anel Verde de Vigo)

. Outra xestión forestal para loitar contra o lume (VG, 10/8/25)

. Temor al infierno de 2017 en As Neves (FV, 8/8/25)

. Incendio forestal en As Neves: repetición do de 2017 (VG, 8/8/25)

. Incendio forestal en As Neves (VG, 7/8/25)

. ¿Por qué el incendio de Francia está siendo tan rápido y devastador? 5 claves para entender un fuego colosal (FV, 6/8/25)

. Incendio forestal en Bembrive (Vigo) (VG, 6/8/25)

. Cinco incendios en un día en Gondomar: "todos tienen un mismo patrón" (VG, 3/8/25)

. Comuneros de Vigo y su área: "Este calor nos recuerda al 2017" (AD, 1/8/25)

. Incendio da Cañiza controlado (VG, 1/8/25)

. El fuego desata el pánico en A Cañiza (FV, 31/7/25)

. A veciñanza vixila o monte (VG, 31/7/25)

. Incendio na Cañiza (VG, 31/7/25)

. Los incendios se descontrolan en Pontevedra (FV, 30/7/25)

. Incendio en Cotobade (VG, 30/7/25)

. Incendio en Pesqueiras-Salvaterra (VG, 30/7/25)

. Incendio en Salvaterra de Miño puso en peligo un nucleo de viviendas (VG, 29/7/25)

. Megaincendios fuera de control (Informe WWF recollido en FV, 16/7/25)

. Incendio en Vincios (Facebook FV, 16/7/25)

C) Resumo fotográfico do Faro de Vigo do verán 2025

Traballos de contención dun conato de incendio en Xullo 2025

GRUPO DE TRABALLO: 

1. Acordo | 2. Encontro co Distrito Forestal 18 | 3. 600 ollos | 4. Patrullas 50 comunidades

1. Acordo de Colaboración entre as Mancomunidades de Montes de Baixo Miño, Val Miñor e Vigo: antecedentes e folla de ruta (12 xuño 2025)

O 31 de maio de 2025 tivo lugar en Goián as xornadas “As Comunidades de Montes fronte aos grandes incendios forestais (GIF)” organizadas pola Mancomunidade de Montes de Baixo Miño no marco do proxecto europeo FirePocTep+ en colaboración coa Universidade de Vigo. Dúas foron as conclusións que se obtiveron destas xornadas: “Non chega con prevír os incendios do próximo verán, debemos prevír os incendios da próxima década” (Juan Picos, Escola de Enxeñería Forestal de UVigo) e “Vendo a evolución do lume en Galicia, estamos pasando dos incendios forestais aos incendios do territorio” (Manuel Rodríguez, Director Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural)

Diante destes retos, e despois dunha xornada de traballo intensa na que se repasaron as experiencias traumáticas vividas no sur de Pontevedra dende 2006, as comunidades de montes presentes nas xornadas concluíron que era preciso unir esforzos para abordar dun xeito coordinado un problema social no que as citadas comunidades son protagonistas xunto co resto de actores (concellos, Xunta de Galicia, etc).

O testigo foi asumido polas Mancomunidades de Montes Veciñais en Man Común de Baixo Miño, Val Miñor e Vigo, que representan a 41 comunidades de montes no Sur de Pontevedra. Na xuntanza realizada o 12 de xuño estableceuse a folla de ruta a seguir e que se resume en:

Análise de realidade sobre os Grandes Incendios Forestais (GIF) no Sur de Pontevedra, con posta en común da información dispoñible e apoio en expertos externos (p.e: grupo de traballo de FirePocTep+ da Universidade de Vigo que estudia o caso de Baixo Miño e Val Miñor)

Definición dunha axenda de traballo interna dirixida a formación e sensibilización dos equipos directivos e técnicos das comunidades de montes, así como de sensibilización social sobre o problema co que nos estamos enfrontando.

Definición dunha axenda de traballo coa Consellería de Medio Rural, tanto a nivel de Distrito Forestal 18 (ao que están adscritas as 3 mancomunidades) como a nivel de Servicio Provincial e Direccións Xerais competentes. Temas claves nesta liña de traballo é o intercambio de información, a posta a disposición para colaborar na planificación da prevención de GIF e da súa extinción, e a demanda dun Plan de Prevención de Incendios Forestais do Distrito Forestal 18.

2. Primeiro encontro do Grupo de traballo co Distrito Forestal 18 (29 xullo 2025)

Despois de varias xuntanzas de coordinación interna, a primeira actuación levada a cabo foi a presentación do Grupo de traballo ao Xefe de Servicio do Distrito Forestal, que tivo lugar este martes 29 de xullo e no que estiveron presentes os tres presidentes das Mancomunidades de Baixo Miño (José Palacio), Val Miñor (Latino Rodríguez) e Vigo (Uxío González)

O contexto previo do encontro durante estas últimas semanas son os múltiples incendios vividos nas tres áreas de actuación das mancomunidades, que poñen en evidencia o motivo polo que o distrito forestal 18 se atopa considerado no PLADIGA como Zona de Alto Risco de Incendio.

Por parte do Presidente da Mancomunidade de Baixo Miño manifestouse en primeiro lugar a grave preocupación que se ten pola falla de coordinación detectada entre os principais actores implicados nos Grandes Incendios Forestais: Xunta de Galicia, Concellos e sector de comunidades de montes veciñais en man común, entre outros.

En segundo lugar, puxo de manifesto a vontade das entidades presentes de coordinar aquelas accións que se estimen oportunas de cara a abordar o grave problema dos Grandes Incendios Forestais, que este ano xa se manifestaron en Cataluña e semella que xa están presentes en Portugal. Lembrouse na xuntanza que os expertos nos advirten que son recorrentes e, despois dos vividos no 2017 e que afectou gravemente ao Sur de Pontevedra, estamos en período de que poidan volver a producirse nun intervalo de tempo próximo e afectando a unha poboación de 500.000 persoas, da máis poboada de Galicia.

Por último, despois de facer un repaso á situación do Distrito Forestal 18, viuse oportuno pór en común a información dispoñible, actualizando a xa existente e recabando nova información, para nos próximos meses establecer unha axenda de traballo que contemple medidas concretas relacionadas co que debe ser un Plan integral de Prevención de Incendios Forestais de Distrito. As primeiras e máis inmediatas son capacitar aos equipos das comunidades de montes sobre o problema ao que nos estamos enfrontando, así como iniciar accións de sensibilización á poboación sobre o mesmo.

Neste sentido, xa se avanzou que as Mancomunidades teñen previsto realizar unha xornada o 18 de outubro -lembrando os lumes de 2017- onde se iniciaran estas accións de formación e sensibilización, e que é un inmellorable momento para presentar a axenda de traballo demandada á Consellería de Medio Rural.

3. Máis de 600 ollos no monte (3 agosto 2025)

Unhas 50 comunidades de montes e máisde 300 veciños do Distrito Forestal XVIII (suroeste de Pontevedra) coordínanseen labores de vixiancia ante o alto risco de incendios.

Dende o pasado mércores as comunidades de montes das comarcas de Vigo, Val Miñor e o Baixo Miño patrullan de xeito coordinado os montes do suroeste de Pontevedraante o elevado número de incendios. Estes grupos de vixianza manteñen contacto permanente co Distrito Foestal XVIII e co SEPRONA para alertar en tempo real de calqueira conato de lume ou actividade sospeitosa.

A tarefa que están a levar a cabo permitiu atallar nestes días varios conatos de incendio, grazas a rápida intervención tanto das brigadas antilumes como, nalgúns casos, das propias comunidades de montes.

Ante o alto risco de incendio, dende as Mancomunidades de Montes de Vigo, Val Miñor e o Baixo Miño alertan do perigo que supón o uso de maquinaria e as cabichas dos cigarros. Xa foron varios os lumes provocados por estas circunstancias máis alá daqueles claramente intencionados.

Lembran que ante calquer lume o teléfono o que hai que chamar e o 085 (incendios) ou o 112 (emerxencias) e que ante calquer actividade sospeitosa débese avisar ao SEPRONA.

Esta é a primeira vez que as comunidades de montes da zona actúan de xeito coordinado e valora nesta iniciativa de xeito moi positivo, como único medio para abordar uns incendios que cada vez mais hai que entedelos como de territorio.

4. Patrullas de 50 comunidades de montes de Baixo Miño, Val Miñor e Vigo para evitar incendios como os de 2017

Premer para ver Reportaxe en Antena 3

5. Cinco Mancomunidades de montes de Pontevedra responden ao Presidente da Xunta de Galicia (12/9/25)

As Mancomunidades de Montes de Baixo Miño, Morrazo, Pontevedra, Val Miñor e Vigo, en representación de máis de 70 comunidades de montes veciñais, consensúan unha postura común tras a intervención do Presidente da Xunta no Parlamento o 9 de setembro de 2025.

Catro décadas de compromiso co territorio

As comunidades de montes asociadas na provincia de Pontevedra levamos máis de 40 anos traballando na ordenación e recuperación do monte, logo da súa devolución ás parroquias tras décadas de abandono. Xestionamos arredor do 25% da superficie dos concellos nos que estamos presentes con Plans de Ordenación Forestal a longo prazo fiscalizados pola Administración.

O noso traballo vai moito máis alá da produción madeireira:

  • Recuperación de frondosas autóctonas, fragas e mananciais.
  • Pastoreo, apicultura e aproveitamento sostible de castañas e cogomelos.
  • Creación de parques forestais, sendeiros e infraestruturas verdes.
  • Dinamización cultural, deportiva e educativa.
  • Servizos ecosistémicos para toda a sociedade: traídas de auga, absorción de CO₂, biodiversidade, ocio e saúde.

Todo isto grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de comuneiras e comuneiros, que reinvestimos de media máis do 75% dos ingresos no propio monte, moi por riba do esixido legalmente.

O territorio é un valor que debemos coidar e proxectar cara ao futuro. Para iso, a  estratexia das comunidades de montes baséase en tres piares:

  1. Defensa estratéxica dos montes, como patrimonio, económico, social, natural e cultural.
  2. Participación activa das comunidades de montes, como motor de desenvolvemento sostible.
  3. Mellora continua na xestión, adaptándonos aos retos sociais, ambientais e económicos.

A implicación veciñal non só asegura a conservación destes espazos naturais, senón que tamén fortalece a identidade comunitaria, un monte multifuncional  contribúe ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, xerando oportunidades vencelladas ao turismo sostible, á produción forestal responsable e á valorización do patrimonio natural, etc.

Os Grandes Incendios Forestais: un risco para o territorio

Este verán, a vixilancia e as brigadas organizadas desde as comunidades de montes permitiron frear decenas de focos, colaborando ademáis cás brigadas antiincendios en labores de extinción. Pero a ameaza dos Grandes Incendios Forestais (GIF), agravados polo cambio climático, a fragmentación e abandono dos montes privados e a falla de planificación integral, afecta xa a máis de 725.000 persoas entre Pontevedra e Baixo Miño.

Non falamos só de incendios forestais: son incendios do territorio, que poñen en risco vidas, propiedades e o futuro socioeconómico do rural facendo necesaria a coordinación de todos os niveis administrativos e todos os axentes implicados, onde as comunidades de montes teñen un papel fundamental.

Do debate á acción

Recoñecemos a importancia de que o Presidente da Xunta nomease expresamente ás comunidades de montes como actores necesarios. Por iso, nun momento clave para o futuro do noso territorio, reafirmamos o noso compromiso cun debate sosegado, construtivo e respectuoso.

Mais o problema non se resolve con titulares nin con novas leis, senón executando os compromisos xa aprobados e dotando de medios ás comunidades. Propoñemos:

  1. Revisión orzamentaria: investimentos plurianuais e fórmulas administrativas áxiles que aseguren unha ordenación do territorio resiliente ao lume.
  2. Reformulación dos Plans de Ordenación Forestal: integrando a xestión mancomunada do territorio e o uso multifuncional do monte.
  3. Capacitación actualizada dos recursos humanos implicados.
  4. Sensibilización social sobre a importancia da prevención e corresponsabilidade cidadá.
  5. Execución inmediata de Plans de Prevención e Defensa contra o lume dos Distritos Forestais, con participación da Xunta, Deputación, Concellos e Comunidades de Montes.

Un chamamento ao diálogo

As comunidades de montes estivemos e seguimos estando dispostas a colaborar, e facémolo cada día. Reiteramos a nosa disposición inmediata a abordar conxuntamente a ordenación do territorio, en cooperación coas administracións e coa sociedade civil.

O noso obxectivo é común e inequívoco: previr os incendios e construír montes vivos, capaces de protexerse e de protexernos.

INFORMACIÓN DE INTERESE: 

1. Visor de incendios | 2.Guías incendios | 3.Asadoiros homologados | 4.Roza con IRDI alto

1.Visor de incendios

. Visor de incendios Copernicus

. Visor de incendios NASA

2. Guías incendios

. Guía básica de introdución a incendios forestais (Consellería de Medio Rural) | Manual prevención incendios (2007)

. Indice de Risco Diario de Incendios (IRDI)

. Permisos de queimas (Consellería de Medio Rural)

. PLADIGA 2025: Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Consellería de Medio Rural)

3. Asadoiros homologados nos Parques Forestais

A normativa vixente impide empregar os asadoiros dos parques forestais dende Xullo a Setembro. A única excepción é no caso de que sexan asaadoiros homologados pola Xunta, que nese caso sí se poden empregar agás que o IRDI (ver WEB de Medio Rural) se atope en nivel "moi alto" ou "extremo".

A modo de exemplo pódese ver a seguinte NOVA da web de Montes de Vigo.

4. Resumo da normativa de roza no caso de IRDI alto (en moi alto e extremo non se pode rozar no monte)

Traballos posteriores a un conato de incendio

CONTACTO

SecretaríaTécnica -  608 046 047 – servizos@montesdevigo.org

Mancomunidadede Montes de Baixo Miño: José Palacio – 609 804 905

Mancomunidade de Montes de Morrazo: Antonio Nogueira – 662 094 951

Mancomunidade de Montes de Pontevedra: Manuel Casás – 630 029 042

Mancomunidadede Montes de Val Miñor: Latino Rodríguez – 636 054 910

Mancomunidadede Montes de Vigo: Uxío González – 606 026 045