A IX Trail Montes de Vigo convoca a máis de 500 participantes

IX TRAIL (2025) | VIII TRAIL (RESUMO 2024)

Resumo Trail 2025 e Clasificacións | Ficha Técnica Trail 2025 | Presentación Trail 2025

Momento da saída da Trail Curta

RESUMO TRAIL 2025 E CLASIFICACIÓNS

A IX Edición da Trail Montes de Vigo celebrouse no marco dun expléndido día de outono e cunha participación acumulada entre a Trail Longa, a Trail Curta e a Andaina Familiar que superou as 500 persoas.

En verbas do Presidente de Montes de Vigo foi unha boa oportunidade de gozar da función recreativa que teñen os montes de Vigo, nesta ocasión atravesando os montes de Beade e de Zamáns. Tamén houbo ocasión para lembrar os 8 anos dos lumes de 2017, que coincidiran precisamente pouco despois de celebrar a Trail daquel ano. Ao mesmo tempo, agradeceu a colaboración dos patrocinadores: VEGALSA-Eroski, Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra.

RESUMO DE PRENSA AQUI

Participantes no momento da saída

Os resultados da proba AQUI.

Emitida NOTA DE PRENSA con este titular "Adrián Escudero y Leticia Diz dictan sentencia en los Montes de Vigo".

Neste ENLACE atópase un resumo das fotos da proba.

Neste ENLACE atópanse as imaxes do podio.

Participantes na Andaina familiar xunto a lonas divulgativas de "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor"

A Andaina familiar, enmarcada nas actividades de "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" permitiu achegar a dimensión educativa dos montes aos máis pequenos. No percorrido topámonos cos froitos do monte de diversas especies de árbores, así como unha variedade de cogomelos tamén presentes.

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationE

Voluntarios das comunidades de montes de Beade, Matamá, Saiáns e Valladares ao final do evento

Un resumo fotográfico da xornada atópase AQUI, recollendo de seguido un breve resumo:

FICHA TÉCNICA TRAIL 2025

Data: domingo 12 de outubro, a partir das 9:00 recollida de dorsais

Regulamento neste ENLACE

Inscrición neste ENLACE

Percorrido: Montes de Beade e Zamáns

a) Track Trail Montes de Vigo 2025 Curta

b) Track Trail Montes de Vigo 2025 Longa

Trail Montes de Vigo 2025 Curta
Trail Montes de Vigo 2025 Longa

________________________________________________________________________________________________________________

PRESENTACIÓN DA TRAIL (1/10/25)

O Eroski Center de Portanet acolleu a presentación do IX Trail Montes de Vigo, que se celebrará o domingo 12 de outubro en horario de mañá. A proba, organizada pola Mancomunidade de Montes de Vigo co apoio de Vegalsa-Eroski, Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e Vitaldin Sport, busca promover o uso social e sostible dos montes periurbanos e concienciar sobre o seu coidado para previr incendios.

No acto de presentación acompañaron ao Presidente de Montes de Vigo, Uxío González, a directora de Sostenibilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, a Concelleira de Medio Ambiente, Núria González, e a Diputada provincial de Deportes, Luísa Sánchez.

O Trail contará con dúas distancias (24 e 14 km) e cunha andaina familiar polos montes de Beade, con saída e meta no Parque Forestal de Beade e percorrido polos montes de Zamáns e polo Galiñeiro. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 8 de outubro en deporticket.com (AQUI)

Como novidade, este ano o trail forma parte da Pontevedra Trail League, o que lle dá un maior nivel competitivo. Todos os participantes recibirán dorsal, camiseta conmemorativa e avituallamentos ofrecidos por Vegalsa-Eroski, e entregaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría.