As herbas de San Xoán permitiron un interesante intercambio de saberes en Beade e Matamá

Momento despois da recollida das herbas de San Xoán nos montes de Beade

A programación da Aula medioambiental de "Montes de Vigo 2046" do mes de xuño permitiu achegar ao coñecemento sobre a tradición das herbas de San Xoán e algúns fundamentos biolóxicos asociados. Resultou interesante comprobar como en dúas parroquias de Vigo como Beade e Matamá, aínda tendo unha base común de tradición, presentaron particularidades curiosas en cada unha delas.

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU

Na parte teórica da sesión traballouse o catálogo de herbas manexado, distinguindo as 7 principais e outras que tamén se manexan. Sobre as principais afondouse nas súas características e propiedades (ver DETALLE).

Na parte práctica realizouse unha saída de campo que permitiu comprobar como nos montes comunais de Matamá e Beade, sen moverse moito do núcleo do parque forestal, pódese atopar unha boa colección.

Saída de campo na Comunidade de montes de Matamá
Saída de campo na Comunidade de montes de Beade

Algunhas mostras do traballado pódese ver de seguido:

Type image caption here (optional
Herba de San Xoan