Nova Xornada de Teambuilding con Votorantim Cimentos erradicando acacia negra

12 traballadores de Votorantim Cimentos da sede en Vigo participaron nunha xornada de sensibilización e erradicación de acacia negra en colaboración con Montes de Vigo.
Ao longo da mañán houbo ocasión de coñecer os traballos que se están facendo en prevención de incendios nos montes de Vigo, así como o proceso de transformación paulatina destes montes periurbanos sobre a base da experiencia da Comunidade de Montes de Saiáns.

Particularmente deuse a coñecer a loita contra a acacia negra, que supón un gran esforzo en controlar una especie exótica invasora que só a base de constante traballo e substitución por especies frondosas é posible eliminala.
Neste senso, despois dos traballos realizados durante 2025 e 2026, agora tocaba a erradicación de rebrotes, que pouco a pouco están sendo controlados
Ao final da mañá houbo un momento para gozar do Parque Forestal de Saiáns e tomarse un refrixerio
