Presentada EntrePontes - Trail e Andaina nos montes de Vigo (12/10/26)

Participantes no acto de presentación da Trail 14K Vigo

O Parque Forestal de Beade acolleu a presentación do Trail 14K Vigo, que se celebrará o luns 12 de outubro en horario de mañá. A proba, organizada pola área de Deportes da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e a Comunidade de Montes de Beade, busca promover o uso social e sostible dos montes periurbanos e concienciar sobre o seu coidado para previr incendios.

Na programación tamén están previstas unha Andaina de 4,6 km e unha Andaina Familiar de 2,9km acompañada de guías para coñecer a biodiversidade do Monte de Beade e os servizos ecosistémicos que este ofrece.

No acto de presentación acompañaron ao Presidente de Montes de Vigo, Uxío González, a Diputada provincial de Deportes, Luísa Sánchez, e o Presidente da Comunidade de Montes de Beade, Emilio Saco.

INSCRICIÓN E MÁIS INFO

As persoas interesadas poderán inscribirse AQUI, habendo prazas limitadas (Trail: 500, Andaina: 100 e Andaina familiar: 50)

Inscrición gratuíta

Máis información neste ENLACE da Deputación de Pontevedra