Reportaxe do Atlántico Diario sobre os recursos hídricos que aportan os montes de Vigo á cidade

O Atlántico Diario recolle un resumo dos estudos sobre os recursos hídricos nos montes de Vigo. Ver a nova completa na web (AQUI) ou na súa transcripción (AQUI)
Entre os aspectos a destacar atópase que os montes comunais aportan o 12% da auga potable en Vigo, tendo en conta que hai 5 captacións de auga potable (Bembrive, Beade-Presas, Fabas-Quintán, Quintán-Sobreira e Zamáns) das 6 que suministran Vigo (sendo o encoro de Eiras a que está fora).
«Os montes periurbanos de Vigo son moito máis que zonas recreativas: son as tubaxes naturais que permiten que a auga chegue ás nosas billas». Con esta metáfora, Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, resume as conclusións do informe científico que a organización elaborou coa Universidade de Vigo.

Outro aspecto destacado é que análise feita polos investigadores do Departamento de Bioloxía Ambiental da Universidade de Vigo pon de manifesto unha boa calidade ecolóxica da auga e unha baixa alteración humana nos 47 puntos analizados, entre os que se atopan o río Eifonso e o río Zamáns. Para isto realizouse un estudo dos macroinvertebrados bentónicos. «Estos datos demuestran que la gestión forestal vecinal protege no solo el suelo, sino también la biodiversidad de nuestros ríos», sostiene Ailin Somoza, investigadora de la UVigo.

O equipo de investigación mapeou as franxas de vexetación que flanquean os leitos dos ríos (as chamadas zonas de amortecemento) e atopou un mosaico vexetal moi desigual. Mentres que parroquias como Saiáns e Comesaña contan cunha cobertura de máis do 70 % de carballos e salgueiros autóctonos, outras manteñen unha alta presenza de especies indesexables como o eucalipto. O informe recomenda crear zonas de amortecemento de polo menos cinco metros -e a poder ser de 15 metros- en ambas as beiras e avanzar cara a unha restauración gradual con frondosas autóctonas. Tamén suxire ampliar estas zonas se se dispón de financiamento externo comprometido coa mellora dos recursos hídricos e a biodiversidade nas montañas de Vigo.
Por último, seguindo as experiencias que se están a realizar noutros lugares de España, chégase á conclusión de que recoñecer o valor real do monte non significa cobrar polo auga, senón investir na súa conservación a longo prazo vistas as secas que veñen, sendo preciso un compromiso da sociedade para que isto se poida producir.
Os avances dos informes preliminares do proxecto publicaronse nesta web o pasado día 10 de abril (AQUI), onde se pretende a identificación e cuantificación dos servizos ecosistemicos dos montes de Vigo, centrándose nos servizos recreativo-culturais, de regulación hídrica e de regulación de carbono.
Esta investigación forma parte do proxecto "Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo" conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU