Saiáns celebra o magosto e aborda a autoprotección da parroquia

A Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños de Saíans convocaron no día de hoxe á veciñanza para analizar a autoprotección da parroquia diante dos Grandes Incendios Forestais, pechando a sesión cun magosto.

Durante a sesión houbo posta en común da experiencia vivida durante os lumes de outubro de 2017, onde se viviu o risco de que chegase o lume ás casas próximas ao monte, e que logrouse evitar grazas á actuación decidida de veciños e veciñas que lograron realizar un contralume que evitou que se extendese dende Coruxo a Saiáns e Oia.

Antonio contou a súa experiencia de prepararse para a evacuación visto o que acontecía e os temores de que o lume chegase á Estrada de Camposancos e que se poidera producir unha situación crítica polo feito de que os eucaliptos invaden a estrada (ver foto actual de Google Maps)


Durante a sesión abordarons recomendacións de autoprotección nas vivendas e plantexouse a necesidade de abordar unha comisión de traballo para estudar os núcleos con maior risco e as medidas a abordar.
Finalizada a charla houbo tempo para gozar dun magosto con castañas recollidas nos montes de Saiáns
